O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 28, 2011

O LUME EN VIGO E NA FÁBRICA DE TABACO DA CORUÑA ACENDEN A FARIA DO CERTAME DE POÉTICA BILLARDEIRA DE LATRI.CA E DO XERRO DO SALNÉS!!


Para Vigo me voy....versaba a canción que lamentabelmente interpretou fai uns anos ise gaiteiro se pelo e con melena , e para Vigo se vai toda a serpe multicor iste sábado apartires das 16 h. realizar un novo Aberto puntuábel na Conferencia Sur, a tensión vivida nise partido da champions ....unha pijada comparada co que se vai viver en Castrelos sendo ista a penúltima estación cara Conxo, qué pasaría se Chendo no canto do pescozo do Pinto do Barça agarrara polo pescozo ó Pinto do Faisca?? ise será unha das preguntas que seguro o palanador da referencia equipa que coordina iste Aberto reponderá na rolda de prensa posterior que se celebrará no local da Faisca. Unha festa ista que arranca no Sul e que terá a súa continuación o vindeiro domingo 8 de Maio coa celebración do agardadísimo Xerro do Salnés a celebrar na parroquia de Xil ( Meaño) posterior á xa mítica xira polos furanchos que facerá perder o equilibrio e a razón a máis de un palanador e palanadora. Haberá Guagua dende Ribadeo polo que todos aqueles interesados en formar parte da expedición que reserven o seu asentos se non queren ter que ir no teito: ovaral@hotmail.com / 619.570976

E ISTE DOMINGO CONFÍRMASE ABERTO PUNTUÁBEL NA NOROESTE NA PISTA DETRÁS DA FÁBRICA DE TABACO!!

O domingo despútase un novo aberto na Conferencia NorOeste! A pista fixada sitúase detrás da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, mais non é cuberta e pode chover. Se o sábado as previsións non son boas desputaremos esta 8ª xornada no concello de Oleiros, en Santa Cruz, nunha pista perto do hotel Portocobo (pronto haberá indicacións no googlemaps). Permanecede atentos ás nosas canles de comunicación. Contacto directo>> 679.908773

POESÍA SALVAXE ..CHEGA A NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRO-ESTALOS BILLARDEIROS EN LATRI.CA EN FORMATO "COROCEIRO NACIONAL FACTS"!!


E pese que a activiade regular no territorio da Conferencia Bezouqueira rematou e gardan armas cara Conxo , a activiade poética máis brutal volta invadir as rúas de Ferrol donde se celebra o ista find unha nova edición do seu referencial festival de poesía salvaxe, brosadas e xostregazos poético sacuden durante catro días a cidade natal do caudiño que se retorce baixo a terra a cada alento dos poetas fronte ó micro. Poesía salvaxe e imporvisada que ti tamén vas poder realizar na explosiva edición do nova concurso de microrrelatos billardeiros , fai a túa Latri.ca e prepárate para esculpir a billardazos poéticos a mitiloxía dise ser chamado Coroceiro Nacional que aparecerá por primiera vez durante a coroación co campi@n nacional en Conxo , un corocurso ademàis que ista edición ven apardiñado por Vicente Araguas , o poeta galego que publicou unha súa recopilación poética no 1999 co título de A BILLARDA , fai a túa conta no espazo latri.ca e afía a machada para os brutais e salvaxes estalos poéticos cuxo vencedor elexido na area de Conxo levará a garrafa de Licor Café , a tableta de Chocolate galego Moreno e as espectaculares espigas de Millo Corvo....ex. de microrrelato Coroceiro Nacional Facts>> "O Coroceiro Nacional , sen compaixón , cando come un chourizo, tamén come o cordón!!"

E MAGHUA O LUNS NO PROGRAMA A SOLAINA DA GALEGA!!


E para os que queiran que a find nunca remate o luns cando cheguen da ruta do grelo e do touciño , que peguen os ollos ensanguentados ó receitores de televisión e antes de arrebolalo pola fiestra sintonicen co programa da tarde da galega chamado A Solaina xa que os irmáns de Maghua, os poderosos pandereteiros da NorOeste asaltarán o plato para facer brotar chispas das ferriñas para que o lume do folk e da billarda máis combativa se cole nos fogares do país enteiro....gholpe de billarda iste luns en San Marcos!!

terça-feira, abril 26, 2011

O PRIMEIRO BIO-ROBOT DA LNB PREPÁRASE PARA DEBUTAR ISTE VINDEIRO SÁBADO NO ABERTO DE VIGO!!


Arepiante imaxe , se Joan Brossa erguera a cabeza de seguro quedaría imporesionate con ista impresionate estalo poético protagonizado por Rubén Otero no pasado Aberto da Conf. Sur donde iste vindeiro sábado en Vigo se celebrará un novo asalto puntuábel coordinados polo clube dos poetas-violentos da Faisca. Hai un ruxe Ruxe sobre o posíbel corozo articulado que pode levar o palanador dos lideiras que suporá o debut na competición do primeiro bio-robot billardeiro. Sen dúbida ista imaxe xunto coa do Moucho da LNB situado ó carón dos Galos do Norleste realizado por Daniel forman parte xa do impactante libto imposíbel de poemas visuais da LNB.

