O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 28, 2011

COMO SE FIXO O BATEAS ROAD MOVIE HOXE LUNS ÁS 22 H. NO GALIZA EN VARADOS ESTREANDO NOVO PLATÓ E NOVO HORARIO DE PRIMAVERA!!

De novo os Bateas dán un paso ó fronte e apresentan iste espectacular e referencial road movie billardeiro para describir a súa andaina nómade dentro do universo LNB. De seguro que será unha poderosa semente tamén para outras equipas que abrazaron a filosofía do asentamento en varias confeencias para describirnos e maravillarnos coas súas experiencias ó igual que amosa a equipa con sede no Salnés. Mais non só os bateas chimpan de conferercia en conferencia , senón que Ana, a palanadora disa equipa e aborixe das terras de Cospeito entra a formar parte estábel da estructura cominicativa do referencial programa Licor Café que se emite os domingos dende Euskal Herria na Zintzilik-Irratia , impresionate o último estalo donde o documental bateas e todo o universo LNB estiveron presentes nise explosivo entramado radiofónico artellado por Xan , Paulo e Ana. Mais non todo queda ahí, mentras Tele5 anuncia que vai substituír o canle Gran Hermano 24 h. que anteriormente pertenecía a CNN plus pola versión televisiva do seu web de contidos femininos Divitiy , o comité de xestión de Galiza en Varados nunha xogada mestra artellada na mesa repleta de navos , patacas e churumes de cebeada decide mover para as 22 h. de cada noite do luns as emición diste radioactivo programa , hoxe mesmo e adiantándose incluso ó troco estacional comeza xa a súa mutación en horario de primavera polo que apartires das 22 h , e dispostos a compeitr co resto de cadeas en prime time nocturno , sintoniza con Tele-Varal live e coñece a outra cara da existencia galaica que os mass media standar se aferran en ocultar.....

ILEGÍVEL ESTREOUSE AO VIVO NO ALL STARS DE CABANAS!!
Dende iste luns pois, GALIZA EN VARADOS ÁS 22 H. NOS VOSOS EIXADOS, E ATENCIÓN PORQUE MAÑÁ MARTES O VOLCÁN LNB ESTOURA POR PRIMEIRA VEZ NA HISTÓRIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO ...ATENTOS ÁS PANTALLAS PORQUE ISTO QUE ESTADES A OLLAR Á A BRUTAL ACTUACIÓN DE ILEGÍVEL NO BILLA-RDA ALL STARS DE CABANAS , VIDEO QUE RACHA MOLDES E QUE ABRE A FENDA SOBRE A QUE SE DESLIZARÁN OS ESPECTACULARES ESTALOS AUDIOVISUAIS DISTA NOVA E HISTÓRICA XORNADA DO PARTIDO DAS ESTRELAS BEZOUQUEIRO.


domingo, fevereiro 27, 2011

"DANIEL DE FESTI-FOLK" FAISE COA CACUCHA DO ALL STARS BEZOUQUEIRO NO MEDIO DUNHA BRUTAL CHUVIA DE BILLAS , ESTRELAS E WATIOS!!


E como non podía ser doutro xeito ....as cachuchas non pararon nista nova e explosiva edición do Billa-RDA All Stars na pista de Porto no concello de Cabanas en territorio da emerxente Conferencia Bezouqueira. O amlísomo repertorio de actividades troixo os seguintes resultados:
Campión de varados-habilidades: Daniel dos Billardeiros Musicais , Campión de Mates : Ivan Bateas , gañador de lanzamentos de longa distancia Toño dos Furabolos e campión do Aberto das estrelas e polo tanto posuidor da tan desexada Cachucha do All Stars o palanador da Bezouqueira Daniel do Festifolk , ademáis nista edición nomeouse tamén ó MVP , ou xogador más varioso de toda a xornada , premio que levaba asignado unha espectacular bandexa de tripas salgadas que foron parar por unanimidade ó palanador dos Cernadas Manel pola súa espectacular actuación en tódalas disciplinas inclusive na derradeira e fóra de programa que foi largarse antes de rematar a final do Aberto para o estaido de Riazor e ser parte directa no freado en seco que o Depor lle propinou ós mercenarios de Mourinho. E coma a onda expansiva do ALL Stars chegou incluso á Coruña no Aberto puntuábel diste domingo , final de infarto entre palanadores da e franqucias nómade , Geni dos Roteiros e Xan Rodiño dos batea , despois de varios empates foi o palanador vexetariano que se levou o triunfo niste aberto da Conf. NorOeste.

Unha xornada na que nas probas da mañá , varados-habilidades e Mates a suave caricia do barruzo espeso acariñou o pelezo dos palanadores e palanadoras que aínda que caeran chuzos de punta ían estar na pista de Porto desafianado o temporal . A intensidade do concuros de presión e resitencia na voráxine dun minuto desembocou nunha final para desfacer o empate entre dúas mega estrelas do universo LNB , Daniel dos BM e Rubén Otero desfixeron un empate que se desfixo coa bandexa de rabos na man do palanador do hmisferio norte. Os mates , unha vez maìs foron de impresión nunha intensa mañá na se destilou creatividade a eito na nomenclatura e na feitura dos espectaculares prefomances fronte ó Varal, compromiso coa causa impulsada ademáis por un xurado implacábel que decidíu que por primeira vez na história dos All Stars un mate individual fora o campión dista referencial disciplina billardeira.


Un All Stars no que coma nas anteriores edicións se puxeron sobre a mesa os pilares básicos para afrontar o gran reto de conquistar de novo Conxo na máis intensa e multitudinaria final nacional de todas cantas se teñen desputado que co impulso de toda a serpe multicor da LNB , do compromiso e da auto-xestion sacaremos unha vez máis para diante de xeito exemplar-


Tarde de grandes accións e de horizontes alumeados polas olladas alumeadas polo licor café e o viño do espectacular cocido de irmandade inxerido no restaurante A Lareira e consumido pola forza e a emoción do histórico partido das estrelas de novo na pista de Porto. Unhas facañas que inclusive abriron a fenda para a incorporación de novas disciplinas en vindeiras edicións do All Stars como é a do concurso de tiros de altura na que sen querelo e sen poder evitalo inaugurou o referencial comentarista e dj de Radio Cabalinho Rubén Otero. Mais non foi a única inaudita acción de altura , ate Cabanas chegou tamén Nachok , o fotógrago galaico coma se un reporteiro de guerra se tratara meteu a súa cámara de novo entre a chuvia de billas do partido das estrelas mentras que o seu compañeiro e cantante tamén no mítico grupo xunto a Nachok, Diglósicos e Porco-jones , realizaba o histórico primeiro mapa sonoro dun partido de billarda cuxos estalos se incluirán coma as capturas de nachok no disco República Billarda.


