O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 30, 2011

ALERTA ANTE UNHA MOI POSÍBEL INSOLACIÓN BILLARDEIRA EN TRAZO E PIARNU!!



Despois do queime xeralizado nos corpos dos palanadores e palanadoras durante o pasado find na desputa do mítico año da LNB na Devesa non podemos mais que ilustrar iste estalo-axenda coa espectacular xoia de Albert Pla + Kolegas de auténtico luxo titulada Insolación- Tomade precaución e ademáis dos condóns na bolsa de viaxe metede sebo de grilo , pingo ....ou o que utilicedes para untar o voso pelexo para protexervos do sol salvaxe nas pistas de xogo de Trazo e Piarnu . Cunha manchea de proxectos para iste verán fatal na maseira ista find o sábado monopoliza o gran teatro de operacións billardeiras:

Sábado :

-ABERTO DE TRAZO nas terras da Conferncia Centro , apartires das 16 h no campo da Santa Eufemia as estornelas abrirán lume para a noite os irmans de INViVo incendiar o palco da festa.
Contacto: 654.232108

-ABIERTU PITU CALEYA DE PIARNU:
apartires das 11 h. o comando galaico intervirá no torneo da CNL formando unha franquicia para ocasión e apoiar así o poderoso circuito posot en marcha polos irmáns da tribo Liriu para reamtado o embite puntuábel de equipas desputar o mítico Abierto do Pito autoctono asturiano . O Comandante Hevia dirixe as operación niste histórico Abiertu que se desputa no tamén mítico para a Auténtica pobo do concello de Castrillón. Contacto Piarnu: 644.294287 /Contacto Comando billarda:605.316896 ( saida da serpe de carros de Ribadeu ás 9:30 h )

quarta-feira, junho 29, 2011

AS ESTORNELAS E OS INVIVO EXECUTARÁN ISTE SÁBADO EN TRAZO O BRUTAL APOSTOLOCAUSTO BILLARDEIRO-SONORO!!


De novo iste pasado martes no micro-espazo República Billarda do Planeta Furancho da RGM os activistas da LNB voltaron atoparse con compañeiros de batalla riba e abaixo dos escearios , á presentación da espectacular posta de longo do proxecto post-Pereiro de Das Kapital tivo coma contrapunto as experiecias billardeiras de ida e volta dun lume que non cesa e veu a sumar unha peza mais ó gran puzzle sonoro e de alianzas que se iniciou fai unhas semanas coa coincidencia nas trincheiras radiofónicas do Furancos co brutal exercito de watios antixacobeos de Invivo. Iste sábado na pista de Santa Eufemia de Trazo e coordiando polos irmàns da Asociación Cultural A Aldraba consolidarase o abrazo da serpe multicor da LNB ós mástil da guitarra do sempre Túzaro Mario Cesar que estara ó fronte dista potente formación Compotelá de metal crú. Afiade pois os ouvidos e as estornelas porque iste sábado nas terras da Conf. Centro vai haber kanfurnada matálico-billardeira a eito que xunto co Abiertu do Pitu Caleya nas míticas terras de Piarnu en Asturies van converter ista nunha find màis a lume da corozo..

Fai boca sintonizando cos xostregados de INVIVO!!

Banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.

En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto.

No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak, A Palo Seko, entre outras.

En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames (GZ) e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal.

Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son.

terça-feira, junho 28, 2011

GALICIA HOXE....OVOS CHOCOS RIBA DA MESA!!


Foto>> Noel Feáns / Cando nun país coa cultura e co idioma hai que andar coma co ovos , pasa o que pasou máis unha vez co referencial diario Galicia Hoxe . O cese de activiade un día coma hoxe en formato papel dista cabeceira ven a demostrar a crúa realidade á que nos enfrontamos cada minuto e cada segundo da nosa existencia, a presencia fai unha semanas do Coroceiro Nacional puxo fin á xa mítica colaboración da LNB con GH , lanzamos coma os irmáns de The Homens a nosa furiosa aperta a todos os traballadores , colaboradores e leitores diste xornal en lingua galega que pasa a formar parte da nosa tráxica história de naufraxios imposíbeis, afiade ben as moas porque coma hoxe se demostra unha vez màis... a lingua deféndese cos dentes!!

domingo, junho 26, 2011

RIBILLEIROS ACADAN O SEGUNDO AÑO CONSECUTIVO NO INTERPARROQUIAL DA DEVESA_11!!


O entolecido dibulio de bágoas que invadíu o estadio Monumental do River Plate ao constatar iste domingo o seu histórico descenso á segunda Arxentina e non poder acadar o tan desexado ascenso a ista categoría polo CD Lugo , pode ser o único referente emocional comparábel á desputa dun novo e explosivo Super-6 interparroquial que fixo arder os nosos peitos cabritinh@s!!


Acompañou o tempo e o espazo . un sol de xustixa e unha pista inmellorábel ista de Devesa na que a serpe multicor se arrolaba por primeira vez e que de seguro voltará a por pé xa que as magníficas instalacións con vestiarios , área recreativa con bancos e mesas para realizar o xantar de irmandade e todo un sen fin de condicionamentos positivos para polo dende xa no noso punto de mira para futuras accións billardeiras


Poderiamos falar longo e tendido de cada instante dende que o alento do año se posicionou sobre as nosas calugas, dúas pistas simultaneas con tres equipas en loita , unha marabilla para os ollos e o seguimento do espectacular xogo , Ribilleiros, Asturies e Riboutros lanzounos a sorte do sorteo do dia anterior na terraza do Bar Navada de Ribadeo para a pista-1 e Barreiros, Vilamar e Remorelle Bulls okuparon as grellas de saída na pista-2.


Ribilleiros por unha banda e Remourelle Bull pola outra accederon á desputa da final do Año_11 , un choque absoluto de titáns, no que os Bulls aguantaron ate o último instante mais os Ribilleiros asestaron o golpe definitivo ás aspitacións dos Bulls de mans do gran palanador italo-galaico Franco na penúltima carreira fronte a Andrés que arriscou cun Varado que por milímetros lle saíu por fóra. Mais se tiveramos que lexir un MVP do Año_11 sen dúbida teriamos que darllo ó gran xogador dos Bulls procedente das terras do Eo-Navia, Muriego , por actitude e acerto sen dúbida consolidouse coma un dos referentes absolutos para toda a tribo LNB e por unha vez a lotaría foi máis que xusta xa que os chourizos de porco celta e a bolsa de pementos de Herbón do sorteo foron parar as mans diste gran palanor dos bulls-


Ribilleiros alonxáronse dende o primeiro intre da guerra psicolóxica entre seleccións parroquiais na que Riboutros e Vilamar dende fai días estaban inmersos, eles declaraban que falarían na pista e abofé que o fixeron, por segundo ano consecutivo proclámanse campións do Año e o peor de todo.. que xa deixan caer que non hai dous sen tres polo que se preparan xa para un posíbel primeiro Hat Trick añesco!!