E da terra do gran poeta visual Joan Brossa nos chega tamén iste poderoso estalo visual do noso gran belitista e palanador da Auténtica Ángelo que recorda outros dos puntos de conexión de ambos univeros , a invasión que belits e billardas fixeron no programa Cazador de Palabras-Caçadors de Paraules-

NOTA DE ALERTA PARA O PODEROSO E IMPREDECÍBEL BATALLÓN LITERARIO DA LNB!!


Acabamos de recibir unha extremecedora chamada ó fronte para os activistas dos regos escritos, chega dende as trincheiras dos irmáns de Lucerna que se fan eco a menos de 24 h para que te incorpores ás filas literarias do Comandante Moncho Vilar, o contacto é >> x.bocixa@gmail.com . E vai quentando as mans porque a nova edición do Concurso de micro-relatos billardeiros latri.ca-LNB ista vez en formato Fact referidos á extremecedora figura do "Coroceiro Nacional" vai botar andar , adiante o batallon literio da LNB : Moncho Vilar preguntame se sei de novos-as narradores-as para un proxecto na rede! O caso é que urxe....Sabedes de alguén , alguén de vos ten escrito relatos etc???? Canto antes respondades millor!!! temos un dia ou asi!!

TELE-VARAL AMÓSANOS A GRAN POTA Ó LUME QUE ARDEU NISTA TEMPADA NA COCIÑA DA CONF. BEZOUQUEIRA!!

Xosé Rodiño , o campìón da oitaba e derradeira xeira na Conf. Bezouqueira dista tempada, colle a cámara de Tele-Varal e mútase en reporteiro de guerra nas terras do Eume donde choven billas a chuzos. Nista espectacular reportaxe a pé de pista o enviado especial de Tele-Varal condúcenos ate a cociña para analizar xunto co referencial Comandante Sardinha , o campión e varias estrelas dista emerxente conferencia os entresicos da gran pola de caldo galego que ferve a millóns de grados baixo o lume impartábel da cociña de leña da bezouqueira, e atención porque a tribo Bezouqieira estuda asaltar a Guagua do NorLeste en Vilalba para dirixirse cara ó infernos de viño e billardas do xerro do Salnés...billa sempre, adiante co Varal!!

segunda-feira, abril 25, 2011

O RESPLANDOR DE CONXO ALUMEOU A BEZOUQUEIRA NA DERRADEIRA QUENDA PUNTUÁBEL EN MUGARDOS!!


Calquera que iste domingo dera un voltexo polas canles de televisión puido atoparse co lamantábel flash de ver na sexta a versión española do Resplandor ....os trasnos actuaron para que non poidamos recuperar o noso estalo mais o dano xa está feito con isa mítica versión billardeira da obra de Kubrick. O seu autor, Xose Rodiño , iste domingo asaltou a Conferencia bezouqueira e venceu e convenceu no derradeiro aberto puntuábel na pista de Mugardos. Así as cousas ista find a tribo do CNL de asturies colleitou un novo exitazo combatendo o orbayu de alfileres en Noreña mentras que os irmàns do Bélit continúan na súa intansa xeira nos paises cataláns que co impulso do referencial palanador galego Ängelo puxeron tamèn en marcha a explosiva versión catalá do Bilhardas pelo mundo [ belitaires al món ]....afiando as billarda e as línguas para futuras dobraxes billardeira deixamos para ir pillando tamén recortes ista espectacular xoia na que os veciños astures en clave Plup Fiction nos acusan de roubarlles o compango de la marquesina..."Anxo, di carallo otra vez!!"

sábado, abril 23, 2011

SOÑOS ROUBADOS SOBRE O CÉSPEDE ARTIFICIAL DO ESTADIO MADIA-LEVA DE LUGO !!


Kukoc, Divac, Petrovic, Dino Radja.... cando se escriba o grande libro sobre a LNB terase que voltar sobre istes golpexos e varados realizados por primeira vez na história, no céspede sintético do estadio Madia Leva de Lugo, unha espectacular iniciativa que como non podía ser doutro xeito Tele-Varal encargouse de inmortalizar para que os mixiricas que ollan incrédulos cada paso adiante da sepre multicor da LNB se den de conta que ista final protagonizada por Marcos, Guille e Eric remite irremediabelemte ó troco de ciclo daquela mítica final do mundo-basket 1990 de Arxentina donde Iugoslavia venceu á URSS 92-75.

sexta-feira, abril 22, 2011

DOMINGO NA BEZOUQUEIRA E CONFIRMASE A TARDE DO SÁBADO 21 DE MAIO PARA A PROBA OLIMPICA BILLARDEIRA!!


Iste domingo ó igual ca o referencial taekuondistas cubano Matos o esquíu da Conferencia Bezouqueira apartires das 11 h. dará unha nova patada na cara á autoridade competente co Aberto puntuábel na pista de San Xoan de Mugardos. Contacto directo: 636.280513

E con Matos coma referente o espírito olimpico xa invade todo cara á agardadísima cita en Ribadavia para o finde do 21-22 de maio para as olimpiadas populares galegas que xa ten sinalada para a tarde do sábado 21 a celebración do mítico Aberto da Repesca como proba olímpica, a tensión é tal que nos palanadores e palanadoras Viguesas ferve a sangue maìs ca ola de auga para pelar os porcos, destapamos un extremecedor docuementos sobre o que alí se está cocendo>> Polo de agora temos constancia de dous centros sociais Vigueses que presentan candidatura ó podium histórico e contundente de Ribad`avia: Faisca e A Revolta do Berbés