E coma guinda para unha nova xornada histórica impresionate o concertazo do grupo de Grind Core galaico Ilegível, dende o Salnés e desafianado incluso as baixas de ultima hora na formación realizaron un apabuiante barulho-set que os catapulta xa entre os máis grandes do panorama galego ceives de calquer tipo de complexos que amordaza á maioría das bandas que buscan unicamente no caduco circuito de salas o seu espazo de actuación, ilegível deu o paso para buscar novos vieiros para canalizar os seus brutais micro-ouveos dun feixe de segundos , hai grupos que necesitarían varios discos para chegar a expresar o que ilegível realizan en tan só 8 segundos. Un grupo cuxo son dixital e en k7 se espalla imparábel polo Brasil e por USA e que mediante o terríbel trampolín da LNB realizan o chimpo mortal cara ás augas galegas... perfílanse xa coma unha das grandes estrelas no cartaz da sesión vermute alter-nativa dos play off nacionais de Conxo. Cacheiras, tripas, rabos e uñas.... beizóns a tod@s e adiante!!

sexta-feira, fevereiro 25, 2011

TRIPAS, UÑAS , RABOS E CACHUCAS....A LNB PON TODA A CARNE NO ASADOR NA EXPLOSIVA EDICIÓN DO BILLA-RDA ALL STARS DE CABANAS!!

Todo listo e preparado para iste sábado 26 de febreiro celebrar unha nova edición do Billa-RDA All-Stars en Cabanas. O lugar escollido correspóndese coa ampla pista da SCDR de Porto.>> 660.285643 . Xunto co temazo de 8 segundo ao vivo e en exclusiva mundial que os xeniais Ilegível van interpretar no anti-esceario do Billa-Rda All Stars intitulado Morte ao conselleiro con letra que adiantamos para que acompañalos niste histórica micro-xeira>> Morte ao conselheiro: Não apoia o pateiro, odeia a lnb. Morte ao conselheiro. Morte ao conselheiro. E a maiores a cántiga que presidirá o evento do mundo mundial lanzada polos pratos do colectico djs- Bezouqueiros será a seguinte:

Achégase con tronos e centellas
o Aberto das estrelas.
Se non gustas dos pescuños
has papar os seus rabuños
Antes do antroido empezar
a cachola hai que gañar.

A BANDEXA DE TRIPAS SALGADAS PARA O MVP , SÚMASE Á ESPECTACULAR NÓMINA DE TROFEOS DO BILLA-RDA ALL STARS!!

Como sabedes tendes todo o explosivo programa de actos dista atroadora xornada Billa-Rdeira con espectacuñar xantar de irmandade no mítico Restaurante A Lareira donde a Bezouqueira certificou a súa entrada na LNB coma conferencia oficial. Ista sábado sobre o ule das mesas pecharase tamén as definitivas estratexias cara á gran explosión Nacional que se vai viver en Conxo a finais de Maio. Polo demáis á impresionate nómina de premio das uñas , cachucha e rabos a LNB dá un novo paso ó fronte e apresenta o apabuiante premuo da bandexa de TRIPAS SALGADAS para o MVP do partido das estrelas. E para o que non queira taza, taza e media porque o domingo 27 no barrio coruñés de Labañou novo asalto regular na Conferencia NorOeste , contacto directo para hora e pista>> 679.908773

quinta-feira, fevereiro 24, 2011

O CRUCEIRO DO AREAL Ó SEU SITIO ORIXINAL , O BERRO QUE INVADIRÁ O BILLA-RDA ALL STARS EN CABANAS!!

A contra atrás cara ó Billa-RDA ALL STARS BEZOUQUEIRO está a traer inesperádas e exitantes novas novas, á faria da paz fumada por Bateas e A Faisca no Aberto de Mos súmase agora a liveración do Galo A_teo de Ove que segundo podemos comprobar está totalmente invadido pola sindrome de Estocombo>> A nai dos Rodiño tivo que matar un par de galiñas xq Ateo de Ove as desfai coa súa potencia sexual, aprendeu moitas cousas no cautiverio!! . E mentras a tensa paz se apodera da Conf. Sur a LNB desenterra xunto cos veciños de Cabanas , donde se vai desenrolar iste vindeiro sábado 26 F na pista de Porto o All Stars , a machada de guerra para denunciar a nova uvicación que patrimonio e o concello da vila decidíron unilateralmente para o mítico Cruceiro do Areal que apareceu fai un tempo rachado pola metade por mor da colisión dun camión, as billardas coas voz do povo>> O cruceiro debería colocarse na rotanda que finaliza a ponte polo seu lado norte, o de Cabanas. Foi onde estivo sempre, ó final da ponte . Resulta que hai xente matándose a poñar en claro cousas do pasado e, os que gobernan, nunca lles fan o máis mínimo caso.

CONFÍRMASE A PRIMEIRA GRAN ACCIÓN BILLARDEIRA NA UNIVERSIDADE DE VIGO!!

E conducidos pola implacábel acción billeira do comandante Sardinha e guiados polo cruceiro do Areal que co noso impulso de seguro logo poderemos velo no sitio que lle corresponde , podemos confirmar a tan desexada nova da irrupción das Billarda da LNB na universidade de Vigo o vindeiro 2 de Marzo nunha explosiva acción invadindo as pistas de tenis en colaboración cos irmáns do Trabalingua, atentos ás pantallas e ó ceo Bezouqueiro porque aínda estás a tempo para inscribirte dende o seu web na gran xornada da estrelas!!

quarta-feira, fevereiro 23, 2011

CHEGAN AS FORMIGAS ADOECIDAS DO ENTROIDO-BILLARDEIRO CO CONCURSO-MASCAREIRO "QUÉN É O VERGALLEIR@ DA LNB!!


Serìa Gadafi ou un entroido o que saíu fuxindo nun desconcertante coche de golf despois de realizar o seu delirante mitin nun edificio tiroteado de Tripoli? coa dúbida asaltándonos os fuciños non podemos máis que arrincar que será o mais delirante tamèn concurso xamais instaurado no universo billardeiro .

A POLO CORNO DO CHIVO DO ENTROIDO RIBEIRAO >> QUEN É O VERGALLEIR@ DA LNB??