Mencion especial á delegación dos irmàns da tribo Liriu que un ano máis se achegaron á desputa do año , O comandante Hevia ,Juan , Arturo e o caranguexo-machetador no que se transformou a vermella faciana de Sergio fixeron unha vez máis un gran papel na pista consolidando a acción de vasos comunicantes Liriu-Billarda que terá a súa continuación no Abiertu do Pitu Caleya diste vindeiro sábado en Piarnu no que haberá representación galaica e do que iremos informando durante ista semana.


Sen dúbida os grandes derrotados dista edición e os culler de pau honorífica foi a selección de Vilamar-Extension Agraria, o gran desplegue mediático non puido ter reflexo no xogo na pista que quedou a miles de léguas daquel dream-team de Vilamar liderado polo gran Victor dos míticos Tronos do Masma que guiara a conquista do año naquel hitórico parroquial desputado en Celeiro de Mariñaos. Surxen moitas dúbidas agora sobre os efectos dista derrota en Vilamar , de prometer ós patrocinadores Bar Nevada de Ribadeo ceibar o año no bar para celebrar a victoria a chegar coas mans e os petos baleiros , de monento despois do partido xa puidemos ver á súa plantilla exercitandose no ximnasio da terceira idade ó caron da pista de xogo....xuvilación ou barbárie !!

sexta-feira, junho 24, 2011

CHEGA O EXPLOSIVO INTERPARROQUIAL _011 ...ISTE DOMINGO SÁE DO RABAÑO E VENTE Á DEVESA [Ribadeo] , LOITAR POLA AÑO!!


[O interparroquial ao vivo no espazo facebook de O Varal Billarda-]
A poderosa ollada do año da LNB xa está instalado nos desacougantes soños electricos de cada un dos palanadores e palandoras que iste domingo apatires das 11 h. se darán cita para loitar na espectacular pista da área recreativa da Devesa ( Ribadeo )- Ás potentes equipasa parroquiais únese a presenza dunha importanrísima representación dos irmáns do CNL de Asturies encabezada polo Comandante Hevia e o lider actual da Liga Astur , o machetador dos Espora de Uvieu Sergio. Máis non será a única delegación que chega afiando os dentes coma un bravo cannis lupus , atención á posta de largo dos Remourelle Bulls que contarán con tódos seus efectivos excepto os de nacionalidade Vilamartesa , con Ginés e Andrés en plena forma como desmostraron no Aberto do Folk en Río hai que unir a de segura prenza de Milio ( coa súa temíbel billarda Osito ) e o auténtico as na manga que esconden os Búfallos como bérrago no pelexo: a presenza do mìtico e gran palanador dos Bulls do Eo-Navia Muriego que xa leva varios anos sen durmir pensando e analizando as xogadas coas que facerse iste domigo vermello co mini-carneiro embravecido da LNB. Contato directo>>605.316896

EXTENSIÓN AGRARIA-VILAMAR , ESTREA MUNDIAL DE CAMISETA E DO SEU ALEBRESTRADO WEB OFICIAL DE CAPADOR-MEDIA!!

En Ribadeo todo xa se respira a año dende principio de semana , ás potentísima franqucias da Vila se suman na loita na Devesa os míticos palaandores de Barreiros con Flores , Carmiña e incluso a posíbel presenza na pista de Calvete coma directo deportivo marcando o firme paso cara á captura do año , mais uns ex-campións do año prepáranse a conciencia para a esquilar de novo a história , falamos da selección parroquial de Vilamar , que atención contará coa presenza do mítico Edelmiro no que será o seu agardadísimo retorno ás pistas xunto coa súa faria depois de varios anos aletargado agardando o intre perfecto que será iste domingo na Devesa e pese á baixa de última hora da equipa de M de Meira un dos seus palaandores Nacho Eirós estará arrimando o hombreiro á equipa de Vilamar xa que el é o responsábel do espectacular deseño da camiseta coa xogará Vilamar que terá vida posterior coma camiseta oficial do explosivo proxecto sonoro chamado Extención Agraria , nista foto podemos ver en exclusiva mundial ós palanadores de Vilamar na serigrafía Taiwanesa en pleno proceso de fabricación e atencion porque tamén en exclusiva mundial e aínda que en proceso de construcción apresentamos tamén a alebrestara web oficial de Extención Agraria ....non o penses màis e únete á nación das lanternas xordas!!

PALANADORES DA CONFERENCIA SUR CONVERTEN O CIFRAS E LETRAS NUN FORTÍN BILLARDEIRO!!


Primeiro foi o Gil , o bravo palanador e comentarista de Radio Cabalinho quen irrumpíu no concurso da Galega Cifras e Letras , sen dúbida, Yolanda Castaño chantou a súa ollada nel e xa prepara un ardente poemario adicado ó palanador da sur, mais pode ser que acontecese iso que os diplomáticos de Montealto cantaban " uns quentamos o forno e outros veñen enfornar ", iso é o que todo apunta cando fai uns días puidemos ver ó gran palanador dos Lideiras Rubén Otero sachando regos de cifras e letras á orde de saida de Paco Lodeiro. A Conferencia Sur invade pois cifras e letras e todo apunta a que Elvis será o segunte en salar ó ring televisivo camiseta e chisqueiro na man , foi Rubén Otero o que enviou dende a mesa de "traballo" un histórico saudo para toda a familia billardeira....okupando espazos, billarda sempre!!

quarta-feira, junho 22, 2011

INDONESIA ...."KONDA KONDI" NEXT BILLARDA STATION!!


O lume novo que prendeu en nós fai xa moitos anos arde implacábel no noso interior e xusto no día no que as fogueiras e as sardiñas invaden o país enteiro o noso irmán e militante belit-billardeiro Angelo Pineda empéñase en apagar as brasas con gasofa chegada dende a mesmísima Indonasia póndonos a toda a tribu LNB alerta sobre a existencia dunha civilización irmán no continente asiático que resposta ó nome de KONDA KONDI , un desporto asentadísmo nise pais para o que incluso ängelo nos amosa un espectacular enlace sobre normas e construcción de material. De seguro que no próximo Aberto de día Patria en Compostela estará gran belitista de Casus Belit co que tod@s poderemos intercambiar imopresións entre outras cousas a idea que xa está no ar do primeiro Festival Internacional de Cine Billardeiro donde ista espectacular fita dos irmáns da tribo Konda Kondi será de seguro unha das grandes estrelas...