O pique e a xenreira extrema que caracteriza este tipo de situacións no ámbito vigués - ti montaches en San Brais, qué fas montando na reconquista, ese era o meu mozo, deixa ó Viana en paz non ves que é un vello- fan que a dirección de ambos Centros Sociais, opte por tirar de carteira e farelada, para, a golpe de talón, facerse cos servizos dos grandes atletas do independentismo Vigués. Agardamos que ese odio extremo que existe entre o Calvario e o Casco Velho, entre os salvaxes e @s bigotud@s, entre a praxe e teoría, repercuta non so no seu nivel deportivo, que xa sabemos que se atopa mermado pola inxesta alcolica masiva, se non tamén no ambiente festivo e de competición das primeiras olimpiadas galegas. Adiante atletas! Galiza davos á benvida ó olimpo!

QUE PASARÍA SE FORA O BUS DO BARÇA DE DONDE SE ARREBOLARA E POLO QUE SE PISARA O COPO DO REI??


O anuncio da Guagua cara Xil o vindeiro 8 de Maio para a desputa do Xerro do Salnés exitou enormemento a todo o sector....iste domingo ás 11 h. da mañá na Bezouqueira será a poderosa serpe de carros a que se apresente na pista da sociedade Mugaresa de San Xoan a que estará disposta tamén a pasar por riba da copa do rei ou de calquera outro atranco monarquico que se poña por diante, Sergio Ramos , o Buseiro do Real Madrid e as ridículas copiñas conmemorativas que os xogadores da equipa branca levaron coma elementos conmemorativos da victoria fan que o acontecido o ano pasado na entrega de premios do Play Off Nacional fora un acto de dignidade superlativo fronte a ise total desprezo polos trofeos distes multimillonarios desprezábeis.


O Barça foi o rival na final de copa do rei , qué pasaría se os cataláns arrebolaran o copo do autobus e iste pasara por riba del?? , de seguro que a istas horas os tanques do exercito español estaría tomando as Ramblas. Sexa como for o que non podemos deixar de apuntar é o espectacular acerto do F.C Barcelona de selar o seu compromiso de colaboración coa equipa catalá de Perpinyá asentada no estado francés e que desputou fai un par de semanas fronte ó Toulon no estadio Olimpico Lluis Compánys de Barcelona o seu partido pertencente á Heineken Cup , a equivalente da Champions en rugby, que levou a 55 espectadores a ver iste espectacular partido de primeiro nivel-

quarta-feira, abril 20, 2011

A CONFIRMACIÓN DA GUAGUA da LNB CARA XIL FAI SALTAR TODAS AS ALARMAS NOS CHECK-POINTS GALAICOS!!


Viñamos anunciando fai unhas xemanas a posibilidade que de novo a xa mítica Guagua da LNB fixera o traxecto de Ribadeo-Xil acollendo no seu interios ós sedentos palanadores e palanadoras cara ás tazas de viño do Furanchos. Pois ben, co gran seleccionador galego de billarda ó fronte, Manolo Flores Gil , a LNB non só renovou co concello de Barreiros o seu compromiso de mobilidade para o Play Off Nacional de Conxo senón que ampliou o mesmo para a colaborar tamén na xestión do desprazamento da tribo do NorLeste á desputa do histórico aberto do Xerro do Salnés que se desputará iste vindeiro domingo 8 de maio. É por elo que xa podemos anunciar que haberá guagua que parta da estación de Ribadeo ás 8 da mañá levando cara Xil os palanadores das franquicias da Mariña e da chaira con parada no Restaurante O Cruceiro do Pino para recoller á tribo da conf. centro e con parada en Compostela para recoller ós activistas alí instalados cara á lita contra o viño dos Furancho. O prezo dos tikets serán pois do màis económico: 5 euros para nen@s e palanadores e palanadoras algunha vez inscritos en Abertos puntuábeis dista tempada e 10 euros para homes ou mulleres que non xogaron nunca ista tempada. Estalan de novo os motores, colle xa sitio na Guagua>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 19, 2011

A BILLARDA SITÚASE COMA UN DOS PILARES BÁSICOS NOS PROGRAMAS ELECTORAIS CARA ÁS MUNICIPAIS 2011!!

Engulidos pola boráxine do proceso electoral que nos ven enriba non podemos evitar ollar con atención para as listas que os partidos presentan nos concellos da Galiza e coller os programas de man para tentar ollar calquera referencia ó universo billardeiro. Dende as listas do povo amparadas por Causa Galiza ate as listas do Partido Popular hai un amplísimo avano de posibilidades donde palanadores e palanadoras se van instalando para o asalto ás casas consistoriasis e donde a billarda colle cada vez un peso maior nos programas electoriais. ë por elo que non podemos deixar de destacar a cremos grande proposta do Partido Popular de Ribadeo que ademais de levar un palanador nas súas listas expón explicitamente no seu programa no apartado de deportes a construcción dun estadio municipal específico para a práctica da Billarda:

DEPORTE

Rexeneración integral do terreo de xogo do Estadio Municipal “Pepe Barrera” e mellora das instalacións (gradas, vestiarios, iluminación,…) deste recinto deportivo

Atención especial ó deporte base

Potenciación das Escolas Deportivas Municipais

Apoio ós clubes e entidades deportivas locais

Mellora dos campos de deporte e ampliación da oferta de actividades deportivas na zona rural, tendo en conta a todas as idades

Construcción de pistas de tenis e padel municipais

Recuperación de xogos e deportes tradicionais: Construcción dun campo municipal de billarda

Mellora da oferta da Piscina Municipal

Construcción dun rocódromo

Delimitación, acondicionamento e sinalización dun circuito natural de footing

"DOCUMENTOS TV" RECOLLEU NA CORUÑA Á LNB COMA UN DOS MOVEMENOS SOCIAIS MÁIS IMPORTANTES NO PAÍS NA ERA POTS-PRESTIGE..