Arrinca pois o primeiro concurso de máscaras de Entroido da LNB , se os irmàns de trece catorce xa anuciaron en Mos que o vindeiro Aberto da Conf. Sur a desputar en Salceda todo o mundo tería que ir disfrazado, animamos que para iste All Stars de Cabanas tamén se acuda antroidado e para espallar formigas adoecidas no Antroiro billardeiro dende ise templo da billarda e dos bolos celtas chamado A Taberna de Lola de Remourelle chéganos ista explosiva e impactante imaxe dun Rajoy sorrinte pedíndolle o voto para as municipais a Lola co que se inicia o explosivo concurso de QUÉN É O VERGALLEIR@ da LNB?? , deixa o nome do posíbel palanador ou palanadora que se esconde baixo a máscara e opta ó corno de chivo ribeirao se eres quen de acertar o identidade do Rajoy-Entroideiro....Entroido sempre na LNB!!

terça-feira, fevereiro 22, 2011

26 DE FEBREIRO EN CABANAS A POLA CACHOLA , O RABO E AS UÑAS DO Billa-RDA ALL STARS_011!!


Todas as alarmas a nivel internacional activadas en dous puntos estratéxicos do planeta, Trípoli e Cabanas , xa que dende o pentágono ven indicios clarísimos que dende a LNB se quere comezar cunha nova era de guerra fría utilizando de xeito encuberto a nomenclatura abreviada da RDA ( República Democrática Alemá ) para instar a consturir un novo muro que divida os dous mundos, o da libertade fronte á sociedade da escravitude do capital. Sexa como for , os sistemas de inscripición para ista desafiante edición do partido das estrelas xa están activados no web oficial da Bezouqueira , polo que se queres desafiar ó poder , ás lesis da gravidade e ás ridículas acusacións de dopaxe sistemático dos nosos atletas irmáns da Alemania Democrática , acode empurrando o teu palán os diferentes estalos da xornada do All Stars e ó xantar de irmandade no Restaurante A Lareira donde amosaremos os dentes ós pratos e ó universo enteiro. E ó igual que sintonizades asiduamente no voso transistor de AM Radio Trípoli para saber sen manipulacións o que pasa na veciña Líbia , ista noite apartires das 23 h. na Radio Galega Música , sintoniza co Planeta Furancho porque como sabedes os martes os furantxicolas contactan coa República Billarda , estalos que como xa pasou co primeiro e histórico berro estarán ó teu dispor no espazo de Radio-Varal....billarda sempre , a pola cachucha , o rabo e as uñas do All Starts Bezouqueiro!!

Planeta Furancho - República billarda 01

Planeta Furancho 15 de febreiro 2011, primeira sección República Billarda.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

Planeta Furancho - Previa do Liet International 2010

Planeta Furancho 24 de novembro de 2010. Aparición por mor do Liet International 2010.
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

domingo, fevereiro 20, 2011

ARRINCA A CONTA ATRÁS CARA O EXPLOSIVO BILLA-RDA ALL STARS BEZOUQUEIRO_011!!


Todo xa listo, a implacábel maquinaria da LNB traballa a reo noite e día e con sucesivos Abertos , acción e palestras como os realizados en Castro de Rei ou no Percebe Son de Vigo e cos chimpos á obtáculos que o temporal nos puxo para celebración do Aberto dista find en Labañou transladado para vindeiro domingo no poderoso barrio Coruñés , alertamos a toda atribo para a nova e de seguro hostórica edición do Billa-RDA All Stars que se desputará o vindeiro sábado 26 en territorio Beszouqueiro. O lugar escollido correspóndese coa ampla pista da SCDR de Porto. A cántiga que presidirá o evento do mundo mundial será a seguinte:
Achégase con tronos e centellas
o Aberto das estrelas.
Se non gustas dos pescuños
has papar os seus rabuños
Antes do antroido empezar
a cachola hai que gañar.

XOSÉ RODIÑO REMATA COA SÚA MALDICIÓN NA CONF. SUR VENCENDO NO ABERTO DE MOS!!


Bateas pasan o Rodiño en Mos, nun multitudianrio Abertio na Conf. Sur os do Salnés co apoio na pista e na interpretación coral do seu himno de Manolo Otero gran incorporación chegada do planata Bueu arrasaron litreralemtne en tódalas táboas clasificatoria, mais atención á xogada mestra perpetrada polo Faisca que se acubillaron como un gato raxado á caza da súa presa e non acudiron en masas para deixar que pase o temporal para seguro asestar un novo golpe ós seus inimigos íntimos. Aviso moi importente para acudir disfraz@s ó próximo Aberto de Salceda donde os 13-14 xa anuncian tamén festa rachada e antroideira no seu local social despois da enganchada, impactante ademaís o estreo mundial do himno polo de agora instrumental de Almuinha , despois disa interpretación dos gaiteiro do centro social de Marin, Pessoa retórcese no nicho por non poder por letra a isa xoia de inmensos quilates. Pateiro Nómade said>> No aberto de Mos puidose xogar nunha pista de terra. Houbo moitas sorpresas e moitos favoritos foron caendo pouco a pouco. O campión individual foi Xosé Rodiño (un habitual nas finais), e o subcampión o palanador emerxente Iván (que xogaba a súa terceira final LNB). Por equipas venceu Bateas. O feminino foi para Maika de Bateas. O premio de varados foi para Iván. Debutou a nai dos Rodiño, Ester.

sábado, fevereiro 19, 2011

ISTE SÁBADO DESPÍDESE O MÍTICO PUB PASILLO DE RIBADEO...QUE NOS QUITEN O MAMAO!!!


Nun intre no que xa se inicia a conta a trás cara á invasión das estrelas do firmamento bezouqueiro para o vindeiro fin de semana e para combatir a podredume mediática da Gasolada diste find , é o intre sen dúbida de recuperar ista explosiva e histórica foto dun dos memorábeis primeiros All Stars celebrados na Zapeteira ( NorOestre ) , a cousa é que as equipas do leste e Oeste vestiron as espectaculares camisetas patrocinadas polo mítico Pub Pasillo de Ribadeo que iste sábado despois de centos de sábados alumeándo os ollos nas madrugadas da mariña . pecha as portas nunha festa que promete ser antolóxica na música e á hora de abrir a sempre intensa caixa da morriña de vidro. Sen dúbida O Pasillo foi un referente para todo tipo de iniciativas deportivas que coma a billarda buscaban un pequeno pero moi intenso apoio que as institucións nos negaban e nos siguen a negar sistematicamete. Ogallá que pecharan as portas dos concellos de todo a Galiza e no seu sitio abriran Pubs co mesmo impulso e vitalidade que o Pasillo, dende logo teríamos un país moito mellor, coma gota que colma o vaso de cubata de morriña berremos deturpándolle a canción á representante española no vindeiro eurovisión>> Moitas graza por todo Pasilleir@s ...e que nos quiten o mamao!!!

Marcadores:

quinta-feira, fevereiro 17, 2011

BAHREIN?? NON, ABERTO DE BILLARDA NO PAVILLÓN DE FRANCIA DE MOS!!


Os servicios de seguridade da LNB van ter traballo areo iste sábado en Mos pois o Pavillón Pena de Francia xa foi declartado pola comisión anti-pacificadora da LNB coma estalo de referencia do que é un partido a lume da caroxo dentro do universo LNB, correrá suor e sangue a regos nunha enganchada na que paralela ó descurrir do xogo na pista, nas bancadas varias equipas dilucirán os seus encontronazos face a face . Os supervivintes diste inferno que saiban que poderán celebrar despois diste intenso estalo que seguen vivos na festa do terceiro aniversario do C.S Almuinha vestidos ademaìs coas espectaculares camisetas de nova tempada dos irmàns de 13-14. Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

quarta-feira, fevereiro 16, 2011

PAÏSOS CATALÁNS VS GALIZA , O HISTÓRICO CRÓNICO DE SAK QUE ALGÚN DÍA SE ESTUDARÁ NAS ESCOLAS GALAICAS!!