É pois urxente ista noite de San Xoan depois de comer unhas sardiñas e chimpar as cacharelas botarse ó carros para ter a donde desprazarse niste intenso verán plagado de Abertos que amizan xa chegar ate as terras da irmá Al-Ándalus, e se vos pillan non vos preocudedes xa que os servicios xurídicos da LNB ó igual que xa exercen a defensa do palanador Senegalés detido na Coruña por agredir a 5 axentes e que posteriormente esixíu declarar en basco , defenderate a ti tamén dos leóns ante calquer acción billardeira por entolecida que pareza... é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

terça-feira, junho 21, 2011

A DEVESA INTERPARROQUIAL _011 [RIBADEO] ..... SÁE DO RABAÑO E VEN LOITAR POLO AÑO!!


Un horizonte aterrador repleto de ovellas rañas asasinas é o que pode que iste vindeiro domingo nos veña enriba para liberar ó xa mítico año mouro da LNB , trofeo polo que aloitarán as poderosas selecions parroquiais que dende as 11 h. da mañá invadirán a pista de A Devesa no concello de Ribadeo-

Ás ovellas pásalles algo...sen dúbida e ós palanadores e palanadores tamén , depois de varias edicións os corpos de varios homes para a ocasión e cando chegan istas datas sufren irremediábis mutacións añescas , se ó erguerte pola mañá nolas que a alá envolve o teu corpo , non te preocupes , non acodas ó médico nen veterinario é simpelenete que faltan só uns días para de desputa do año preto do interparroquial 2011 , aínda estás a tempo para esquilarte como deus manda xa que a pé de pista estará un experto equipo chegado directamento dende Polonia para que non te abrases iste verán e poidas lucir tipazo mentras paces. Ademáis a LNB última restaurante preto da pista para o gran xantar de irmande .....ensina os dentes e sáe do rabaño!!

segunda-feira, junho 20, 2011

VARADOS NO SONAR GALIZA : TIRA PA TRAS..... OU NON VES A VARA??


Para reviver e desfrutar do post partido analizando as mellores xogadas da espectacular nova edición do SONAR GZ , imprescindíbel ouvir á xa histórico primeiro asalto contruido case sen durmir despois de dous días cos ollos coma pratos e a pel de galiña de todo unha fantástica equipa de profisionais vestindo a camista de Radio Oceánica . Sak soltou iste domingo o primeiro dos estalos con análise e entrevistas e directos exclusivos dos artistas que acudiron iste pasado find á cidade da Coruña e o vindeiro domingo as 22 h. terás a segunda parte centrada na segunda e multitudinaria xornada do Sonar donde mentras Munchi rachaba os pratos no Sonar Club nos baños se puido ouvir a impreinate frase dun pandilla de soners galaicos: tira pa tras...ou non ves a vara??

Un festival de música avanzada cun aspecto visual impresionate , MIA , a activista de Sri Lanca da étnia Tamil deixounos cun pouso do que puidera pasar e aínda non pasou se houbera na galiza un grupo que recollera o testigo deixado polo Resentidos , son entolecido e delírios bélicos na montaxe Bollybudense , tacóns destrozando computadores coas pantallas ensanguentadas polos tiros das metralletas ó público cuxas balas elan lanzadas por unha batería fóra de serie creando o contexto ideal para a presenza do Coroceiro Nacional encabezando a delegación de rapaces co que finalizou o concerto invadindo o esceario-


Buraka Som Sistema , Mia , HHY and the Macumbas e os Sudafricáns de Die Antwoord aportaron o aspecto máis étnico do festival donde non se pode pasar por alto a fantástica e xa mítica sesión do indíxena Lugués Doutor Think movéndose coma peixe na auga no espectacular esceario Sonar Hall na súa faceta Mr. Fishman , pese a coincidir con MIA o doutor soubo conquistar a propios e estranos e "petar" de cabo a rabo a sala cuns sons inquedos, pretos , intrépidos e irresistíbeis misturados cunha actitude demoledora , enfundado nun disfraz de peixe , desfrutando como o que màis e incluso arrebolando discos ó público ...ó igual que o ano pasado Fluzo se consolidou internacionalmente no Sonar galaico iste vez o Doutor Think fixo o propio para que os que alí estivemos nos sentíramos orgullosos que que aquel rapaz fora un dos nosos , ogallá que os xefazos do Sonar conten con iste peixe para a próxima cita do Sonar que será a finais diste ano no seu estreo latinoamericán na cidade brasileira de Sao Paulo.


Aspectos alleos mais complementario ó eido musical foi por exemplo permitir fumar no recinto do Expocoruña donde se realizaba o festival e chama poderosamente a atención tamén o enganche dos soners ó fluxo das redes sociais xa que os aparellos non deixaba de chispear menos mal que a iso das 5:30 da madrugada se puido ver unha rapaza saír en padiola, unha ledicia inmensa saber que a xente aínda lle pon interes e chispa para centrarse no realmente importante cando vai a un festival que é encherse...é por iso que situados ó carón da mesa de son dos australianos Cut Copy que unanimemente facturaron posibelmente o mellor concerto de todo o festival procedemos a lanzar a mensaxe para que as equipas que desexen participar na loita do año mouro da LNB na nova edición do Torneo Interparroquial o faigan a ser posibel con fecha límite iste mates , dende Asturies a tribu Liriu xa moven ficha co comandante Hevia coma punta de lanza da expedición astur que ademáis está ultimando a preparación para o vinceiro 2 de Xullo do xa mítico Abiertu del Pitu Caleya en Piarnu donde tamén haberá presenza galaica disposta a asaltar de novo o galineiro dos veciños...tira pa tras ou non ves a vara??

domingo, junho 19, 2011

PERNAS PARRIBA, PERNAS PABAIXO....


Impresionantes sacudidas son as que minuto a minuto e segundo a segundo golpexan o alebrestrado e indomábel mundo da billarda, tal é a cousa que ás brutais accións anunciadas da find temos que sumar unha das posíbeis fichaxes nista época xa de talonarios riba da mesa que conmocionará incluso ó imperio do sol nacente xa que segundo puidemos saber unha grande estrela da nosa Liga , o palanador Viana da Faisca está en conversas coa equipa de billarda da central de Fukushima para a vindeira tempada xa militar na potente liga Nipona ó carón do coello sen orellas que é a mascota oficial dista potente franquicia xaponesa que vai por patas arriba o status quo do desporti nipón no que Viana competirá en fama , diñeiro e conquistas amorosas cos alotadores de sumo coma o grande Yokozuna Asashōryū . A Faisca demostra pois que ós seus palanadores o país xa lles queda minúsculo, despois de Xosé Migual enfortándose á xendarmería Maroquí para realizar o referencial aberto do cous cous , agora Viana prepará a súa aventura no tatami Nión...cal será o próximo en desafiar as liñas continuas??

E se falamos de desafíos temos que falar do gran Coroceiro Nacional Iván Puente que está disposto a defender e pasear orgulloso o seu título acadado en Conxo en cantos Abertos se desputen tamén en época de verán, estivo no multitudinario Aberto do Festifok de Mugardos mais alí so puido acariñas unha final que desputaron Manel e o xovencísimo Fran que foi quen conquistou a gloria de vencer no festival que bautiza a patrocina a súa poderosa franquicia, se Iván Puente amosou o poder dos sub-13 converténdose en Coroceiro nacionao de Fran xa roza o escándalo cos sub-10 amosando un nivel impresionante.