E hoxe martes no micro-espazo República Billarda Davide Fontán da Conferencia NorOeste comatará en exclusiva mundial como foi a espectacular intervención da LNB no estalo documental para o mítico programa de Documentos TV da dúas donde se falará da situación do país 10 anos despois da desfeita do Prestige e dos movimentos sociais coma o da LNB que están dinamizando unha terra en continua loita contra si mesma. Mais non será iste a único iumpactante estalo , ademàis da espectacular selección musical no Planeta Furancho se presentará oficialmente a nova e desacougante edición do concurso de microrrelatos billardeiros de cara ó Play Off Nacional coordinados polos irmáns do twitter galego latri.ca , atentos á xogada porque a revolución no eido literario galaico e das linguas minoritarias ten ó Coroceiro Nacional coma referente absoluto!!

segunda-feira, abril 18, 2011

A TABERNA DE MONTSE DE ORREA , UN XANTAR DE 5 PALÁNS NO EXPLOSIVO GASTROTOP-BILLARDEIRO!!


Sen dúbida un dos aspectos máis emocionates de cando un palanador bota o pé fóra da casa para dirixirse ás pistas de xogo é todo o espectacular universo que se tece entorno á ida e volta dise Aberto da LNB, sabiamolo ademáis polo fantástico recopilatorio de costilletas literarias que os The Homens teceron nise fundamental espazo no seu web-blog que titularon Gastro-pop donde nos puñen os dentes longos ós seus seguidores relatando sos espectaculares sitios e pratos que degustaban nas súas saídas cando van realizar un concerto ou unha xira.


A sensacional experiencia vital que supuxo o xantar dun comando de palanadores e palanadoras desprazados ó Aberto de Lugo na Taberna de Montse en Orrea ( entre A Pontenova e Meira ) abre as portas á posbilidade de deixar constancia ó xeito de guía-imposibel ó igual que The Homens do fantástico universo Gastro-billardeiro . Un feito que ademáis constata o recentemente proclamado campión da Conferencia Centro , Basilio dos Trouleiros , que nas primeiras verbas verquidas a Tele-Varal despois de ser proclamado campión nomeou coma base dos seus éxitos os excelentes productos consumidos polos palanadores e palanadoras da Conferencia Centro donde destaca o excepcional Cabalo preparado no Restaurante O Cruceiro do Pino.....Como dicía o gran corresponsal de Tele-Varal Juan Pico>> para darlle ben ó carabullo , hai que encher o bandullo!!

domingo, abril 17, 2011

O CÉSPEDE IM-PACIBEL DE LUGO CONFIRMA O EXITAZO DA BILLARDA NOS BARRIOS DAS CIDADES GALEGAS!!


De novo Lugo acolleu coa paláns e as billarda afiadas a todoa a tribo da LNB, nun espazo ademàis que vai deixar fondísima pegada para futuras reclamaciósn de espazos propios para a práctica diste noso fantástico desporto. En nengunha das anteriores ocasións nas que a serpe multicor chantaba o seu mortífero veleno en chan lugués se realizara o Aberto no mesmo sitio mais ista vez o campo de cespede artificial da Piringalla ten todas as papeletas para converterse no espazo billardeiro estábel que unha cidade coma Lugo necesita. Ademáis os irmáns de Madia-Leva artellaron iste Aberto nun referencial barrio como é o da Piringalla donde as billardas atoparon o seu formidábel marco para dinamizarse ó igual que a Conferencia NorOeste busca en barrios coma Lavañou donde inxertarse...


Saca os zapatos e calcetíns e á pista ....ise foi o pensamento que pasou pola testa privilexada do gran selecionador nacional Manolo Flores Gil , e dito e feito, emulando ó noso admirado Bikila cando se proclamou campión olimpico en Tokio correndo descalzo , Flores realizou as súas quendas cos pes ó ar pisando a pista do céspede artificial e ó contrario que aconteceu no mítico Aberto da Auténtica cando Tiago se fixera co título , Flores polo cantrario non puido colarse na gran finala tres entre Marcos , Guille e Eric.


E disa final a tres en Lugo, Eric e Guille tiveron que desempatar nunha espectacular carreira na que Guille resolveu pola vía rápida cun espectacular varado. Simultaneamente en Trazo , Ivan , o palanador dos Furabolos , asaltaba o mais alto do pódium no Aberto da Conferencia Centro no que os grelos e as billardas se misturaron en perfeita comunión.