Simultanea á edición en versión reducida no Novas da Galiza lanzamos o agardadísimo crónico de Sak do xa histórico partido Països Catalans-Galiza de Bélit·Billarda do que xa os nosos irmáns de Va de Bélit realizaon un espectacular adianto mais agora . o que toca é que deixes todo o que estas facendo e tomes asento na Barra do Casal de Sants , pide a cervexa da que máis gostes, dálle un golo e mentras saboreas a túa pinta negra, tostada ou roxa preferida....chanta o ollos coa sede dun fuxitivo no deserto para sumerxirte niste máis que transcendental crónico realizado por Sak , que coa Auténtica coma protagonista asenta os pilares da irremediábel difusión internacional e internacionalista do noso deporte e da filosofía de acción e vida da LNB. En cada poro de cada letra escrita emoción e coraxe e sobre todo a sabiduría de estar chantando en terra firme os pilares inmensos dun edicificio infranqueábel -

PAÏSOS CATALÁNS VS GALIZA , O EXPLOSIVO CRÓNICO!!


DÁLLE SAK!!>> Que mellor lugar que a Lavacolla, lugar onde os peregrinos deixaban as impurezas dos lugares máis agochados do seu ser, para partir coa mensaxe billardeira de vida e furia necesaria, no ano do grande Lois Pereiro. Catro palandoras fortemente adestradas polo seleccionador galego, ao estilo do mestre Mutenrohi, saían dun país, para chegar a outro sen pasar polo do medio; cousa á que non estaba disposto o grande A. Curto, que preferiu desgastar os camiños de ferro do Imperio Pequeno. A expedición chega á selva barcelonesa, mais móvese con soltura pois leva a un coñecedor do terreo, e ainda máis cando se produce a ligazón coa sherpa Ariadna que guia até o acubillo en Sants. O dia puxo a prova a galeguidade da expedición e dos hospedadores cun trebón dificil de ver en terras catalás, mesmo se dubidou por momentos da posibilidade do encontro e até da necesidade dunha canoa. Continuou a moverse a expedición por Sants para recibir ao resto de persoeiros e repartilos polos diferentes hoteis que o “Espai Gallec” tiña a disposición da tribu billardeira, e despois dos chuzos, por fin chegou a húmida e calma noite antes do grande dia.


Da dormida de luxo, ao tamén luxoso Casal Independentista de Sants, que recibe aos palanadores e belitistas; o encontro non se fai agardar e a ansiada aperta entre Sak e Juanjo que simboliza o descubrimento mútuo e unha alianza imperecedeira no tempo ten lugar ás portas do casal. Non demorarou un segundo para que comezara o intercambio de ideas, de experiencias e sensacións arredor da maxia dese deporte que se sabe universal. Catro verbas e xa a sintonía é total, unha filosofía e metodoloxía moi concordante e tamén un enriquecemento mútuo de experiencias e historias. No entanto o casal vaise enchendo de galegos desexosos de vestir a camisola da Auténtica, xa sexan galegos emigrados ou galegos de orixe catalá que nos agasallaron cun domínio do galego que xa quixeran para si conselleiros e membros do parlamentiño. Apertas e camaraderia a eito e o descubrimento de que a colonia galega en Catalunya ademáis de numerosa ten unha forza e un contacto coa terra ben fondo. Nestes intres descubrimos conexións que van da Mariña ou as Burgas no caso de Breogán e Lico, ata Alemaña ou a Patagonia, da man de Mariana; o mundo fica pequeno cunha Billarda.

Ängelo, o impecábel organizador das xornadas, membro da LNB-PPCC e responsábel desta unión histórica, da a orde de saltar ao terreo de xogo, ante certa reticencia a xogar no parque chamado, Espanya Industrial. Todo iso ficou esquecido coa imaxe máis brutal que pariu a LNB-International, esa unión fraternal entre billarda e bélit, entre palán e cana; ademáis esa unión non so sería simbólica senón real, pois Quim, o xuiz de campo máis experimentado do estamento arbitral belitista, achou a fórmula perfecta: normas de xogo catalás e ferramenta compartida, unha quenda co palán e billarda e outra coa cana e o bélit. Quim, baixo a atenta mirado do capo da Belit, o grande Juanjo; deu precisas instruccións das normas de xogo do Bélit a todos os palanadores que xa enfudaban a camisola da selección galega. O seu claro catalá de Girona soaba para nós coma ghalegho do Morraso, mais o complexo sistema de xogo precisou de unha quenda de prova para situar algunhas dúbidas. E por fin se preparan as equipas para saltar ao campo de xogo, claro está, tras pasar polo acoso dos centos de flashes das cámaras fotográficas que ateigaban o campo.

Duas equipas de oito xogadores compiten, en dúas quendas, que despois de sortealo, a primeira sería con ferramenta galega e a segunda con belit e cana. En cada quenda, primeiro atacan seis lanzadores, un de cada vez, e defenden os oito da outra; para logo invertir os papeis. A mecánica do xogo é a seguinte: primeiro o lanzador ten tres tentativas para enviar o belit lonxe, logo a equipa que defende, unha vez que o Belit foi lanzado pode eliminar ao lanzador arrebolando o belit desde onde caeu até a base; a segunda parte é tentar lanzar o bélit o mais lonxe posibel, para iso hai tres tiradas, unha vez que se fan as tres tiradas (e se ningún defensor chapou o belit, o que eliminaría automáticamente ao lanzador) procédese á aposta entre capitáns; o capitán dos lanzadores aposta unha distancia que ten que ser menor da real, se o outro capitán cre que está no certo levanse os puntos os lanzadores, se non está de acordo o capitán que ten a razón levará o duplo de puntos para a súa equipa. A mecánica, unha vez xogada é máis simple, e a selección galega non tivo problema algún para adaptarse á normativa, que en liñas xerais é máis diversa que a normativa LNB, mais tamén máis lenta.

