O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 19, 2011

TELE-VARAL..INTERFERENCIAS NO SINAL!!!


Interferencias no sinal fan que as extremecedoras imaxes da televisión nacional NorKoreana se colara na frecuencia de Tele-Varal , non é de estranar xa que o mundo occidental dende as 23:30 h. da pasada noite do sábado vive en alerta vermella atemorizado polas posíbeis consecuencias do falecemento do presidente Kim Jong-Il. Mais podemos informar que grazas ó pasado mundial de futbol no que a LNB xunto co irmán O Traveseiro realizaron as impactantes quedadas de apoio á Auténtica Vermella que deron a volta ó mundo, a Galiza está a salvo alineada cos paises do eixe do mal.

















Imposíbel esquencer as imaxes das dúas principais frontes de acción Galaiko-NorKoreana en Compostela no referencial Bar O Xa Chegou donde Siareir@s Galeg@s e a LNB , como vai acontecer o vindeiro venres en Teo na próxima edición do partido internacional da selección nacional galega de futbol , foron de novo xunguidos no apoio á Auténtica Vermella ó igualq eu aconteceu no Bar Nevada de Ribadeo donde aquel gol fronte a Brasil foi celebrado coma se fora o vada que converte a un ou unha en Coroceiro Nacional . De momento calma tensa ante a inminante proclamación do novo presidente Kim Jong-UN para continuar a história dun estado ceibe no que varios palanadores e belitistas xa pensan en pedir asilo político...Pyongyang Billardeira xa!!

2 Comments:

  • At 11:20 PM, Anonymous Pinto. said…

    Nótase o amor á galiza procedente de Norcorea, nesa imaxe do croma do fondo. Eses carballos milenarios son dos Ancares, de onde sacamos a madeira para tallar as nosas bilhardas coas mans, de onde sacamos a salvia que alimenta a boca das palanadoras galaicas.

    Que kim-jong-il dispare o misil!

     
  • At 12:17 AM, Anonymous Anônimo said…

    Adiante coa republica popular democratica de corea. O noso apoio a ese pais libre

     

Postar um comentário

<< Home