E manter tensión durante o domingo se estás pola cidade da Coruña, apartires das 17 h. a tribo da Conferencia NorOeste realizará unha espectacular acción lótrego no Parque de Santa Cristina para a gravación dun estalo documetal para o mítico programa DOCUMENTOS-TV , se queres particiar ponte en contacto: 679.908773 . E para rematar a find. imperdíbel o estalo radiofónico que prepara o posuidor do Millo Corvo , ou premio do gañador do I concurso de microrrelatos billardeiros, Sak que estivo tamén no céspede im-pacíbel de Lugo , estará apartires das 22 h . na súa trincheira de Radio Oceánica con indomábeis Trasnos de Moscoso...

sexta-feira, abril 15, 2011

ANGEL DE ELEUTERIO E PAULINO NOVO.. OS BRAVOS ENXEÑEIROS DA TROPA LIXEIRA DO SÉCULO 21!!


Meira armada Miera respeitada...ise é a máxima coa que se van apresentar iste sábado no céspede artifical de Lugo ensinando os dentes os irmáns da poderosa franquicia LNB, M de Meira, tamén coñecidos co perigoso e alcume de Tropa Lixeira. M de Meira non colle nela mesma xa que ademáis dos palanadores e palanadoras que forman a súa equipa contan cunha espectacular nómina de enxeneiros que amiazan con por patas arriba todas as leis da astrofísica actual>> Grazas a Angel de Eleuterio que nos cedeu unhas travesas de "Carballo do Pais" e a maxistral técnica do artista da madeira "Paulino novo" conseguimos por fin, a equipación que nos permitirá seguir o noso camiño imparabel na LNB . A por tudas!! berran os aloitadores de M de Meira e a por tudas tamén se intúe no estalo anunciando a futura proclamación do estado República Billarda....Tropa Lixeira invade o Século 21!!

quinta-feira, abril 14, 2011

BILLARDAS SEN MEDO ISTE SÁBADO CARA Ó CÉSPEDE SINTÉTICO DE LUGO E OS GRELOS BRAVOS DE TRAZO!!


Homes e palandores sen medo , dende as terras alleas ó temo donde habita a Magnifique Band dos Homes sen Medo , chéganos a gran nova da xira-basca por festivais de rúa donde exercerán de avanzadiña para futuros Abertos de Txirikila-Billarda , podedes consultar datas e sitios no seu espectacular recén estreado novo web. E coma única Banda Sonora posíbel dos MB dos Homes sen medo afrontamos nós tanén iste temerario novo find billardeiro con Aberto simultaneos no serán diste agardadísimo sábado 16 e con explosivo pistoletazo de saída o venres pola noite coa explosiva festa-inauguración do espectacular novo local do C.S Almuinha en Marín. Caravanas de carros partirán dende a Mariña e a Terra Cha para atoparse ás 16 h. face a face no céspede sintético do campo da Piringalha en Lugo para a desputa do IV Aberto cidade de Lugo, na rúa poeta Manuel María na zona tamén coñecida como a dos Cines. Contacto directo: 627.232479


E simultaneo ó estalo de Lugo en herba artificial coordiando pola tropa do MadiaLeva nas terras do grelo tamén coñecidas polo nome de Trazo celebrarase un novo aberto puntuábel e a fume da carozo na Conferencia Centro ista vez xestionado pola tribo dos irmáns do Atlético San Mateo, a cita ás 16 h. no IES Viaño Pequeno de Trazo que se vai converter ise serán do sábado nunha auténtica pota a presión donde Grelos e Billardas van cociñar un explosivo caldo perfecto para aliviar tensións niste xa apretado e tenso treito da tempada donde tod@s os elementos renden ó máximo buscando unha praza para pisar a tan desexada area dos leósn de Conxo . Contacto directo: 654.232108

PALÁNS E BILLARDAS CONTRA O DESALOXO DO C.S A CASA DAS ATOCHAS!!



Data: sábado 16 de abril
Hora: 18.00 horas
Espazo: Campo da leña

quarta-feira, abril 13, 2011

FOGUETES PARA O CEO DE CONXO!!

Un dos intres màis intensos sen dúbida algunha da desputa do pasado Play Off Nacional foi o estourido dos foguetes que pechaban a quenda de cada final estourando no ar mantras os abrazos e as bágoas brotaban dos ollos dos recén proclamados campións nacionais. Fai uns días un rexistro no caserío duns coñecidos deportistas bascos aparecerou parece ser algo máis que material pirotécnico para os finais de festa dun torneo de Trontza , sería bo que tamén se rexistraran as casas das grandes estrelas dos deportes considerados maioritarios donde de seguro nos levariamos tamèn moitas sorpresas de saír á luz o que gardan nos garaxes os Messis ou Cristianos de turno .

De tódolos xeitos e pese ó cada vez maior número de trabas legais para a realización de actos piroctécnicos os fogueteiros da LNB están traballando para tentar que os estalos de felicidade volten a inundar o ceo de Conxo durante a vindeira gran muiñada de Conxo, se ti podes axudarnos para que o lume das nosas farias estoure a ducias de metros de chan , ponte en contacto a toda mecha>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 12, 2011

"IV ABERTO CIDADE DE LUGO" DE ALINDAR ÁS VACAS...ÓS CÉSPEDES SINTÉTICOS!!