Comeza pois o encontro, lanzando a equipa dos Paises Cataláns e chapando a equipa galega por decisión de Sak, o capitán, que escolleu defender como lle tiñan recomendado nas conversas previas. Foi impresionante ver como os cataláns habituados á ferramenta notabelmente máis pequena se afixeron axiña ao palán e á billarda, con potentes golpes que xa nos primeiros compases fixeron pensar que a Auténtica non o tería doado. A alineación galaica estivo formada por Breo, Josemari, Mariana, Lico, Pablo e Ângelo, pola banda de galegos afincados en Catalunya, Anna como galega-catalana e Marta, Lorena e Sak como galegos deslocados de propósito aló. Cada alma unha historia, estrelas neofalantes do cinema, a hóspedes de altísimo nível ou plumas sobranceiras, mais todos tiñan en común o orgullo de ser deportista convocados pola Auténtica Selección Galega. Non nos esquecemos dos seareiros e amigos que nos xuntamos ou atopamos aló, coma ese encontro casual de Sak con un paseante que sen saber nada da data histórica e vendo a curiosa ferramenta catalana berra: “e vós con que carallo andades xogando á billarda?!” ou coma Antón ou Mario que sen vestir a camisola estaban en cada madeirazo da selección. E por suposto, gabábamos da elevada presenza feminina na selección.

Continúa o xogo e van chegando as primeiras apostas entre capitáns, e o bon ollo fai que ninguén dubide das apostas do outro, até que o bon ollo, que nunca fora testado ponse en causa polo capitán dos PPCC, que cauteloso di: “teño dúbidas, pero vou desconfiar para testar as distancias nesta pista”, a aposta galega era de 20 metros (é dicir 50 canas), que en caso de ser superados darían 100 puntos para a auténtica, o público adoecia nas bancadas pois a xogada decantaría o partido para un lugar ou para o outro, as asistencias miden a distancia entre a billarda e a base e rexistran unha distancia 19,95 metros, a reacción galaica entre a sorpresa, a mágoa e a incredulidade pola pericia e mala sorte da aposta; e a equipa e as seareiras catalás parabenizaron o bon ollo galego e respiraron aliviadas. O desafío aumentaba, pero as ganas dos palanadores non tiñan límite; e xa entrando na segunda quenda, fixéronse algúns trocos nos lanzadores para permitir que entre outros, Ângelo se sumara ao momento histórico. Seguiron a machetar liberdade uns e outros, mais salientamos de xeito expecial o grande Josemari que amosou unha pericia sobrenatural nas dúas quendas, sendo o MVP da Auténtica, ainda que a competencia foi moi dura e un dos apañadores cataláns chapou un dos mellores golpexos de toda a xornada, o que fixo ferver as bancadas, ateigadas de amigos e sobre todo de paseantes engaiolados polo espectáculo. Rematou Sak a segunda e derradeira quenda do xogo, entre risos e fraternidade, mais demostrando que Belit e Billarda o mesmo deporte é!

No final, vitoria de Catalunya e un resultado xusto e moi digno para Galiza. A representación da Belit entregou medallas e chapas ao combinado galego, en sinal de amizade e xa se falaba da seguinte cita internacional e das posibilidades futuras de repetir o encontro xa sexa en terras galegas ou cunha Taza Ibérica, co Liriu e a Txirikila. Parte da comitiva do Belit tivo que marchar a Girona xusto despois do encontro, mais outra parte ficou para o xantar galego que o Espai Gallec tiña preparado para os 60 comensais que se xuntaron arredor do pote de caldo. Empada, viño, filloas e un programa trepidante para a tarde, visionado do documentário de Carlos Varela, apoio á manifestación celebrada no barrio, palestras e finalmente foliada. Pero se xa foi imposíbel condensar o acontecido no Galiza-Catalunya, o resto do dia ficará na memoria dos afortunados que o viviron.


Enormes grácies, grazas e obrigados ao Espai Gallec, á Belit, ao Casal de Sants e xa postos, aos Països Cataláns todos! Adiante co varal!! *Imaxes de Quim, Anna, Lico, Ângelo ou Marta

DO LICEO DE CASTRO DE REI Ó PERCEBE SON DE VIGO, NEN AS TESTAS NEN AS BILLARDAS PARAN!!


E do exitazo da Palestra + Abertinho LNB no liceo de Castro de Rei diste mércores á acción billardeira diste xoves no IES audiovisual de Vigo donsde haberá música e pinchas á esgalla>> A LNB estará presente este Xoves 17 no Percebe Son, o foro musical galego de referencia. A partires das 16:00 a LNB levará a cabo un obradoiro billardeiro que rematará cun campionato entre os presentes. Percebe Son ten programadas actividades durante todo o día nas que destacan unha charla coloquio sobre a escena musical galega na que entre outros participarán Xurxo Souto, Tonhito de Poi, Aíd, Xocas Lopez ou Sergio Lago. A gravación do Planeta Furancho, Galeoke e os concertos de grupos coma Marxe Eskerda, O Son do ghalpon, Terbutalina ou Ataque escampe. / Contacto LNB>> 647.190789 INFO COMPLETA

terça-feira, fevereiro 15, 2011

A AUTÉNTICA NON NA TV3 ...SENÓN NOS MÓBILES ANDROID DOS PAISOS CATALANS!!


Partit de Belit (joc tradicional) El Día disputat 29 de gener de 2010, al Parc de l'Espanya Industrial de Barcelona, Entre Catalunya i Galícia.


En catalunya saben que os telefonos serven moito màis que para falar...

Na Galiza os Andoide de fai uns anos aínda seguen funcionado e capturando imaxes tan aterradoras coma ista na que un palanador mais que competir nas categoría de Varados e participación dos trofeos de TodoLNB opta ó A_teo de ouro na categoría de baile experimetal galaico>> Faisa somos todos, e non é ninguén. / Faisca non olvida. / Faisca non perdoa./ Esperanos.

segunda-feira, fevereiro 14, 2011

REPÚBLICA BILLARDA , A ESTACIÓN LUAR DA LNB INSTÁLASE NA AREA FERVENDO DO PLANETA FURANCHO!!


ERA UN RUXE RUXE INTENSO QUE XA SE VÍA VIR DENDE FACÍA TEMPO , O PROXECTO GLOBAL DA LNB QUE ISTE MÉRCORES VAI ESTAR PRESENTE NA PALESTRA NO LICEO DE CASTRO DE REI , O XOVES NO PERCEBE SON NA EXPLOSIVA XORNADA DE CREACIÓN SONORA DA ESCOLA DE AUDIOVISUAIS DE VIGO E QUE O VINDEIRO XOVES 23-F ESTARÁN DANDO , ISTE SI, CERTEIRO GOLPE DE ESTADO NA UNIVERSIADA DE VIGO DE MAN DOS IRMÀNS DO TRABALINGUA EN ALIANZA COS ACTIVISTAS DA LNB DA CONF. SUR, ISTE MARTES, TAN SÓ DENTRO DUNHA HORAS , TERÁ LUGAR UN NOVO BRUTAL ESTALO BASEADO NISE INTENSO FÉRVELLE FÉRVELLE QUE CADA BILLARDA LEVA DENTRO.

CADA MARTES O BRUTAL PUZZLE DE SONS , LETRAS E ACTITUDES DA LNB ESTOURÁ NO PLANETA FURANCHO DA RGM!!

