O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 20, 2011

UNHA RELIXIÓN QUE NO ABERTINHO DA FOLIADA DE RIBADEU XA ATOPOU O SEU MESÍAS!!


Só a impactante imaxe do gran palanador de "Troitas Bravas" , Regueiro , mutado en mesiás billardeiro co Zoncho-coroa na cabeza que o acredita coma campión do espectacular Abertinho Anti-Fan da Foliada de Ribadeo podía traer consigo a gran e agardadísima nova da finalización do lockout-bezouqueiro.

Iste domingo de farsa eleitoral no pavillon de San Xoan de Mugardos producirase o primeiro adestramento oficial bezouqueiro para o 5 de decembro realizar o prineiro e explosivo Aberto anti-contitución en Ferrol co que amarrar as cinchas de cara ó inico da tempada regular. E atención porque tanto no Bezouqueira coma en todo o resto de conferencias se está a mirar con admiración absoluta as accións entorno os Abertinhos coordiandos pola Anti-fans de extensión Agraria que están rachando moldes e sacando á rúa o conflicto billardeiro que ate o de afora para moitos estaba soterrado.

Non se quere o que non se coñece e por medio dos Abertinhos ó caron de frontes de acción social común , de noite e adaptándose ó terreo e as circunstancias a billarda está a captar adeptos e activistas decididos a dar o paso ó ingreso na LNB , dende nenos e nenas que van pedir nos colexios e nas casas a practica da billarda ate xente adulta que ve e sinte que pode voltar a desfrutar co desporto nacional coma cando era cativo...por iso , abertinhos en cada festa, foliada ou celebración sempre!!

Primeiro Franco....


E logo Daniel....os míticos palanadores da Norleste acudiron coma sempre á chamada da xungla enfundados nuns espectaculares traxes de gala seguindo a tendencia marcada polo gran Luis Camiña no pasado aberto de arrinque da Conferencial Sul-

Finala tres na que Martinho quería converterse en bi-zoncheiro despois do venres facerse co Zoncho tamén en Remourelle , mentras que a gran palanadora dos Bulls , Bea , buscaba en Ribadeu converterse na primeira Zonchera da história.

Mais ahí estaba o Mesías de Troitas Bravas , Regueiro, traía no peto a navalla que o acreditaba coma campión do I aberto do ferro da Pontenova e iso deulle a tranquilidade e fortaleza para afirmar nun intre de dúbida arbitral na final que el cando a mete métea toda sonón no vale.

E así foi , Xosé Regueiro subíu ó esceario para pasar á história coma o primeiro Zoncheiro de Ribadeu e como tal dirixiuse ós seus fieis e apóstolos nunha espectacular apresentación oficializada polo xornalista-LNB Serxio que a piques estivo de colarse na finalísima.

Abertinhos e demáis accións e actitudes que están a multiplicar a participación na conferencia Mae que convertíu o mítico Aberto de Flores nun fervedoiro de intercambio de ideas , paixón e desfrute colectivo-

Regueiro , Monteiro na Pontenova transpasada o distintivo á gran palanadora dos Outros Reyes -

Aquí a vemos recibindo o fenomenal trofeo de campioa de mans do mesmísimo seleccionador nacional Flores , protagonista tamén diste gran Aberto en San miguel que leva o seu nome e a súa pegada-


Reyes , Eric e Daniel por ista orde no Norleste e atención á clasificación do gran Aberto de Bueu na conf. Sur xa que a gran sorpresa a producíu o panador da equipa Menduiña , a cervexa artesá galega que invade xa tódos os poros da LNB . E atención porque iste domingo no serán aberto puntuábel no frontón da Coruña....Menduiña sempre , adiante co varal!!

1 Comments:

  • At 12:44 PM, Anonymous Anônimo said…

    Regueiro e das Troitas Bravas, non dos pao de toxo

     

Postar um comentário

<< Home