Fai uns meses saltaban todas as alarmas no Aberto da Auténtica de ourense cando un suposto palanador acusaba de ESCORIA á tibo LNB por practicar o desporto da billarda en chan de cemento e non de terra como esixía o siareiro exaltado ourensá. quén pansará iste suxeito se iste próximo sábado se lle ocorre pasarse polo barrio da Piringalha donde apartires das 16 h. se desputará o IV Aberto cidade de Lugo sobre a superficie de herba artificial. Se a nosa filosofía dende sempre foi invadir leiras e arrincar chantos iste sábado vaise producir outra conquista histórica xa que imos facer chimpar as billardas sobre o terrero natural dos practicantes do deporte irmán do hockey herba.....de alindar as vacas mentras istas pacían ó céspedes sintéticos , unha nova e sorprendente parada nos teñen preparada a franquicia Luguesa dos MadiaLeva , dende a mariña e a chaira xa se preparán as caravanas de batuxos para aisistir empurrados polo poderoso vento Lois, punk billardeiro e literario que os camaradas de Madia xunto co etnógrago e escritos Calros Solha van deixar impregnado nas pedras o vindeiro 25 de abril na palestra "Nom vos vamos guardar o segredo" e punk que hoxe tamén poderedes sentir pola noite no Planeta Furancho da RGM no chimpo nas ondas da República Billarda con Novidades Carminha...Bilharda Bizarra!!

segunda-feira, abril 11, 2011

MAGHUA NO FORUM FOLK DA CORUÑA DÁ INICIO Á SEMANA DE ESTREA MUNDIAL DA NOVA SUPERFICIE BILLARDEIRA EN LUGO!!


E co fumo dos Xarutos de Maghua hoxe luns no Forum Folk da Coruña , con parada no set de Galiza en Varados ás 22 h. da noite arrincamos unha nova ardente semana que desembocará en Lugo o sábado coa tribo toda pacendo nun céspede radioactivo de herba artificial....tomade alento!!

domingo, abril 10, 2011

IVÁN BATEAS, PABLO DOS CULOMBIOS E ROI DOS FILLOAS DE SANGUE... NOMES PROPIOS DUNHA NOVA FIND A LUME DE CAROZO!!


Novo find de boráxine absoluta , co licor café coma único combustírbel posíbel a sepre multicor da LNB estirou a súa perigosa lingua enveleada para abrazar sen medo os grandes retos para construir realidades implacábeis....


Pontevedra non puido resitirese mais tempo e caeu ó engado motal da LNB , os comandos Bateas e Almuinha dirixiron ista gran acción de ataque en colaboración cos irmáns de Siareir@s Galeg@s que fixo que o xoven e implacábel Iván Bateas se bañara en Licor Café ó proclamerse campión diste Aberto no que máis de dúas dúcias de siareiros tomaron parte , fútebol e regueifa coas gorzas de Bieito Lobarinhas e Josinho da Teijeira do colectivo ORAL puñan a guinda a ista xornada de desporto e loita en Pontevedra.


E como a festa non pode parar, a tribo toda dirixouse cara Porriño deixando un intenso cheiro a licor café en toda a conferencia sur que confirmou en Budiño a súa explendorosa saude cunha multitudinaria asistencia na que destacou algún palanador que aínda que impedido asistido polo corpo médico e sentado nunha silla electrica puido tomar parte nista xornada puntuábel que estrou no máis alto do pódium a un Culombio , Pablo , o venerado video-creador da LNB tensou coa mesma maxestuosidade o pulso co que dirixe a cámara e a producción para zouparlle á pincha co palán e territorio ostil de dominio Paquete Pincha. E non quedeou ahí a cousa, after-hours billardeiro no serán coruñés na pista da Sardiñeiroa polo que o alento do licor café se misturou co poderoso sabor salgado da brisa atlantica para reafirmarse a Conferencia NorOeste coma excelente foco de atracción tanto para as franquicias nómades coma para os novos activistas chegados das terras de Cerceda con inequívoca marca dos comandos Lucerna. E por se fora pouco poder de reafirmación , un palanador aborixe da Noroeste colleu o palán e mandou parar, Roi dos míticos Filloas de Sangue, impúxose niste gran Aberto da NorOeste que marca o punto e seguido dunha xeira implacábel cara a conquista dunha cidade e dun país que olla incrédulo como as billardas invaden todos os frontes.

quinta-feira, abril 07, 2011

ISTE SÁBADO CORRERÁ O LICOR CAFÉ A REGOS DE PONTE-VEDRA A BUDIÑO E O DOMINGO NA SARDIÑEIRA DA CORUÑA!!



A boráxine de acitivadadesentorno á billarda é de tal calibre que hai que facer auténticos exercicios de malabarísmos co paláns para tratar de que non coincidan Abertos en pistas de localizacións próximas , é por elo , que o Aberto de Billarda en colaboración cos irmáns de Siareiros a celebrar iste sábado en Ponte-Vedra se vai realizar en sesión de mañá para que pola tarde o campión ou campioa poida se así o desexa celebrar a victoria compartindo a espectacular garrafa de likor café na festa posterior en Porriño no Aberto puntuábel da Conf. Sur en Budiño

-ABERTO DE PONTE-VEDRA : 12.30 h na pista anexa do I.E.S " Xunqueira "
Garrafa de Likor Café para o campión ou campioa
Contacto directo>> Raul / 675 195 152 / ssggpontevedra@gmail.com

Iste sábado 9 de Abril Siareir@s Galeg@s organiça umhas jornadas em Ponte Vedra. Com o fim de espalhar as nossas reivindicações ao longo do ano e do país, convidamos-vos a participar nesta jornada de luita e lazer. Contaremos também com a colaboraçom da LNB (Liga Nacional de Bilharda) e do Centro Social Revira. Haverá actividades durante todo o dia que constaram num torneio de futsal, um jantar popular, um aberto de bilharda e regueifa.