A TRIPULACIÓN DA LNB TEN PREVISTO PISAR CHAN DO PLANETA FURANCHO ISTE HISTÓRICO MARTES APARTIRES DAS 23 H E COMO SABEDES PODEDES SEGUIR O ESTALO EN DIRECTO NA FRECUENCIA DA RADIO GALEGA MÚSICA QUE SE PODE SINTONIZAR NO TRANSISTOR , NO WEB DA RADIO GALEGA OU POLO APARELLEO DA TDT. ATENCIÓN PORQUE A TRIPULACIÓN BILLARDEIRA CHEGARÁ ACOMPAÑADA DISE AMASIXO DE FERROS ENFERRUXADOS CHAMADO "PALANOTRÖNIC" QUE SE DIRIXIRÁ ÓS FUNRANTXIKOLAS COMA PRIMEIRO EMISARIO DISTA NOSA CONTRACIVILIZACIÓN BILLARDEIRA , ACONTINUACIÓN SOARÁ A ESPECTACULAR SINTONÍA DISTE HISTÓRICO MICRO-ESPAZO REALIZADA NUN ZULO DE XENEBRA POLA SECCIÓN FRANCÓFONA DE MAFIA GALEGA , OS I LOVE O DO , QUE MOI PRONTO DESPARÁN A CAIXA DOS TRONOS QUE ESTÁN PREPARANDO PARA ARRINCAR ASÍ CON ISTA PODEROSA TRINCHEIRA NAS ONDAS QUE MISTURARÁ SONS, LETRAS E ACTITUDES CADA MARTES DO RESTO DOS DÍAS ..."REPÚBLICA BILLARDA" ARRINCARÁ POIS E FARAO COS MELLORES PILARES XA QUE SERÁ CO ESTREO MUNDIAL DA UNIÓN ENTRE DOUS MITOS , ZËNZÄR E TOÑO RANDEEIRA.....BILLARDA SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!

domingo, fevereiro 13, 2011

DE CASTROFEITO Ó CAIRO>> BASILIO Vs XOSÉ RODIÑO E MUBARAK Vs FEIJOÓ!!


Castrofeito vivíu unha intensa final ó mais alto nivel , o subcampión nacional Absoluto , Basilio dos Trouleiros, non puido frear a traxectoria ascendente do palanador dos Bateas Xosé Rodiño que xa olla cara o varal de Conxo consciente das súas posibilidades na area do teatro dos soños. En Castrofeito o jet lag interconferencial despistou á equipa de Xogos Tradicinais polo que perdéronse ista enganchada mergullados na boráxine da grande xungla da Conferencia Centro . Atent@s porque os acontecementos coma no mundo árabe aquí tamén se suceden e senón que bota un ollo á República Billarda en formato papel, poñede gafas pola intensidade das imaxes verquidas por Nachok para ilustrar un estalo de billardas indíxenas en réxime de illamento volunario e camelos enfurecidos titulado MUBARAK Vs FEIJOÓ!!

sexta-feira, fevereiro 11, 2011

A TRIBO ESTORNELA DESENTERRA A MACHADA DE GUERRA NO CAMPO DA FESTA DE CASTROFEITO!!

É un feito consumado , iste sábado ás 16 h no campo da festa de Castrofeito pase o que pase haberá nova enganchada regular da conferencia centro da LNB , incluso se dende arriba deciden enviar de novo o diluvio universal xa que está preparado o pavillón de Arca para defendernos dos posíbeis chuzos de punta. Contacto>> 654.232108
--------------------------------------------
Mais non será o único sitrio donde axa ostinidades ista find. simultaneamente á tribo estornela o esquíu da bezouqueira móvese e prepara as trincheiras nunhas maniobras billeiras que será o preludio do de seguro gran rendemento dos papanadores e palanadoras da Bezouqueira o vindeiro 26 -F no Billa-RDA All Stars no seu territorio, a cita iste sábado ás 17 h. no Polideportivo de San Xoan Piñeiro. Contacto>> 636.280513
-----------------------------------------------------
E para tomar alento ante tal avalanche que ven os irmáns da Taberna da Cancel voltan despois dunhas mini-ferias e fano xa co punto de mira posto no Xerro do Salnés, un salouco de morriña que poderedes desfrutar se ista noite de venres vos deixades caer por alí para desfrutar do grupo todo terro chamado Anhoranza, nota do seu feis>> Donas e cabaleiros, señoras e señores,con todos vostedes..................A TABERNA DE CANCELA.....Hoxe venres, voltamos convosco. Pola noite, para celebralo, contamos co grupo...............AÑORANZA,dende Ribadumia,con músicas de tódolos tempos.. A partires das 23.02h. Un saúdo.
-----------------------------------------------------
E colle folgos porque xa podemos confirma a presenza do LNB no espectacular e tan necesario foro musical PERCEBE-SON que iste vindeiro xoves organizan a xente da escola Audiovisuais de Vigo , in fito histórico que tamén se poderá seguir pola retransmisión en directo que dende alí facerá o programa irmáns Planeta Furancho da RGM , atentos seguiremos informando>>http://percebeson.wordpress.com/ / e o día antes, mércores 16 no Liceo de Castro de Rei de Lugo en sesión de mañá palestra e Abertinho LNB.
------------------------------------------------------
E moi atentos tamén á nova irrupción nos Kioskes do pais , xa que iste domingo de novo o espazo República Billarda do Galicia Hoxe coa allada de Nachok , fotógrafo referencia absoluta no universo LNB que se incorporada a iste delirante proxecto creativo en formato papel , ademáis moi atentos á saída do Novas da Galiza xa que aparecerá en exclusiva mundial o crónico do partido Paisos Catalans - Galiza realizado por Sak, o catalizador xunto con Angelo da Auténtica niste histórico embite en Barcelona , xoia á que tamén teredes acceso na súa totalidade na libraría dixital do Varal E-books para descargar no voso I-pad ou computador-

quinta-feira, fevereiro 10, 2011

OVARAL.GL>>A MÁIS RABIOSA ACTUALIDADE DO UNIVERSO LNB XA Ó TEU DISPOR NUN SÓ CLICK !!


Do creador do agallo para os teu ouvidos galaicos radio.gl , chega agora para agallo dos teus ollos , o impactante rachaxeos da LNB en forma de espectacular agregador dixial dista inmensa antártida billardeira na que todos habitamos. Faite esquimó para cun só clik na madeira de buxo de ovaral.gl atopar todas as actualización dos blogs das conferencias e dos universos paralelos que intensamente atizan carabullos e estelas ó grande lume da LNB, se chegas dunha viaxe , fuxes secustrado ,nun aeroporto ou simplemente queres saber o que se coce niste inmenso igloo billardeiro o teu único camiño é ovaral.gl >> o batuxo de xeo o lume da LNB!!

quarta-feira, fevereiro 09, 2011

AS PEGAS GALAICAS ENVÍAN UNHA CLARÍSIMA MENSAXE Á TRIBO LNB PARA A URXENTE INVASIÓN DO PAVILLÓN DE MASIDE!!