Iso foi o sábado , o domingo o Coroceiro Nacional e a súa equipa bateas tiraron cara o Aberto do Folk en Río na Conf. Centro e alí desquitáronse nun aberto de novo multitudinario e animadísimo e con presenza de moitos frontes coma a dos amezantes Remourelle Bulls Ginés e Andrés que perparan o asalto ó año mouro para iste vindeiro domingo na Devesa competindo ó máis alto nivel coa tribo estornela que tamén ultima a presenza niste referencial torneo por equipas. Ginés ocupou terceira praza , con Cristian de segundo e co Coroceiro Nacional Iván Puente vencendo e convencendo de novo, a iste paso o Coroceiro Nacionao independizará Galiza...moito màis de dúas veces!!

sexta-feira, junho 17, 2011

A GRAN POLBEIRÍA DO VARAL EN FACEBOOK PATROCINA A AXENDA DA FIND>> ENTRA E PARTICIPA ACTIVAMENTE DA GRAN FESTA!!


Non podía ser doutro xeito, niste previo de verán bratal xa se ule o polbo e o viño ás léguas , por iso que é as potas de aceiro xa se preparan para recibir a todos os famentos palanadores e palanadoras....ferve a auga e ferven os corpos polo que ven ennriba... vai collendo sitio pois na explosiva e máis concurrida polbeiría do feisbook e baixo que toldo de O Varal Billarda está disposta con Ermitas ao fronte dalo todo para que quededes màis mazados que o polbo ides comer ou botar. Niste contexto brutal de foguetes no ar e lume na terra o espazo ofial do Varal en Feisbook é quen patrocina a axenta dista find , se non tendes mesas reservada recervádea xa porque O Varal facebook como sabedes é xa aglutinador de moitísmos e entorno a el xa se coce asuntos tan transcendentaís coma a inscripción das equipas con fecha límite do vindeiro martes para o año mouro da LNB a desputar na Devesa 8 Ribadeo , festas propias , espectaculares quedadas en festas e festivais ou agasallos sorpresa para os FaceVarad@s son só algúns dos proxectos que xa se artellas baixo o toldo ao calor do viño mentras Extensión Agraria Orchesta toca en PlayBack éxitos de Atahualpa Yupanqui no palco dun remolque de tractor....Sáe do Rabaño!!

Sábado 18:

- Mugardos>> Aberto do Festifolk
Nas terras da Bezouqueira e na pista do Casino celébrase a segunda edición diste xa referencial Aberto que convertirá o serán diste festival nun tenso e intenso bulir de billas>> no ar>> 636.280513
-Barreiros


-Barreiros>> Inauguración da Casa Museo Eiro Dourado-
O pintor e activisata cultural Celso Dourado reabre a espectacular casa museo cunha festa que promete ser antolóxica , estarán os Krevisnki para por banda sonora a iste océanso de xentes que unha vez màis darán luz a ise eclipse perpétuo provocado pola boráxine do cemento do capitalismo salvaxe.>> 686.458560

-A Coruña>> Festival Sonar Gz
Non haberá billarda pero si haberá coma no Eido Dourado transito de palanadores e palanadoras artillando estratexias para o máis raiboso presente e futuro entre os beats e fluxos da música mais experimtal que se fai no mundo.>> 619.570976


domingo 19

- Touro>> Aberto do Folk en Río:
Nova edición dista gran intervención billardeira no contexto dunha gran xonada de música e vida tabernícola, as terras do Centro abren a súa gran xeira de Abertos de Verán con un super-clase...música e chuvia de viño e estornelas, quen se pode resistirse??>> 654.232108

-Xixón>> Abiertu n´ Alcordanza
Na mañá do domingo e para quen lle apeteza chuzar o charco, en plano centro de Xixón no colexio do Llano celebrarase a iso das 12:30 h da mañá o Abiertu N´Alcordanza, unha boa ocasión e inmellorábel disculpa para unir os nosos paláns ás machorras na loita dos noso irmáns do Conceyu Nacional de Liriu>> 654.947670 20:

quarta-feira, junho 15, 2011

NAS PUCHARCAS DO MONZÓN, PALÍLLANSE OS BALÓNS DA EUROPOCA, TXAMPIONS BILLARDEIRA CONTRA A ESFAMEADA FARTURA!!


Cruzar o río é un acto de fidelidade único , pedra , poldra , pasal ou bélit e nun suspiro estamos ó pe do mediterrano asistindo á histórica derradeiroa xogada que catapultou ós Primos coma a equipa vencedora do referencial 7º campinat del món de bélit . A semente da Txampions billardeira prende máis forte que o mesmísimo millo corvo no interior da gran besta ibérica que afronta así un horizonte infindo de posibilidades. E unha das posibilidade que xa nos poñen en bancexa de prata os irmáns do bélit é analizar a posibilidade moi viábel para futuros Abertos a realizar en herba ( coma o do Aberto do festival das Chaira ) en utilizar as bases de madeira que os belitistes cataláns utilizan para erguer de xeito tan espectacular os Bélits.



Un carreiro o do activismo nos paisos cataláns que ademáis do billardeiro tamén se torna referencial na actitude dise colectivo dos chamados indignad@s. Como recordaredes no pasado Play Off nacional unha comisión dos acampad@s do obradoiro achegouse ate a pista de Conxo para durante o xantar de irmandade expor os seus puntos de vista sobre o combulso panorama socio-económico actual ,xunto a eles acampados de Cangas e Ponteareas que forman parte da serpe multico da LNB tomaron parte no animado e interesante intercabio de ideas. Hoxe puidemos ver que os elicopteros e as furgonetas blindadas transportaron ós deputados cataláns ó parlamento , de seguro que son moitos os indignadísmos membros da LNB que encantados porían os seus paláns e billardas a funcionar para que ó igual que nas terras do bélit os deputados e deputadas non puideran nunca máis lixar a moqueta do parlamentiño.