Este é o programa completo:

10:00h – Torneio de futebol de salom no pavilhom do I.E.S. “Xunqueira I”

Preço da inscriçom (equipa de 6 pessoas): 12€

Prémios: Garrafa de licor café e lote de material de Siareir@s Galeg@s para o primeiro classificado. Garrafa de licor café para o segundo.

12:30 h>> ABERTO DE BILHARDA nas pista anexa do pavilhom I.E.S "Xunqueira"

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

18:00h - Abertinho de Bilharda + concurso de Varados no Recinto Feiral

20:00h – Regueifa com Bieito Lobarinhas e Josinho da Teijeira no C.S. Revira

Haverá bocatas de chouriço.


E sespois do espeluznante análise de como están as cousas nas tçaboas clasificatorias da Conferencia Sur, o Aberto de Budiño diste sábado só se pode calificar de Aberto a Lume de carozo...apartires das 16 h no C.C.A Forna de Budiño as billardas van botar lume....
Contacto directo: 647.190789

Domingo ás 17:30 h, nova xornada puntuábel na Sardiñeira da NorOeste!!


E como temos que seguir contando verdades coma puños non podemos menos que afirmar que polo mar corren as lebres e polo monte as Sardiñas tra-la-ra .....cara á activa Conferencia NorOeste que despois do chute de adrenalina brutal en Cerceda iste domingo na pista da Sardiñeira da Coruña vai confirmar o calor das poderosas brasas que intensamente arden no universo Koruño. Contacto directo: 679.908773

quarta-feira, abril 06, 2011

A VOZ DA RÚA NUNHA REPÚBLICA INDEPENDENTE CHAMADA BILLARDA!!

Nun intre no que o novo diario de tirada peninsular que prantexaba saír pos istas datas "La voz de la calle" se volve atrás antes sequera de asomar os fuciños á rúa, a Vietnamita do Salnés traballa a reo e xa ten preparada a nova tirade de exemplares do xornal en palpel TodoLNB para distribuir nas pistas da LNB e nas diferentes trincheiras billardeiras e se estás lonxe ou escapado polo monte non te preocupes , os irmàns de GalizaLivre editan a súa espectacular edición dixital á que podes acceder en calquera parte do planeta.

E moi atento e atenta porque dende fai unhas semans se puxo en marcha un espeluznante blog no que os palanadores e palanadores reponden a unha betería de preguntas sobre os seus diferentes estados na loita polo supervivencia na xungla billardeira, República Billarda é o contenedor no que os republicáns e cadelas expresan as súas ledicias e os seus medos ante o precipicio da LNB , polo momento só pasaron supostos seres humáns de seguro que algún día cans ou outros seres que acmpañan ós palanadores e palanadoras terán tamén os seus regos de gloria, porqué non o Can de Flores, Pinto que está a ser un referente absoluta na dimensión internacional ccomo xa puidemos ver co Can de Quim e agora recuperamos a histórica instantanea do Can de Hevia nos territorios astures donde o Liriu xa botou andar fai unhas semanas cun primeiro empurrón no concello de Illas dádo por iste respeitado internacionalmente alieníxena do Liriu chamado Hevia.

PALANOTRONIC Vs MAZIN-GZ!!

E se de seres excepcionais temos que falar non podemos torcer a orella cara o outro lado que non sexa o transitor analóxico ou dixital dende donde Calros Solla , ise combatente das forzas do mal , está a disparar os seus impactantes estalos poéticos no Diario Cultural da Radio Galega apartires das 15 h. e durante toda ista semana para amosarnos o seu novo e explosivo poemario titulado " LUME DE OLLOS EN MAZINGZ " que depois de alimentar cocodrilos con pan humano arrolados nos ríos americanos alimenta agora o noso brutal microcosmos infantil que levamos dentro e nos empurra a berrar sen remedio ....puños ergueitos, puños fóra!!

terça-feira, abril 05, 2011

OS HABITANTES DO PLANETA FURANCHO DE XIL PREPÁRASE PARA O VINDEIRO 8 DE MAIO RECIBIR Á SEDENTA SERPE MULTICOR DA LNB!!


Todas as armas e cuncas xa en alto no Planeta Furancho de Xil porque a gran serpe multicor da LNB xa prepara a súa brutal inmersión nos templos do viño e da paixón de Meaño. Marcada a data do vindeiro 8 de Maio no calendario luar da relixion billardeira para a desputa do xa mítico Xerro do Salnés donde previamante se vivirá unha nova e exitante xira de futrancho e donde haberá de novo doping abrigatorio para coller o palán xa que naide nen nada sen inxerir mínimo 4 cuncas de viño ( a menos que sexa menor de idade ou por prescripción médica ) poderá ter dereito a desputar ista nova edición do Xerro . Estamos pois no proceso de preparación da viaxe , coma edicións anteriores estúdase a posibilidade de que a Guagua da LNB parta dende Ribadeo con parada na Conferencia Centro para levar e regresar á noitiña cos palanadores e palanadoras "cheos de bravura". Rogamos pois que os interesados en acudir ó Planeta Furancho de Xil na Guagua se dirixan ós coordiandores de conferencia ou nos faifan chegar o seu interese sobre iste aspecto >> ovaral@hotmail.com

O CAN DE QUIM Vs O CAN DE FLORES!!