Non podía ser doutro xeito, as pegas aliadas da revolución LNB anuncian cunha brutal acción que xa recolle prensa nacional a irremediábel inmersión Billardeira en Ourense. Co punto de mira posto en varios puntos que amplifiquen o sempre espectacular Aberto da Repesca antelala do Play Off Nacional de Conxo as pegas galaicas lánzannos unha clarísima mensaxe en forma de chuvia de cagadas para ir marcando os posibles sitios de acción billardeira , a Ribadavia, Castrelo de Miño , Ourense cidade, O Carballiño ....temos que sumar o concello de Maside donde as nosas aliadas do ar tinxirion de branco a pavillón da vila nunha chara chamada á invasión billardeira que puxo dos nervios ó propio alcalde da vila coa posibel alianza antre córvidos e a tribo LNB. Se estás en calquera vila ou aldeia da Auriense e sintes a chamada das pegas ponte en contacto coa LNB para que iste berro do ar poida ter firme consistencia na terra , xa non hai espantallo posíbel nen en Maside nen en ningures que escorrente ás pegas e ós corvos da LNB...Billarda sempre, a Ourense coas pegas e corvos do Varal!!

terça-feira, fevereiro 08, 2011

ALERTA VERMELLA>> MANIOBRAS PARA-BILLARDEIRAS NA BEZOUQUEIRA!!


O vertixinoso ritmo da LNB dispárase segundo a segundo , incluido o pausado falar do comunicador do referencal Gz en Varados se acelera coa presenza do gran palanador da Conf. NorOeste David Fontán que deu a cara no outro fronte aberto que manteñen os Bateas agora cos Filloas de Sangue. Mais todo isto queda en anécdota baixo os parámetros a pacificación romana ó lado dos anuncios que Davide realizou sobre a lumieira no horixonte do NorOeste, un lume que vai arder de seguro no primeiro adestramento oficial a realizar nos territorios da Bezouqueira que vai quentar motores cara ó Billa-RDA All Stars no Polideprotivo de San Xoan de Piñeiro iste vindeiro sábado 12 aparitres das 17 h. Un adestramentos que terá un Aberto puntuábel simultaneo na Conferencia Centro no campo da Festa de Castrofeito organizado polos poderosos Trouleiros e que de xeito espectacular fan circular no seu cartaz os espectaculares logos LNB creados polos irmàns de M de Meira da franquicia Tropa Lixeira da Chaira Luguesa. E para relaxarse depois de tanta tralla para-billardeira que mellor que beber unha Galicola na súa brutal festa que iste sábado 12 se vai celebrar no centro social lugués do Vagalume donde os palanadores e palanadoras da franqucia LNB da cidade Madia-Leva van estar burbulleando ate o mencer.

domingo, fevereiro 06, 2011

XAN RODIÑO ARREBÁTALLE O BOLÍGRAFO DA LNB A SERXIO DOS XARUTOS NUNHA FINAL ANTOLÓXICA NO ABERTO DE SADA!!



A Conferencia NorOeste voltou escribrir un novo e histórico rego coa inmersión billardeira realizada na vila de Sada , a perla das mariñas non puido resistirse ó engaiolamento da LNB e acolleu á tribo cos brazos abertos nista primeira saída da xungla de alfalto Coruñesa.

Máis outro histórico palanador chamado Xan Rodiño , foi quen de vencer de novo e sumar ó lacón acadado en Meira o maxistral agasallo sorpresa que se gardaba na caixa destinada para o campión ou campioa que resultou un fabuloso bolígrafo para que Xan continúe escribindo a súa fantástica história e o guión do Galiza en Varados que coma sempre iste luns sairá ó ar ás 21:15 h. ( 15 minutos despois da hora orixinal en protesta polo secostro do Galo Ateo de Ove ) . Mais non só o palanador dos Bateas brilou en Sada, Serxio , unha das estrelas da conferencia e militante dos Xarutos plantoulle fronte a Xan ate o último sefundo na final acadando o segundo posto e con el a gran botella do viño autóctono do salnés. Mais a toda a tribo que maxistralmente Anxo dos Tarabelas que xestionou o pavillón , uníronse o comando itinerante dos Remourelle-Bulls do Norleste do que formaba parte o propio seleccionador nacional que xa está traballando areo ollando xogadores e xogadoras para despois do asalto frote ós Paisos Catalans ter á Auténtica sempre a punto para afrontar calquera nova enganchada nas que dende Ovaral.international xa se está tentando xestionar...NorOeste sempre, adiante co varal!!

sexta-feira, fevereiro 04, 2011

SADA , A PERLA DAS MARIÑAS, ACOLLE UN NOVO ABERTO PUNTUÁBEL DA CONF. NOROESTE!!


A fame da tribo do NorOeste leva ós seus indíxenas a buscar alimento xa fora da xungla de asfalto coruñesa e fano buscando complemento alimenticio mergullnado as súias frechas e paláns na coñecida coma perla das mariñas. Como anuncian no seu activo web blog oficial a invasión de Sada, terra mae das Fraquicia dos Tarabelas , terá lugar iste domingo ás 16:30 h e non será a única saida da cidade xa que anuncian tamén que a inmersión nómade dista conferencia se consolidará ne sucesivos Abertos en novas terras e novos aliados. Contacto directo>> 679.908773

E PARA FACER BOCA CARA Ó ALL STARS>> OLLA AS BILLAS DA BEZOUQUEIRA INVADINDO ARES!!
IMPRESIONANTE IMAXES MAIS AFINA TAMÉN O OUVIDO PORQUE A B.S.O DISTE ESTALO BEZOUQUEIRO PROTAGONÍZAO QUIZAIS UN DOS TEMAS MAIS PODEROSAMENTE EMOTIVOS DO PUZZLE SONORO CHAMADO REPÚBLICA BILLARDA, ELES SON AIRES DO PARDORNELO DE MONDOÑEDO >> No pavillón do CEIP conde Fenosa de Ares celebrouse o 30 de xaneiro 2011 a 5ª xornada de Billa. Saavedra gañou na final a Casado (é decir Daniel venceu a Reyes), ambolos dous do equipo Roteiros de Ribadeo. Tamén se proclamou campión da finde ao gañarlle a Xan Rodiño nun duelo entre os Campións da xornada Bezouqueira e da NorLeste.

quinta-feira, fevereiro 03, 2011

PP.CC Vs GALIZA , A MELLOR DEFENSA É UN BÓ ATAQUE >> FOTO-VARAL [preme]

Angelo e toda a selección nacional que en Sants desputou o partido de bélit fronte á poderosoa seelcción dos Paisos Catalans sabe o orgullo inmenso de vertir a camiseta da AUTÉNTICA.