E fornte toda ista marea de pedras e billardas polo ar chamuscado, cara donde se dirixe a túa ollada? ....en Mugardos chega na pista do Casino o agardadísimo Aberto de Festifolk , na centro celébrase a segunda edición do Aberto do Folk en Río no Concello do Pino donde billarda e un feixe de música , cantos e vida de taberna se van dan cita para que che coste manter o equilibrio ó final da xornada e se te atopas con forzas o doming os irmáns do Liriu en Asturies realizan un novo asalto regular da súa competición no mesmo corazón da cidade de Xixón cun Aberto incluido adicado á memoria dos músicos asturianos Igor e Carlos falecidos fai uns anos nun accidente de tráfico. Nenos e maiores xogando á billarda , podería ser Vilagarcía máis é unha vila de Pakistán , o gran ilustrador e debuxante de ilusións chamado Antón ponnos na pista con ista espectacular video-estalo baixo as corrdenadas do Gilli Danda do estilo no que xogaba el á billarda de cativo , algo que nos dixan sen fala ó igual que nos podemos quedar todos cando vos vexades retratados no libro infantil de temática billardeira que Antón está artellando para o que podedes ir seleccionando as vosas melores fotos se queredes saír retratados como palanadores ou palanadoras do gran Play Off Nacional donde o prota do libro participará xunto con tod@s os que lle mandedes fotos o máis claras posíbeis do voso rostro e rasgos, atentos porque seguiremos informando...é un xogo si, màis tamén un amor alebrestrado!!

terça-feira, junho 14, 2011

SOLIDARIDADE INTERNACIONALISTA >>IVAN COROCEIRO NACIONAL ETA XALA TXAPELDUM!!


Impresionate todo o que se está a cocer no univeros pelotari na irmán Euskal Herria , seguidores confesos do referencial MANISTA.COM , non podemos parmanecer máis tempo alleos ó pesadelo do gran pilotari de Iparralde Ives Xala , clasificado para desputar a máis importante final da tempada para loitar pola Txapela , unha afección de apendicite fixo que os responsábeis diste deporte pasaren por riba das peticións de aprazamento do lekuindarra para poder xogar a final unha vez recuperado da súa enfermidade.


Para a final do 3 de xullo os responsábeis da Liga de Empresas xa teñen chamado ó terceiro clasificado para realizar , de producirse, unha final a todas luces impropia e inxusta con Xala e co propio Txapeldum que saia dela, pelotaris , expelotaris e moitos palanadores e palanadoras da galiza apoiamos as xestions de aprazamento de todo o equipo de Xala para desfrutar dunha final plena e xusta. É absolutamente reseñábel para nós que isto aconteza no contexto dun deporte irmán con centos de anos practicándose de xeito profesional , se istas cousas pasan na pelota basca que naide se tire dos pelos nas pistas de billarda.....Aupa Xala!!

sábado, junho 11, 2011

"GILLI DANDA ONE MINUTE FILM" , A SEMENTE DO POSÍBEL PRIMEIRO GRAN FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE BILLARDEIRO!!


Foron xa varios os escarceos que a LNB fixo co cinema , curtas , montaxes e os diferentes e míticos estalos creador por TELE-VARAL en clave socio-billardeira son un referente clave para enterder a evolución diste noso grande entramado no que as interconexión isternacionais son un punto de inflexión , iste sábado os irmáns do Casal de Sants de Barcelona celebran o din de tempada da 7º edición do Campionat del món de Bélit donsde a equipa catalá-galaica con varios intergrantes da Auténtica nas súas filas chegou ate as series finais tocando coa punta da gloria que ó final foi para Los Primos. Son moitos os xostregados mais a impresionate achega en clave Hindú que nos apresenta ista gran creación titulada GILLI DANDA ONE MINUTE FILM fai xa pensar na mais que necesaria irrupción na Galiza dun Festival Internacional de Cine Billardeiro , sen máis dilacións ....prevenidos , acción e adiante!!

quinta-feira, junho 09, 2011

INTERCONEXIONS SONORO-BILLARDEIRAS CON CUNTIS DE NOVO COMA EPICENTRO DO FERVEDOIRO!!


Falabamos fai uns días do espectacular estalo e o poderoso paso adiante que os irmáns do Ferverdoiro de Cuntis deron ó subir a faixa do Aberto de Billarda ó esceario sendo iste evento o eixo central dun explosivo festival na noite . Iste venres de novo a festa invade Cuntis e de mans da referencial Brisas do Quenlla da Pontraga -Tordoia- , asociación formada por palanadores e palanadoras do Sporting da Pontraga da Conf. Centro que en Cuntis trocarán paláns por ferriñas , imposible non facer referencia ás potentes pandereteiras Bouba que forman parte da expedición e imposible non recordar aquel histórico Aberto de Lituano coordinado por elas>> "Coma nos vellos tempos ,Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras. Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.

Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada. Bótalle un agarradiño, bótalle un agarradiño que van entrar a bailare os mozos de Vilariño”

DO DUF 2011 - festa para o diálogo intercultura Ó AMAL para o encontro billarda-gilli danda!!


E de interconexions entre universos paralelos coma o de oriente e occidente é tamén do que trata o festival para o diálogo de culturas que ista find se desenrola na Coruña, alí estivo o directos do festival de cinema árabe de Compostela AMAL no que de seguir asía as cousas sería un marco perfecto para o encontro Billarda-Gilli Danda.

DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
“A Música como fenómeno transcultural” Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe) , consulta o programa completo porque iste venres na espectacular grella de saida están os irmáns billardeiros de Maghua.

quarta-feira, junho 08, 2011

NEXT MUSIC STATION >> O AÑO PRETO DA LNB NA PISTA DA DEVESA ( RIBADEO)!!

E forzosamente polo movemento impredecébel da serpe multicor temos que continuar en clave billardeiro-musulmá xa que ó ver que os compañeiros do referencial programa Alalá se sumerxen no noso xa imprescindíbel espazo Facebook oficial do Varal e no que ti se nos estás...xa estar tardanto en meterte en fariña , pois que mellor que o Alalá como punto de partida para nun futuro meternos nun dos bagóns de xeo e lume pilotado polo comande Muguruza nas ferventes vías de emisora irmán de Al Jazzira.


NEXT MUSIC STATION é o espectacular programa no que ó estilo dun imposible alalá musulmán o león asmático de Irún apresenta ós famentos ollos de oriente e occidente o máis florido e combativo do actual panorama musical dos paises musulmáns, fai un par de semanas escomezou coma a LNB a súa xeira billardeira , en Marrocos , cada sábado pola noite no streaming de Al Jazzira poderedes velo , o video-estalo diste post pertence ó trailer do programa adicado a Iemen. Sen dúbida Muguruza fai xa moitos anos que está inspirando aínda que quizais el non o saiba ,a forza dista revolución imparábel que un día el nos transmitíu dende un esceario da por desgraza desaparecida Sala Nasa de Compostela. Festifolk na Bezouqueira, Folk in Río na Centro ...e moitos máis estalos nista furiosa xeira de Abertos de Verán que o vindeiro DOMINDO 26 DE XUÑO na espectacular pista da Devesa ( Ribadeo ) ten unha parada obrigada para cun espectacular año de por medio, equipas que queiran participar que vaian afiando os coitelos para loitar polo año e póndose en contacto para organizar a grande festa billardeira por equipas na Norleste>> 605.316896

terça-feira, junho 07, 2011

PRIMEIRO CONTACTO DA LNB CO INTEGRISMO BILLARDEIRO NO ABERTO DO COUS COUS DE MARRAKECH...MOITO BEREBER E MOI POUCO QUE BEBER!!


