O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 11, 2011

CERCEDA MARCA A INVASIÓN BILLARDEIRA DO MERCADO CHINÉS....

Cando dende a mafia da liga de futbol español se aprovou o polémico horario de mañá para domingos a desculpa foi o mercado asiático , en especial o Chinés. Refregade os ollos porque niste novo e espectacular-video dos irmáns de Tingarata poderades ver o explosivo set de venda do República Billarda en Cerceda cun impactante vendedor-robótico que agarra o palán para lanzarnos definitivamente á conquista do mercado chinés e asiático. Todos os resultados da xornada no explosivo facebook oficial do Varal ...porque hoxe vai frío mais todo o que importa é que no ceo vóan estornelas!!!

...E CASCARILLAS DE TROPA-LIXEIRA A DO MERCADO BRITÁNICO!!
Gasol cun pé fóra dos Lakers , Anelka dirección á liga Chinesa deixando atrás o azul céo do Chelsea e como non podía ser menos as grandes estrelas da LNB tamén tantean o cada vez màis poderoso mercado internaciona billardeiro , con palanadores e palanadoras militando coma anti-comunitarios na Bélit PP.CC , na Txirikila-Bai de Euskal Herria en a CNL de Asturies ábrese agora coa viaxe lóstergo da mega-estrela Cascarillas a posibilidade que se sexa o primeiro palanador galego na Premier Ti-CaT Inglesa . Moito terá que por riba da mesa a súa actual franquica Tropa-Lixeira de Meira que despois do seu espectacular debut na Conferencia Sul no Aberto do CulturGal de Pontevedra ten coma prioridade absoluta reter á mega estrela Cascarillas nas súas filas depois que o seu aterraxe en Londres desatase a loucura absoluta nos medios e fans inglesas...voan as billarda de Cerceda hasta Meira!!

8 Comments:

  • At 1:06 AM, Anonymous Anônimo said…

    Sen acritú, quen coño é Cascarillas?

     
  • At 10:10 AM, Anonymous Anônimo said…

    a estrela mediatica da lnb

     
  • At 4:41 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tele-Varal estuda enviar á presentación do News coma enviada especial e pé de pista á Conferencia Sur.

     
  • At 10:37 AM, Anonymous Anônimo said…

    Que temble Cameron que Cascarillas en breve pode ser primer ministro británico

     
  • At 12:07 PM, Anonymous Anônimo said…

    Desde cando xoga este tipo na LNB? e curioso vin no TODOLNB que nunca gañou ningun aberto. Como é posible que teña tanta fama!!

     
  • At 4:16 PM, Anonymous Anônimo said…

    TODOLNB é unha farsa, cociñano os bateas,,,

     
  • At 4:55 PM, Anonymous Anônimo said…

    Adiante Cascarillas, Abaixo Bateas.

     
  • At 10:26 PM, Anonymous Anônimo said…

    Cascarillas é o Mesias enviado polas redes sociais para divulgar por todo o universo a filosofía LNB.

     

Postar um comentário

<< Home