Coma o paxaro ti tamèn podes mergullarte nas espectaculares vista accedendo ó Album do Foto-Varal pertencente a iste histórico estalo entre PPCC Vs Gz , coma previo de luxo ó cronico dos enviados especiais ó evento.

Ä Galiza non lle tremeu o pulso nunca para trocar os nosos paláns e coller as palas dos irmans do Bélit...

Tampouco o medo escénico dun parque ateigado de xente fixo dano ós nosos palanadores e palanadoras...
As bancadas ruxían ante o furacán Bélit#Billarda...

E xa podemos amosar a tan desexada e extremecedora foto da Auténtica en posición de defensa, hai palandores coma Toño dos Furabolos que semallan expertos no tema e que sufre ademàis por elo como podemos ver nas estremecedoras imaxes no web da Conf. Centro.

Porque como ben sabedes para A Auténtica a mellr defensa é un bó ataque as nosas palanadoras e palanadores nos Paisos Cataslans deixaron contantacia e iste domingo en Sada coa tribo da Conferencia NorOeste en pleno como vangarda de ataque tomarán a perla das mariñas para aparcar o batuxo da LNB iste domingo ás 16:30 h. no Pavillón Municipal de Sada.

terça-feira, fevereiro 01, 2011

PALÁNS , STICKS E EXTREMECEDORES LÓSTEGOS AUDIOVISUAIS!!

Va de Bòlit from joanot on Vimeo.


Coa descomunal pota de caldo fervendo aínda no interior dos participantes no histórico encontro en Sants entre as selccións de PPCC e da Gz atopamos no medio das rabizas revoltas por Ángelo ista espectacular trailer da curta documental Va de Bólit , nun intre no que as recolleitas históricas van agromando no referencial TODO-LNB con Sak comentando o poderoso xermen musical disa conferencia e do comandante Sardinha profundizando nisa esencia musical-billardeiro que forxa tamén o arrinque da Conferencia Bezouqueira co Aberto do Festifolk e coa forza do doce impulso da proia e do espírito contestario do esquíu defendeno cos paláns e as billas o espazo natural do Piñeiral da Magdalena. Vaise forxando pois pouco a poucoise xa tan desexado documental billardeiro que poida percorrer o mundo dun recuncho a outro amosando dende a parede do pazo de cultura de Meira adaptada coma pantalla xigante ate o propio festival de Sundance , as billardas non van parar e non é cuspir para riba xa que iste vindeiro xoves 17 de febreito no espectacular marco do Percebe Son no EIS Audiovisual de Vigo no que Xurxo Souto e demàis convidados e grupos converiran as aulas nun fervedoiro de cultura e sons , pois no medio dise barullo e estudando cunha man na cámara e con outro no palán hai militantes LNB atentos á xogada e dispostos a converterse nise Spike Le galaico que plasme as loita e a tensión nas silveiras do país e nas pistas da LNB. E moita atención á espectacular cámara que ten o rapaz da curta Va de Bóli adosada ó casco na caluga para plasmar a visión real durante o golpexo....



...porque é a mesma utilizada niste explosivo estalo sobre rodas da factoría El Farero realizada fai tan só uns días durante as salvaxes sesións de adestramento da equipa ribadense de Hockey Liña donde tamén militan palanadores. Cando o gosto polo desporto tradicional da Porca e a paixón absoluta pola espectacularidade da NHL se xuntan só poden saír os temíbeis PORCO-TEIXOS DE RIBADEO, unha equipa que xa ten no horizonte rematar coa hexemonía dos Lostregos de Lugo exercen en todo o país galego. O propio Farero que é quen se enfunda o casco coa cámara na testa mentras lle zoupa á bola e se desliza coma un can famento cara ó óso, é un dos impulsores principais dista loucura que se te atreves cada luns apartires das 2o h. poderás tamén formar parte.Percebes, Lóstregos, Porcotreixos e Bacalouras tamén teñen Ribadeo coma nova casa xa que xa é ofical que a tenda Ramos-Complementos na rúa Viejo Pancho ( fronte á pasteleiría Candelaria ) é distribuidor oficial de Rei Zentolo na Mariña de Lugo e será ademàis a primeira tenda oficial dos Zentolo na que se poida adquirir os xa famosos Packs da LNB , agardamos pois que ista gran iniciativa pronto se espalle ás demais tendas oficiais da marca galaica en tódalas cidades donde teñen cabozo....Billarda sempre, adiante co Varal!!

A REVOLUCIÓN BILLARDEIRA ESCORREGA IMPARÁBEL EN VALES E MONTAÑAS CERCANAS!!

Durante o pasado verán ós irmàns de M de Meira a iso das 6 da madrugada roubáronlles a pantalla xigante na que tiñan programando realizar o espectacular e referencial ciclo de curtas nista vila da Chaira Lugues. Os ladróns non foron detidos , polo que se supón que tiñas as escondeiras ben cercanas ó sitio do roubo, sexa como sexa, coa resaca enriba e sen pantallas os incombustìbeis irmàns de M de Meira non ían pasar sen curtas isa xornada pasara o que pasara e decidiron disparar o proxector contra a parede branca da casa de cultura da vila e por obra e maxia do Mago Antón habilitar màis de 500 cadeiras nun prado para que unha edición màis do festival de curtas de M de Miera puidera ir para diante pese ós maleantes... TELE-VARAL dixit>> As billardas voaron no pavillón de deportes de Meira na 6ª xornada da LNB Norleste donde Xan Rodiño deu a de cal fronte a Guille e Daniel e fíxose co lacón de M de Meira.

NUNCA DIGAS DISTA AUGA NON BEBEREI
Os berebes nómades de Bateas acudiron á cita en Meira e deron de beber ó seus camelos sedentos ó deixaren o perigoso deserto billardeiro de Meira . Por desgraza, despois da lamentábel morte fai unhas semanas por atropelo do irmán Dositeo , dono da mìtica taberna no Salto do Can, sen Dosi , a única alternativa posíbel é beber directamente do cauce do río Miño e deixarse acariñar polo bafo triste das troitas...

BATEAS RESPOSTA Ó COMUNICADO DO FAISCA
Mollar a palabra para contestar á espectacular acción de ecoloxismo -salvaxe do Komando Faisca, non sabemos ademàis se a suposta folga de fame do "de Juana " de Bateas é tamén de sede xa que foi alviscado inxerindo galicola nas esquinas do pavillón de Meira.

TRAZO
A conferencia Centro segue Trazando a súa espectacular xeira de triunfos en cada organización de Abertos, Xosé Ramas e Cesar deixaron un pavillón polas nuves. Ademáis a destacar a firme convicción de toda a tribo do centro que sen tregua busca arrimar o hombreiro no definitivo despegue da súa irmá maior Conferenica NorOeste. Palán ergueiro, adiante co Varal!!