Mentras os irmáns das tribus galaiko-bereberes do Centro continúan na súa cruzada sobre as medidas de paláns e billarda pondo en marcha unha enquisa na súa web oficial coa que tantear ás dferentes opinions sobre o tema na serpe multicor, e mentras iso pasa unha outra cruzada moitísimo màis grave e perigoa se tinxíu sobre os palanadores que tentaron levar adicnate o explosivo Aberto do Cous-Cous de Marrakech , persecución da polía marroquí e a imposibilidade de montar a cantina na Haima-LNB desencadearon unha cadea de acontecementos que pouco máis acaban co Califa da Faisca Xosé Miguel ( Moaña ) e os seus acompañantes pudríndose nunha cadea marroquí durante anos ó mais puro estilo expreso de medianoite , por sorte os activistas billardeiros xa están con todos nosoutros de volta e con lingua e brazos para contalo, ahí vai o seu extremecedor foto-crónico:

Cando o Aberto do Cous-Cous estaba a piques de comezar, e centos de espectadores agardaban este esperado acontecemento, a policía Marroquí acudíu alertada ao set-cantina que a LNB montara na plaza Djemaa El Fna alertada por comerciantes locais pola venta de bebidas alcoholicas. Ao chegar a policía e ver que se vendía licor café, e ver que os siareiros alxerianos que viñeran a animar a súa selección que xogaba ese mesmo día contra Marrocos en Marrakesh estaban armados con paláns e bebendo licor café amenazou a cantina que era ilegal o consumo de alcohol en Marrocos e que para disputar o Aberto tería que deixar de venderse alcohol.

Celebrouse unha asamblea entre os participantes do aberto e decidiuse por unanimidade suspender o aberto e acudir a un lugar liberado en Marrakesh onde a cantina LNB puidese funcionar con normalidade.

En Marrocos, moito bereber e moi pouco beber.

segunda-feira, junho 06, 2011

OS BRUTAIS ACONTECEMENTOS DO I ABERTO DO COUS-COUS DE MARRAKECH ENSOMBRECERON Ó DERBY DO MAGREB ENTRE MARROCOS E ALXELIA!!


Foron centos os incrédulos que se rías polo "baixini" cando se anuciou o Aberto do Cous-Cous en Marraquech , pois ben , clavade ben os ollos niste visión aerea da espectacular plaza Djemaa El Fna coa mesquita de Koutoubia ao fondo , xa que ó caron da mesquita se desenrolaron as alebrestrados acontecementos que case ramataron nun conflicto diplomático entre Galiza e Marrocos . Nistes intres está no ar a pomba que trae a espectacular crónica da primeira acción LNB en territorio africán e musulmán , unha aposta polo reforzamento do eixo de mal no cal a billarda é un punto de conexion irreflutábel entre culturas irmáns coma a galaica e a bereber, máis xa podemos adiantar que a intrusión de elementos externos coma o partido de futbol clasificatorio para o Copo de África entre Marrocos e Alxelia puido marcar o primeiro secostro express de activistas LNB no magreb, canto estaría disposto a pagar Feijoó de producirse a detención distes palanadores xa que ó ser confundidos con siareiros da seleción alxeliana tiveron que facer fronte a varioas ducias de marroquís enfervorizados , isto unido á defensa á ultrnnza da independencia dos irmáns Canarios xa que ó principio de acordo para a celebración do Aberto no que a LNB asumía a marroquidade de Ceuta e Melilla os guias e demáis palanadores marroquís empeñábanse en meter ó povo canario ante a total oposición dos activistas LNB que defendían a livre autodeterminación das illas , todas istas discusión con paus e billardas polo ar fixeron que aparecera en escea axentes da xendarmeiría marroquí....sen dúbida se os irmáns de Filmika Galaika queren argumento para unha peli , o alakrana ó carón disto dunha auténtica pijada, atenos porque en breve as explosivas imaxes e o crónico do máis perigoso Aberto de todos cantos se ralizaron ate o de agora na LNB , pega os fuciños porque chega a brutal foto-reportaxe do I Aberto do Cous-Cous de Marraquech!!


Sen dúbida o poderoso universo musulman comeza a afiar as billarda e a LNB cada vez está máis preto de establecer contactos co integrismo billardeiro ,e non só iso xa que atención porque non podemos mais que agradecer o enlace do web-blog irmán virxe do karma que nos puxo sobre a pista dunhas fotografías capturadas por el en plena rúas da cidade sagrada do hinduismo Varanasi para demostrarnos que o Giili Danda coma a Billarda está mais vivo e belixerante ca nunca ...Musulmáns, Hindús e galaikos unidos pola revolución billarda!!

IVAN DOS BATEAS COROCEIRO NACINAL E LOS PRIMOS VENCEDORES DO 7º CAMPIONAT DEL MÓN DE BÉLIT!!


Ate o de agora tiñamos claro que O Coroceiro Nacional independizara a galiza dúas veces, mais despois de ver iste histórico estalo no que Ivan Bateas é in¡vadio pola Coroza da LNB cedida polos irmáns do Restaurante a Gata Meiga de Poio e sabendo que as forzas de represion en forma de comisarios da consellaría de educación no instituto no que milita o machacan sistematicamente pola súa actitude billardeira nas aulas podemos dicer que independiza galiza cada vez que salta á pista e golpexa a pincha co seu palán. Un campións nacional absoluto ademáis que o é aínda moito máis polo nivel impresionate de tódolos seus contrincantes , refregade ben os ollos porque ademáis de desfrutar co lume arrasador de Iván Puente na pista de Conxo poderedes ver por primeira vez na história como se coroa e como fala un Auténtico e xenuino Coroceiro Nacional da LNB...noraboa Iván porque contigo á fronte Coroceir@s Nacionais somos tod@s ate que se demostre o contrario ......ou haxa que pagar por elo!!

LOS PRIMOS CAMPIÓNS DA SÉPTIMA EDICIÓN CO CAMPIONAT DEL MÓN DE BELIT!!


E coa febre e a intensidade do Coroceiro Nacional a competicón irmá da LNB nos paisos cataláns coroa tamén os seus campiós nacionais que son nada mais e nada menos que Los Primos unha franquicia que logrou derrubar a hexemonía que marcaban os Bons e MiniBons e que se enfronta ó desafío brutal de representar ó universo belit nista tan desexada txampions ibérico-billardeira na que Os Bateas terán que utilizar a súa segunda equipación para non confurndirse co azul dos Primos. Despois de seguirmos con intensidade a evolución da franquicia galalico-catalá de Casus Sants só podemos dicer que é un oggullo para toda Galiza que resistiran ate o tramo final da competición ate o último intre metidos na pomada deixando claro que o obxectivo de Casus Belit é a oitava edición do Campionat del Món de Belit para a que xa se moven fichas para incluso reclutar palanadores ou palanadoras galegas da LNB...bélit sempre, adiante co Varal!!

domingo, junho 05, 2011

DANIEL DOS B.M FAISE COAS FILLOAS DO ABERTO DE MUIMENTA NUNHA FINAL ANTOLÓXICA CONTRA UN BÚFALO INDOMÁBEL CHAMADO MARTINHO!!