E co retorno ó Planeta Furancho ista noite das billardas da LNB no micro-espazo Republica Billarda donde voltará a ruxir a serpe multicor acompañada cunha espectacular nova sesión de música contemporanea pola ademais dos cans da lusofonía se poderán ouvir tamén os ladridos do tocaio do can de Flores que coma nós aspiramos a ter un referente na música internaqcional das dimansión que están a conquerir os Manel , grupo que estiveron nas sesión billardeiras do Planeta Furancho, os irmáns cataláns do Bélit aspiran ter un can co poderío e bravura de Pinto. Unha referentes de ida de volta que teñan ademais da vértixe canina na louco bloguer en ambolos dous paises xa que fai pouco no panete cat veñen de estrear un impresionate e activo espazo web intitulado TOTBELIT , nun intre no que o noso TODOLNB estrea tamén novo enderezo e novas e exitantes sección para amantes das estatisticas e análises históricos. Quén foi o que dixo que os cans galegos e cataláns ladraban igual?? ....moi pronto o can de Quim e de Flores xuntos ensinandolles os dentes ós inimigos do Bélit e da billarda!!

domingo, abril 03, 2011

BOMBAI ESTALA DE LEDICIA COA VICTORIA DA INDIA FRONTE A SRI LANKA NO MUNDAL DE CRIKET!!


Na mentras no C.S A Faisca de Vigo dúas míticas franquicias da LNB dilucidaban as súas diferencias face a face armados con pañlas e cunha unha mesa de Pinge -Ponge polo medio no estadio Wankhede (Bombay) desatábase a loucura absoluta despois de màis de 10 horas de tenso partido entre as seleccións de SRi Lanka e da India. Despuábase a final do mundial de Cricket entre istas campionas do mundo en edicións anteriores e ambas querían repetir triunfo niste seu desporto nacional, foron os locias os que se impuxeron despois ademáis de eliminar á gran potencia de Pakistan nas semis polo que a ledicia é dóbel xa que o criket indú de novo volta a estar na élite total dista disciplina irmán da Billarda e do Gilli Danda.

A BILLARDA DESPORTO NACIONAL NA GZ COMA A PELOTA BASCA OU COMA O CRIKET NA INDIA OU SRI LANKA!!

Ollando detidamente a espectacular restra de comentarios que se verteron na nova chuzada referida ás nosas lexítimas aspiracións a nun futuro a billarda sexa equiparábel ó despoto da pelota basca temos que considerar despois de ver e analizar a cousa que igual nos quedaos cortos.... vendo a intensidade coa que se vivieu a final entre Sri Lanca e a India e a salvada das celebracións cun pais enteiro votado ás rúas igual debemos fixanso moito máis no universo Criket porque algún dáius 33 mil perosas tomarán Conxo coma tomaron iste sábado o estadio Wankhede!!

sexta-feira, abril 01, 2011

"Roubando cobre para saír de pobre..." MADE IN JAPAN? , NON , TERBUTALINA DO LIVE IN CATOIRA!!



Dos míticos discos en directo de Muddy Watters at Newport 1960 , do Paris de Supertramp , do MTV unplayed arodeados de velas en Nova Iorque de Nirvana, da espectacular caixa quíntuple de Springsteen titulado Live, do alive de Kiss e pasando incluso pola imprescidíbel toma ao vivo dos fundamentais Radio Futura no seu disco Escuela de Calor chegamos ó máis ca mítico in the hell of Pachinko de Mano Negra que fixo estrados na xeración bravú... unha xeración anteposta segundo se pode extraer da entrevista na que os irmàns de Galician Bizarre apresentan o seu fundamental recopilatoiro de bandas galegas na que abrazan sen complexos a influencia de Cañita Brava.

Mais istes días pacendo na sempre herba fresca e refrescante do prado da música galaica apareceu o sinal de alarma no referencial netlabel galaico A Regueifa Plataforma no que se apresentou unha máis ca impactante novidade discográfica, a medio camiño entre o bravú e o universo bizarro atopámonos con ista auténtica xoia da música contemporanea galaica, non hai palabras senón reproductores para sentir os impactantes xostregazos de escasos minuto e medio que os TERBUTALINA sacoden ó público nista sensacional toma ao vivo en Catoira que abre fenda no rock galego para que desfrutemos a eito diste fantástico xénero dos discos en directo. Live en Catoira abre o rego para que penses ademàis, nises cinco discos en directo que marcaron a túa existencia e fannos crer que imos na boa dirección cando no disco República Billarda se traballa para incluír históricas tomas en directo de temas billardeiros . Música en directo e enlatada é do que se vai falar e moito ista find no Palexco da Coruña donde se celebra o Achegarte 2011 donde recomendamos ferventemente que acodas ó set de espazos vertebrados apartires das 19 h. donde estará o palanador e incansábel labrego de sons para apresentar a súa fantástica leira sementada de loops e beats galaicos e internacionais chamada Musiqueoh e non queda ahí a cousa, Maghua , o grupo de pandereteiros con militancia LNB estarán tamén o domingo zoupándolle duro ó asunto e de seguro apresentando ao vivo o seu gholpe de billarda de Sabaxáns...