Lume na pista de Muimenta e lume na lareira dos irmáns de Xotramu para facer as referenciais filloas con denominación de orixe coa que premiar ós primeiros clasificados niste xa consolidado Aberto na chaira luguesa que dispara o fantástica xeira de Abertos no verrán inmenso que nos agarda. Como se anuciou unha vez máis en tempo real dende a propia pista de xogo unha vez rematado o Aberto cunha participación record chegando case ó medio cento de perticipantes , dende o referencial e buliciero Facebook oficial do Varal no que se aínda non estas sumerxido tes que mergullarte xa, puidose ver que o do Nadal e Federer en París foi unha mixiricada comparado co enfrontamente na final do Aberto da Filloa entre Daniel dos B.M e Martinho dos Remourelle Bulls , triunfo final para o palanador dos Billardeiros pero depois de suar a gota na pista e se unha cousa quedou clara ademáis que de que a LNB xa está na chaira máis asentada ca o marraxo na auga é que os míticos Remourlle Bulls van aproveitar a fondo a pretenpada para facerle fronte ás dúas grandes potancias que polo de agora dominan no Norleste...Noraboa a Daniel e como o grande referente nista nosa República Billarda falou en Conxo e falou ben , para o comandante Manu da Faisca todos os Abertos, ben por decreto ou por aclamación popular debería ter adosado un premio gastronómico, ide afiando os dentes... primeiro o orgullo e despois o bandullo!!

ABERTO DE FLORES, UN ABERTO QUE MARCA ESTILO E ÈPOCA NA LNB!!


O nevuloso das imaxes é sen dúbida producida pola xeada emocional que tinxíu as pupilas de tod@s cantos desfrutaron do tan agardado e desexado I Aberto de Flores, en honor da grande figura do noso seleccionador nacional pódese dicer que foi e é sen dúbida o catalizador e posuidor da batuta para que a gran orquestra da LNB interprete a mellor das sinfonías como aconteceu iste sábaod en San Miguel


Flores xa viña de lonxe preparando iste grande estalo billardeiro , inclusivo na sesión televisiva da LNB xa apresentou nas cámaras da galega a s camisetas coas que agasallou ós participantes.


Guille , o palanador dos Outros conrinúa en racha e non desptoveitou a oportunidade de lucirse fronte os ollos do seleccionador nacional que ademáis de tomar notas no seu caderno técnico cos xa míticos bolígrados do Aberto de Flores tamén asinou billardas , especial mención ó intre de encontro brutal no que Flores depois de fotografiarse con Ivan dos Bateas que retrasou incluso unha kedada cos amigos en Portonovo por estar xunto a Flores e apresentarlle o tñitulo de Campión nacional xa que o seleciconador non puido estar en Conxo como todos sabemos e notamos de falta.


E xunto co Aberto de Flores na bezouqueira celebrávase o Aberto do Pote en Maniños donde Fran unha das grandes sensacións no Play Off Nacional , xovencísimo palanador dos Festifolk arrasou no que foi un previo de luxo para ista grande equipa das terras do Eume que xa prepara oa asalto ó seu propìo Aberto do Festifolk. Máis unha imaxe rachou mitos , se sabemos que a Coroceiro nacional independizou galiza....dúas veces , a terrorífia imaxe do actual posuidor da Coroza xogando a ise desporto minoritario chamado futbol temos que situala nun contexto de apoio ó Aberto que a isa mesma hora se desputada en Belvis coordinado por Siareir@s Galeg@s , simplemente queremos tranquilizar isas voces que teiman en ver no Coroceiro nacional un ser superior , que o é, mais ollalo xogando ó futbol esixen case a retirada da Coroza. Con Ivan e o resto da tribo desfuranto do magnífico ambiente que sitou na canastra anexa ó campo de xogo a redención de mitos do basket galaicos coma o gran Magic Regueiro do CB Meira que xunto con Carme, Martinho, Marcos , Bea e un Xosinho mutado en Bodiroga realizaron un fantástico 3 x 3 ate que a iso das 23 h. tiveron que deixalo por falta de luz , ó caron tamén estaba a gaiola de Padel , espazo que xa ten reservado a grade sonora de Extensión Agraria.....bezóns Flores por ser así e compartilo co resto, Flores sempre, adiante co Varal!!

quinta-feira, junho 02, 2011

O ESPANTALLO DE CONXO FIXO POSÍBEL O MILAGRE DA ESPECTACULAR COLLEITA BILLARDEIRA TAN SÓ UNS DÍAS DESPOIS DO PLAY OFF NACIONAL!!


É moi posíbel que ante a intensidade e a fereza coa que os palanadores e palandoras entraron e saíron do Estornópolis de Conxo non repararan na espectacular figura do espanatallo en funda que facía que pegas, corvos e merlos o pensaran dúas veces antes de pousarse na leira. Pode ser pois que isto influira para que a semente de intensidades e emocións billardeiras sementadas en Conxo tan só unha semana despois broten os froitos fortísimos da leira estercada pola paixón e o Millo Corvo. A boi bravo , rego largo...isa é a máxima coa que a LNB xungue o seu arado de vertedeira porque ista find imos sementar a eito:

Sábado 4:

-ABERTO DE FLORES
Non é un chiste nen moito menos , o gran seleccionador nacional realizará iste gran test aberto a tódolos palanadores e palanadoras para conformar os próximos embites da Auténtica , a cita será en San Miguel ( Barreiros ) 16: 30h / xantar de irmandade no Restaurante Último Cuple . Contacto e reservas >> 605.316896

-ABERTO DO POTE EN MANIÑOS ( NA BEZOUQUEIRA)
O espazo xa coñecido polos afeccionados e palanadores localízase na pista da Sociedade O Pote de Maniños. A partir das 17.00 h, logo dunha churrascada antolóxica haberá billas polo aire nas terras bezouqueiras! Contacto>>636.280513


-ABERTO SIAREIR@S GALEG@S NO PARQUE DE BELVÍS ( COMPOSTELA )
No marco das festas populares da capital galaica os siareir@s unha vez máis acompañan os golpexos á pelota co palán no puño e realizan unha nova acción billardeira no campo base no corazón da propia cidade de pedra, a cita apartires das 16:30 H. Contacto>> 651.025249

-I ABERTO DO COUS-COUS ( MARRAKECH- MARROCOS )
Iste sábado por primeira vez na história as billardas da LNB invadiran terra africana e musulmá, coordiando polo referencia palanador da Faisca Xosé Miguel ( Moaña) botará a andar iste primeiro e impredecíbel Aberto galaico-marroquí para apoiar a volta de Ceuta e Melilla ó país que lle corresponde de seu. Se vas andar por isas lares non deixes de unirse á tribo dos perigosos tuaregs da billarda . Contacto>> 627.780891

Domingo 5

-ABERTO DA FILLOA DE MUIMENTA
No marco da feira dos xogos tradicionais XOTRAMU , realizarase a segunda edición diste Aberto apartires das 16:30 h. que terá tamén xantar de irmandade . Reservas e Contacto>> 636.843377

-ABERTO DE BILHARDA ANIVERSARIO NOS-UP
No marco da celebración do X aniversario dista organización soberanista galega NOS-UP realizarase no campus sur da Universidade de Compostela un explosivo Aberto de Billarda...que quere soprar velas se pode arder facendo varados? >> 633.410401

O COROCEIRO NACIONAL#LIPDUB , BILLARDA#LIPDUB XA!!


Comentaba Sak despois de sentir as verbas do Coroceiro Nacional dirixirse ó páis enterio dende a palestra nocturna do Planeta Furancho que se ó can de palleiro só lle faltaba falar...ó grande Ivan Puente proclamado en Conxo Coroceiro Nacional, nen iso necesitaba xa que falaba de sobra na pista coa súa actitude e co seu xogo apisoadora. Tele-Varal ofrece unha reseña da súa brutal xeira nista súa primeira tempada na LNB coa que foi capaz de cubirse de xestas e gloria.


A elección de Iván do tema de Obrint Pas para xogar na pista segundo as declaracións do propio Coroceiro Nacional, parte da visión do espectacular LipDub catalá , na GaLiza estase a traballar na realización dun perfomance visual distas características no que a LNB terá un moi importante peso específico , todo iste examio de sons, letras e actitudes dispara a posibilidade para que a LNB realice un LipDub propio no que participarían os palanadores e palanadoras de tódalas conferenicas, arrinca pois a elección de canción para o LipDub billardeiro, para que vaiamos pensando nada mellor que coller e botarlle un ollo ó novo número da revista A Bilharda orientado ó poderoso universo lusófono do que tod@s formamos parte...bilharda sempre , adiante co LipDub!!

quarta-feira, junho 01, 2011

TELE-VARAL E RADIO CABALINHO ....O PULSO ACELARADO PARA AS FINAIS NACIONAIS FEMININA E DE VARADOS!!

Dende as primeiras horas da mañá do pasado domingo moi poucos palanadores e palanadoras puideron dormir tranquilos sen repasar insistentemente sobre o colchón de follas de Millo Corvo imposíbel unha e outra vez os golpexos atinados e errados na pista de Conxo , xogadores , siareiros, árbitros, delegados , coordiandores e un longo insomnio ilegal de etcéteras asexan en foma de pantasma na longa noite de pedra de cadanseu palanador ou palanadora. Reyes, a maxistal palanadora dos Outros proclamada nova campioa nacional feminina nunha espectacular final fronte á emerxente figura da Conf. Centro Raquel , é sen dúbida unha das que escorrentes sen problemas calquera pesadelo xa que o xogo despregado na pista foi sinxelamente arrebatador, unha campiona nacional que xa o era coa súa implicación e o seu xenio despregado en cada Aberto simplemente chegou a Conxo recoller o que dende fai varias tempadas xa lle pertencía. Noraboa a Reyes e a todas as palanadoras cuxa actitude e compromiso é un perpétuo referente e reflexo para toda a serpe multicor da LNB...palanadoras sempre , adiante co Varal!!

E se Reyes afirmaba nos micros de Radio Cabalinho que o seu segredo para voltar cara Ribadeu co título de campioa nacional eran os grelos , o seu veciño dos Billardeiros Musicais Daniel , non destapou a súa pócima segreda cal cal se fixo co título Nacional de Campión de Varados nunha final na que de novo un único varado foi o que chimpou ó máis alto do pódium ó gran palanador Musical e Ribadense. Felicitaciós a eito para todos os especialistas en Varados e atención porque tanto o campión nacional de varados coma a campioa nacional ista find afian as billarda para nas terras do NorLeste iste sábado en San Miguel ( Barreiros ) participar no gran Aberto de Flores e o domingo invadir a feira de xogos tradicionais de Muimenta Xotramu na segunda edición do Aberto da Filloa....Varados Sempre , adiante co Varal!!

RuAn E SAK...GAÑADORES DAS ESPECTACULARES ESPIGAS DE MILLO CORVO DO COROCEIRO NACIONAL FACTS!!


A irrupción por primira vez na históra do Coroceiro Nacional non podía producirse sen a espectacular e poderosa carga de etno-mitoloxía literario-billardeira que supuxo a nova edición do concurso de microrrelatos coordinado polos irmáns de latri.ca que ista edición como non podía ser doutro xeito tivo a explendorosa figura do Corocerio Nacional coma catalizador dos estalos e a un feixe de espigas de Millo Corvo coma único premio posibel para obsequiar á furia creativa do ou dos elexidos polos xurado popular formado polos comensáis da xantar popular de Conxo. Agradecementos inmensos a todos os que aportaron os seus estalos literarios no espazo latri.ca para de xeito alebrestado construír a brutal e complexa mitoloxía dise referencial ser chamado Coroceiro Nacional


RuAn , colectivo creativo baixo o que actúa o activista Antón Romero de Vilagarcía , debuxante e ilustrador que xa realizara a impactante imaxe inspirado no microrelato vencedor na anterior edición ista vez colle o bou da chega polos cornos e faise coas espigasde Millo Corvo que o acreditan coma vencedor do Coroceiro Nacional Facts, atención porque entono a RuAn vai haber novidades de moi importántísomo calado>> Coroceiros Nacionais somos todos ate que se demostre o contrario....ou haxa que pagar por elo.

Sak , o gran palandor dos Filloas de Sangue e conductor do referencial Radio Oceánica que iste domingo ten outra auténtica espiga de Millo Corvo preparada para agasallarnos a tod@s cunha entrevista que se prevé antolóxica face a face co director do Sonar. Gañador da primeira edición do concurso de microrrelatos billardeiros que saboreu o exclusivo licor café da Licoreiría Ilegal Edelmiro , volta ó máis alto do podium literario bilardeiro acadando as fantáticas espigas de Millo Corvo autóctono de Bueu que por obra e graza do Coroceiro Nacional conquistará tamén a terra fertel dos Ancares >> O Coroceiro Nacional independendizou Galiza...dúas veces.

E mención especial e Millo Corvo tamén para o poeta Vicente Araguas que apadriñou iste explosivo Coroceiro Nacional Facts cun Haiku Billardeiro que se está a converter por forza propia no novo aturuxo de guerra para toda a tribo LNB >> Billarda: é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado