O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 31, 2011

O IMPARÁBEL TSUMANI BIEITEIRO INVADE TAMÉN A CELEBRACIÓN DOS ¨QUIRINAL LIRIU ESPOR¨ CAMPIÓNS NACIONAIS DO CNL DE ASTURIES!!


Imposíbel para o inimigo deter a brutal ofensiva bieiteira que está a invadir a todo o universo billardeiro, de titánico se pode considerar o esforzo dun palanador que ista find asistíu a unha boda e tivo que soportar a terríbel desfachatez dun brinde colonial feito cun cava de fóra , bodas gays , hetero e de gardacivís ( na que fai un par de semanas se puido ver desfrutando¨de lo lindo¨ a un grande palanador dos Lideiras ) NUNCA MÀIS SEN ESCUMOSO BIEITERIO- E para que iso non acontaza a LNB xa estableceu ademáis da xa coñecida base de produccón en Nogueira de Muñiz unha outra factoría do máxico churume en Remourelle para en breves cada celebración que se prece poder dispor en calquera punto do país dos xa indispensábel tsunami de ledicia e emoción que representa cada grolo e moladura de Escumoso Bieitero.

QUIRINAL LIRIU ESPOR , CONFIRMA A GRANDE SORPRESA EN PIEDRAS BLANCAS Ó CONVERTERSE NO CAMPIÓN NACIONAL ASTURIANO_11 DO Conceyu Nacional de Liriu!!


E iste domingo só faltou unha regadura de Escumoso Bieiteiro para no gran teatro dos soños da Auténtida en territorio Asturiano, A pista cuberta de Piedras Blancas, poder celebrar o espectacular triunfo dunha das equipas fundacionais do CNL , Quirinal Liriu Espor , despois de varias tempadas mantendo o tipo foi precisamente nista na que o equipo con sede no barrio da cidade de Avilés logrou conqueirir o triunfo nacional do país Astur. Pravia e o Comanadante Hevia brindaron con sidra autóctona xunto co machetador galaico da súa equipa Xermán nunha nova data histórica para deporte Liriu e adicaron o triunfo ós seus compañeiros e siareiros que arrimaron o ombreiro durante toda a tempada e confiaron dende sempre nista alebrestada proposta na que a principio de tempada naide podía prever iste gran final- Luis de Espora venceu no Aberto posterior , machetador intratábel tanto na serie de equipas coma no abiertu e puxo punto e seguido a unha aventura que moi pronto terá a Auténtica defendendo a Copa Cantábrica....Liriu Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, julho 29, 2011

A PODEROSA METAMORFOSE BILLARDEIRO-POÉTICA INVADE AS TXIRIKILAS DE PASAIA E AS PISTAS DA LNB!!


ISTA FOI A PRIMEIRA E BRUTAL METAMORFOSE POÉTICO-BILLARDEIRA QUE PERPETRARON COINCIDINDO CO PASADO DÍAS DAS LETRAS E INDOMÁBEL TRIBO DO NOROESTE PARA HOMENAXEAR Ó REFERENCIAL LOIS PEREIRO , POÉTICA SALVAXE Á IMAXE E SEMELLANZA DISTA ACCIÓN É A QUE SE COMEZA A ESPALLAR NAS PISTAS DA LNB CON PALANADORES E PALANADORAS QUE CADA VEZ CON MÁIS ENTUSIASMO UTILIZAN A SÚA BILLARDA COMA ALTOFALANTE POÉTICO DAS SÚAS INQUEDANZAS , UN FEITO DE EXPRESION E LIBERACIÓN PÒÉTICA QUE RECOLLE A FILOSOFÍA DOS IRMÁNS DO COLECTIVO TINTA DE LURA CUXA TEIMA É A DIFUSIÓN POR MEDIOS ALTERNATIVOS E NON CONVENCIONAIS DOS VERSOS E DA FURIA NECESARIA , UNHA ACCIÓN QUE VAI SER A QUE ULITILICEN A DOS IRMÀNS DA TXIRIKILA-BAI DE PASAIA QUE ISTE SÁBADO VAN ULITILIZAR TXIRIKILAS E BILLARDAS CADA UNHA CO NOME DUN DOS ACTIVISTAS DA VILA SECUESTRADOS POLO ESTADO - ELIXE O TEU POETA , LIBRO OU VERSO PREFERIDO E DEIXA QUE A TÚA BILLARDA FALE POR TI!!

quinta-feira, julho 28, 2011

MÁIS LEÑA É A GUERRA...TECENDO OS CAMIÑOS DE FERRO PARA O GRAN COMBOIO DE LUME E XEO DA LNB!!


O combio da LNB continúa na súa xeira máis potente ca nunca, máis leña que é a guerra!! isa é a consigna que tamén utiliza o maquinista do tren que nos leva a toda hostia dende o Obradoiro ata calquera punto do universo donde haxa un palanador ou palanadora con gañas de montan un Aberto sexan cales sexan as condicións e condicionante. Ista find os bangóns irán repletos de xente para o sábado participar no gran desafío deportivo montado entorno ó festival Da Mocidade en Xinzo de Limia dos irmáns de Aguilhoar, as olimpiadaS inter-pobos terán como non podía ser doutro xeito á billarda coma un dos seus grandes puntos fortes da xornada xunto con outras disciplinas irmáns e un cartaz de auténtico luxo...


Contacto e inscipción para o inter-pobos : aguilhoar@hotmail.com


Tecemos pois un labirinto inmenso de camiños de ferro que ademáis de a Xinxo iste sábado fixo posíbel que o pasado día da Patria os irmáns de Casus Bélit estiveran con tod@s nós compatrindo un histórica xornada de bélit e lume en Compostala , o mesmo camiño de ferro que comunica o noso combio coa mítica pista de Piedras Blancas en Asturies donde iste domingo os a tribo Liriu celebran o seu derradeiro asalto puntuábel da tempada, o mesmo camiño de ferro que está abrindo a posibilitando que un samurai da LNB na cidade xaponesa de Tokio esteña tentando desafiar o deporte rei do Sumo para celebrar o primeiro Gran Aberto de Billarda en chan Nipón , é por elo que vos animemos a que botedes un ollo á impresionaNte axenda de festivais e vaiadaes a donde vaiades en carro ou combio metades na mochila palán e billarda para montar un Aberto donde creades convinte e necesario e coma aconteceu no referencial Aberto de Manzaneda se non hai varais a man situar dúas botellas de cervexa ou licor café e adiante, é por elo que se prepara a edición dixital do Manual do activista LNB que comprime nuns brevísimnos postulados , incluida unha folla coas casiñas para enfrontamentos, os puntos claves para por en marcha un aberto de urxencia , atención porque a máxima diste acción expansiva que se vai por en marcha será: LNB, SITIO DISTINTO ....ESTAMOS EN GUERRA E NON HAI QUE REFLEXIONAR!!

quarta-feira, julho 27, 2011

PINTO ELIXE TELE-VARAL PARA LANZAR AS SÚAS PRIMEIRAS VERBAS DE RESISTENCIA COMO ZOQUEIRO NACIONAL!!

Verbas a lume de carozo do recén coroado polos pés novo Zoqueiro Nacional, Pinto, o referencial palanador da Faisca non entende o noso desporto nacional sen o espectáculo polo que venceu e convenceu cunha actuación antolóxica na finalísima a tres fonte a Joam e a Carme . Pinto ao ritmo do único grupo que Conde Roa non puido ilegalizar , o electróxeno que alumeou a pista do Burgo das Nacions , amosou a faciana e as verbas da Resistencia Billardeira que niste día da Patria ergeu máis alto ca nunca os paláns , o Zoqueiro Nacional despide a conexion con Tele-VaRAL facendo referencia á boa climatoloxía reinante en Compostela para afrontar o agardadísimo desafío BÉlit fronte ós irmáns de Casus Bélit . E foi iso o único elemento que os de Sants non nomearon no seu espectacular análise do histórico partido que vía nacer á sección belit da LNB, a Gentalha Patriótica liderada por Marta e Pinto colleron por sorpresa ós Casus e cunha defensa de luxo liderada polo campión olimpico Xosé Miguel que lazaba patadas defensivas como se a un almera gris se tratara fixo posíbel que a sorpresa invadira a pista do Burgo cun marcador favorábel á Gentalha Patriótica por 210 palas- Menos mal que os irmáns de Casus Bélit non fixeron a proba de dóping xa que moitos dos palanadores galegos botaban Nandrolona e Epo polo ollos , sen dúbida o mellor do resultado foi a sensación por unha e outra parte que isto necesita unha revancha en terras cataláns para aclarar as cousas e porque non , o 11-S , día da Diada en Catalunya pode ser unha boa data para que a Gentalha reafirme o seu poderío no universo Bélit.....

terça-feira, julho 26, 2011

Crónico Bélit: ¨A GENTALHA PATRÍOTICA¨ DÁ A GRAN SORPRESA NO HISTÓRICO DESAFÍO BÉLIT FRONTE ÓS POTENTES CASUS BÉLIT!!


Nistes intres palanadores da recén estreada franquicia LNB Spartak de Muimenta están camiño de Mongolia para a desputa dun Rally solidario montados nunha poderosa furgoneta da escudería Madia-Leva que foi unicamenta probada no transito Muimenta-Vilalba . No Burgo das Nacións no día da Patria e ca compaña dos irmáns de Casus Bélit un outro desafío internacional fíxose realidade , a pé de pista naceu A Gentalha Patriótica , o combinado galego avanzadilla da Auténtica , afrontaba o reto brutal da inmersión bélit fronte ós todo-poderosos Casus Bélit de Sants que pese a estar na Galiza sen a súa gran estrela Pakistaní afrontaban o reto cun potentísimo equipo_ e coma mostra o explosivo crónico dun Rubén Otero que con isto e un viscoito chegou á casa case ás oito, desfrutade das imborrábeis pegadas dunha tarde histórica:

Crónico Bélit: A equipa galega da Gentalha Patriótica venceu ao combinado catalán do bélit por unha vantaxe total de 210 palas. Despois do brutal Aberto da Patria , Pinto , o recén coroado Zoqueiro Nacional capitaneou á Galiza no seu enfrontamento contra os compañeiros chegados de Catalunya para celebrar con nós o día da Patria. Pola Gentalha Patriótica xogaron ademáis de Pinto os finalistas do aberto de billarda Joam e Carme , Luis e Ana de Bateas , Otero , Xosé Miguel , Sak e as grandes revelacións da xornada , Calcio, Regueiro , Mari e a nomeada indiscutíbel MVP do Torneo a luguesa Marta que no intre máis crítico do partido foi quen de chapar e anular un lanzamento do combinado catalán que poría aos noso contra as cordas...

A Gentalha Patriótica da Gz comezou moi forte en ataque o partido e por dúas veces consecutivas sumou as 100 varas máximas que permitía a pista do Burgo e que os situaba con vantaxe no marcador , pero donde atopou o seu gran punto forte foi na defensa. O noso combinado soubo cerrar todos os espazos na pista e os golpes dos belitistas cataláns ou ben
caían en mans galegas ou eran rexitados con contundentes patadas defensivas que os facían recuar.


Ista defensa Irmandiña subíu moitos enteiros a motivación do equipo que aumentaría a vantaxe na segunda rolda de ataque, e os fixo infranqueables na última quenda defensiva consumándose así a sorpresa no marcador final. O resultado máis aló do marcador final foi unha tarde entrañable de diversión e festa compartida cos amigos de Casus Bélit , debutantes na LNB e que agardan que unha delegación galega poida estar o vindeiro once de setembro na Diada para afrontar a revancha... grácies companys!

segunda-feira, julho 25, 2011

PINTO DA FAISCA FAISE COA ZOCA DO DÍA DA PATRIA E ADICA O TRIUNFO A TOD@S OS QUE DESAFIARON A ILEGALIZACIÓN!!


Nen o ataque frontal dun alcalde galegófogo puido impedir que de novo o día da Patria se tinxira coa bandeira tricor da Galiza, o branco, azul e vermello voutou brilar nos ollos alumeantes dos milleiros de manifestantes que saíron á rúa para festexar de novo en plenitude absoluta o día nacional , e nista ocasión a presenza da tribo LNB e dos seus paláns era màis necesarios ca nunca porque un pobo armado como se sabe é un pobo respeitado. Nas mans os paláns e nos pés as zocas , isa foi a máxima no alebrestrado estreo billardeiro no espazo que os irmáns de Causa Galiza elexiron para esquivar a ilegalizade ilegalmente imposta dende o concello, o Burgo das nacións de Compostela acolleu sen dúbida o màis numeroso e animado de todos cantos Abertos do día da Patria se teñen desputado e nista ocasión cuns convidados de luxo que forón os irmàns da equipa dos Paisos Cataláns Casus Bélit.

Coa cámara aínda resentida dos estalos do Escumoso Bieiteiro do pasado Aberto do festival da Chaira captouse ista nova e xa histórica imaxe do podium que acuparon despois dunha espectacular sesión de carreiras únicas. Palanadores de franquicias do Norte , tanto Carmen das Troitas Bravas da Pontenova coma Joam de Madia-Leva non puideron frear o espectáculo e acerto que dende o primeiro golpexo Pinto o palanador da Faisca , coñecido xa coma o José Tomás da billarda , despregou na pista ateigada de siareir@s para conseguír a xa mítica Zoca do Aberto do día da Patria e saíndo ademàis pola porta grande do Burgo con dúas orellas e un rabo de algún palanador aínda sen identicar.

Atención porque todos estamos atentos ó espectacular análise que os irnmáns de Casus Bélit faigan despois da explosiva sesión continua de Bélit realizada como exquisita guinda a un brutal aberto do día da Patria que selou a firme alinaza entre dous pobos e dúas revolucións que fixeron que das nosa gorxas saíran unidos os berros de bélit, billarda e independencia....todo isto como non podía ser doutro xeito bañado con Escumoso Bieiteiro o espectacular Cava galego que inicia a súa imparábel andaina internacional cara ós Paisos Cataláns da man da LNB , un chimpo que servirá para coller impulso e preparar a súa definitiva imparábel implantación nacional.....JOGAR À BILHARDA NOM É DELITO, JUGAR AL BÈLIT NO ÉS CAP DELITE!!

sábado, julho 23, 2011

25 DE XULLO NO BURGO , RESPOSTA Á ILEGALIZACIÓN CO TEU PALÁN!!


A istas horas da tarde do sábado os irmáns de Causa Galiza comunícannos que a Romaría do día da Patria se vai desenrolar no Burgo das Nacións, mítico espazo para moitos palanadores e palanadoras de noites e solpores máxicos e lisérxicos, mais a LNB xa ultima os preparativos para a realización diste anti-represivo Aberto do día da Patria e o Torneo Bélit co Burgo para coas nosas billarda e bélits berrar contra a inxuria e a provocación institucional...atentos ás pantallas e afiade as billardas para o luns respostar á ilegalización cos nosos paláns porque sen dúbida para a LNB isto é un Casus Bélit!! / 627.780891



Contra vento e marea a LNB a toda mecha xa que ante a imposibilidade de saír as embarcacións tradicionais no Seixo durante os actos de celebración do día da Patria organizados polos irmáns de Almuinha de Marin despois do xantar de irmandade comunícannos que se argalla un espectacular e multitudinario Aberto de Billarda anti-marexada e anti-ilegalización que deu o estalo de arrinque a un sábado no que dende as 18 h. en Dorrón ( SanXenxo ) estará a tribo pateiro realizando o primeiro aberto nista vila do Sul que serve ademàis para aferruar con estelas e leña LNB o lume contra o turismo depredador e colonial que nista época invade o Salnés, ardentía que se espallará ate a Capital da Galiza iste luns día da Patria..Billarda sempre , adiante co Varal!! / 676.632552

quinta-feira, julho 21, 2011

O CONCELLO DE COMPOSTELA DENEGA O PERMISO A CAUSA GALIZA PARA A CELEBRACIÓN DA ROMARÍA E DO ABERTO DO DÍA DA PATRIA!!


NON HAI VOLTAS ATRÁS , OS PALÁNS ESTÁN HOXE MAIS ALTO CA NUNCA PARA O VINDEIRO 25 DE XULLO , DÍA DA APTRIA CELEBRAR O GRAN ABERTO DE BILLARDA NO MARCO DA FESTA DOS IRMÁNS DE CAUSA GALIZA QUE ISTE XOVES ACABAN DE RECIBIR A DENEGACIÓN DO PERMISO POR PARTE DO CONCELLO DE COMPOSTELA PARA A CELEBRACIÓN DA TRADIOCIAL ROMARÍA DO DÍA DA PATRIA QUE ISTA EDICIÓN ÍA TER LUGAR NO PARQUE FERMÍN BOUZA BREI-
------------------------------------------------------------------------
PESE A QUEN LLE PESE HABERÁ ABERTO DO DÍA DA PATRIA E Ó IGUAL QUE ANUNCIAN DENDE CAUSA GALIZA HABERÁ TAMÉN ROMARÍA DO DÍA DA PATRIA , AGORA MÁIS CA NUNCA É CANDO PALANADORES E PALANADORAS TEMOS QUE AMOSAR OS DENTES FRONTE A ISTE INTOLERÁBEL APARTHEID SOCIO-BILLARDEIRO , A LNB BUSCA XUNTO CON CG ALTERNATIVAS DE ÚLTIMA HORA PARA O DESENROLO DOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO NOSO DÍA NACIONAL... ATENTOS ÁS PANTALLAS!

quarta-feira, julho 20, 2011

O 25-X MARCHA BÉLICA SOBRE COMPOSTELA, INVADIREMOS DE BILLARDAS , BELITS , ZOCAS E ESCUMOSO BIEITEIRO CADA RECUNCHO DA CIDADE-ESTADO!!


Todo en marcha e para un novo 25 de Xullo inundar Compostela de Bandeiras , billardas, zocas , escumoso bieiteiro e nista edición tamén bélits dos irmáns da equipa dos Paisos Cataláns Casus Bélit que van estar participando no Aberto zoqureiro do día da Patria mais tamén coordinarán o primeiro partido de Bélit na Galiza no que tomaremos contacto con ista normativa para que a Auténtica poida nun futuro enfrontar en plenitude a enganchada internacional galaico-catalá.
-------------------------------------------------------------------------------
Atención porque nista edición o Aberto zoqueiro do día da Patria tranládase de Belvís ó Parque compostalá de Fermín Bouza Brei donde se celebrarán a festa-romaría de Causa Galiza marco no cal apartires das 17 h. arrincará o Aberto de Billarda. A LNB xunto cos irmáns de Siareir@s Galeg@s coordina ista canfurnada que despois do Aberto terá a súa continuación con Chave e Brilé . Podemos anuciar tamén nosta edición do Aberto zoqueiro do día da Patria estarán por primeira vez nunha mesma pista o Coroceiro Nacional Iván Puente e o Campión Olímpico de Billarda Xosé Miguel Blecua , só resta saber se estará presente o actual zoquer Xosé Rodiño para conseguir coa segunda Zoca o gran premio Randeeira.


A billarda non para....é un dos espectaculares berros que aparecen no gran artigo aparecido no xornal dixital da mariña de lugo que deixa entrever os entresixos dun lume que se espalla imparábel pola chaira luguesa , e atención porque o suplemento Chairego de El Progreso prepara un especial billarda na Chaira que se publicará o vindeiro martes 26 , antes moita furia necesaria coa a que se vai destilar no Aberto de Dorrón o sábado apartires das 18 h no universo Salnés. Mais non todo queda ahí nen moito menos , os irmáns de Aguilhoar de Xinzo xa están traballando a reo para a celebración dunha nova edición do Festival de mocidade, marco no cal se realizará unha explosiva olimpiada inter-pobos donde a Billarda terá un gran peso específico , afía as billardas mentras te mergullas no seu web-blog para coñecer as bases de participación da túa equipa, e tampouco o comboio da LNB para ahí xa que podemos anunciar que na pretempada do Norleste despois dun ano de parón haberá de novo a finais de Agosto o gran Aberto das Troias da Pontenova nas míticas terras de Santalla...billarda sempre, adiante co Varal!!

terça-feira, julho 19, 2011

DORRÓN PREPARA O CERCO PARA EVITAR UN NOVO ATAQUE DAS AMEIXAS RADIOACTIVAS ÓS PALANADO@S NO FRONTE SALNÉS!!

Dorrón o vindeiro sábado 23 vai ser un fervedoiro absolutO, cara de can en moitos palanadores e palanadoras que queren desquItarse do rodiño que pasou Gines dos Remourella Bulls sobre o céspede artifical de Noalla . Moitísimo malestar nas filas da Faisca por non teren un desfibrilador a pé de pista co que atender ó seu palanador PInto abducido por unha ameixa en pleno desenrolo do xogo segundo as psicofonías captdas polo satélite do varal >> Podemos observar como un palanador sofreu o brutal atauque da ameixa radioactiva e era tal a súa ansia por xogar que non soltou o palán nin ás portas da morte.
TRAMPA E TONGO que Luis de bateas creou para evitar o terreo blando da herba artificial. Un tongo en toda regla que Xan rodiño permitiu, ainda que participantes do torneo mostraron o seu descontento e fixeron mención ó manual de base da LNB. O terreo é o mesmo para todos, hai que xogalo. No próximo aberto en terra levarei unha plaqueta da cociña da miña nai....adiante, billarda ou morte!!

segunda-feira, julho 18, 2011

A PASTORICENSE, PRIMEIRO CLUBE DO FUTBOL GALEGO E DO MUNDO CON SECCIÓN OFICIAL DE BILLARDA!!


Anunciabámolo uns dáis antes da treboada billardeira invadira o Festival da Chaira , a A Pastoricense dá o brutal paso adiante para formalizar unha sección dentro do clube adica ó despoto nacional da billarda, un pulso entre a vida e a enerxía na que os futbo-palanadores teñen todo o absoluto mérico ó sertirse afgora si realizados plenamente coma deportista. Mais non é A Pastoricense a única explendorosa mazá na que o verme homicida da LNB inudou de cheo , a oficalización a pé de pista do SPARTAK DE MUIMENTA foi dos intres que sentarán época, entorno ó colectivo Akelarre disa vila as billardas escupirán sapos e cobras embravecidos que faran tremar ás grades franquicias da LNB. O movemento de tropas na Pontenova é un feito que se constatou na anagada pista do festival da chaira donde os seus paladores e palanadoras golpexaban coa destreza das troitas bravas , mais foi alí tamén cando baixo a chuvia outro fronte se abríu, atención porque CASTROVERDE move ficha co Comandante Seixas á fronte para formalizar unha equipa estábel na vangarda da LNB .


Un Aberto pasado por auga que fixo que na LNB se pense seriamente na posibilidade de realizar obritoriamente os partidos baixo chuvia , Xosé Miguel e Rubén Otero precisamente ista find estiveron facendo as xestions cos deises da chuvia galaicos e ó palanador dos Lideiras puidose ver semiespido nun esceario no que tocaba a Troba kun Fu realizar ista extraordinaria danza , será por auga pensarían arriba e no seu luga ros deuses enviaron o extraordianrio ESCUMOSO BIEITEIRO , o espectacular cava galaico , que tivo o seu primeiro contacto coa serpe veleosa da LNB queda xa unido para sempre a nós , unha brevaxe única que será o selo perpetúo coa revolución Bélit que percorre os irmáns Paisos Catalans e que poderemos compartir o vindeiro 25 no novo emprazamento do Aberto do día da Patria no parque Fermin Bouza Brei de Compostela donde a referencial equipa CASUS BELIT estará realizando a súa pretempada coordinado un Torneo Belit contra os combinados galegos que alí se formen , unhas botellas de exlusivo ESCUMOSO BILLARDEIRO serán o espectacular premio para a equipa campioa do Torneo Bélit , unha acción co intercambio de cava e billardas entre dous paises e revolucións irmáns...



Será pois unha invasión máis de bandeiras , bélits e billardas en Compostela do día da Patria que antes terá unha nova parada no Salnés xa que hai nova parada do gran comboio da LNB , será o vindeiro sábado 23 apatires das 18 h en Dorrón donde Ginés , o gran palanador dos Remoule Bulls poderá realizar o primeiro dóbel consecutivo . Espadas e tixeiras de esquilar en alto xa que noutro punto e noutro universo chamado Nogueira de Muñiz, o concello menos poboadoda Galiza ferve ante a inminente posibilidade que acoller o primeiro gran Aberto de Billarda no marco da súa feira de artesanía no que Extensión Agraria prepara unha brutal perfomance sonora en colaboración cun esqulador de ovellas local , a referencia é Carlos Santana durante a súa actuación en Woodstock....a billarda e hipies por fin unidos nunha mesma pista , nunha mesma loita!!!

domingo, julho 17, 2011

A RODA D´ATRÁS PELDE...E PERDEU NO BRUTAL FIN DE SEMANA BILLARDEIRO-FESTIVALEIRO!!


Non estades a delirar non, é Flores invadindo o esceario duranta e proba de son dos irmáns de Zenzar que estaban a interprepar o seu terma billardeiro composto por Toño Randeeira , nun intre de confusión e baixón polos fallos no equipo de son, o noso seleccionado nacional subíu ao escarario para a atraer a xente adinte durante a súa interpretación de dous impecábis chistes que se pode dicer que fixeron renacer o ánimo a toda a xente para afrontar un gran festivla que nis intre estaba no ar. Preme e desfruta co brutal video-estalo de Tele-Varal que captan ista intenso acople Flores con Zenzar e que coma xeito promonitorio fala dun chinés nun intre no que se traballa a reo no primeiro Aberto de Billarda no continente asiático que será na cidade xaponesa de Tokio- O como de haikus temos que empaparnos lanzamos tamén os twitter-estalos chegados dende a pista de Lanzada no Aberto de Noalla:
Tele-Varal informativos, despois dunha longa ausencia por mor dun retiro espiritual, Pinto reaparece nas pistas do Salnés, para a desputa do aberto de Noalla-Xan rodiño parécese cada vez máis a Castelao - Condicións metereolóxicas , rachas moi fortes e vento . A pista é de herba artificial , todo un reto! -primeira polémica, hai xente que quere utilizar bases para a billarda, tongo na Lanzada gritan dende o graderío - Xan rodiño sáe voando e haino que ir buscar a Poio-Luis Bateas enfróntase ó seu pai e iste ameaza con botalo da casa- / ó final no Aberto da Lanzada Gines dos Remourelle Bulls conseguíu o histórico primeiro triunfo dun palanador do norte nas terras da Conferencia Sur como se puido ver de madrugada confimado polo noso referencial O Varal Facebook>> En Noalla no Aberto disputado dentro do festival Noalla Viva saiu vencedor Ginés, dos Remourelle Bulls, seguido de Iván dos Bateas, e terceiro Luis Camiña, de Almuinha - / O sábado as billas da Bezouqueira tamén estiveron no Aberto ártabro no festival da Terra e da Lingua de Narón-


Impresionate os tres trofeos cos que unha edición máis o refencial festival da Chaira permiaba ós tres primeiros clasificados, ó xabarín escondido nunha corte engadíase a estatuiña representativa para o gran campión do multitudiario aberto, pero outra gende sorpresa estivo presente , foi a primeiro irrupción brutal no universo LNB do xa coñecido coma ESCUMOSO BIEITEIRO , o cava galego que fixo auténticos estragos durante e non fin de festa durante a entrega de premios que moi pronto imos destapar os frontes burbulleiros que en Baltar se abriron ..


Unha pequena representación dun aberto nos que os pariciapantes despois das xa clásicas molladuras de viño, cervexa , cubalibres, chupiños .....tamén foron todos empadados en auga polo intensa chuvia.


Para mostra un botón, os centos de siareios situároinse na calidaz da cantina e resgardados da chuvia seguiron a intensidade dun dos grandes Abertos do verán billardeiro


Do acolledor clima que reinou nas primeiras carreiras á treboada final que puxo en perigo incluso a celebración do festival , o empurre de músicos e organización á imaxe e semellanza dos palanadores e palanadoras da LNB que nen por un instante pensaron en suspender o Aberto fixo que todo seguira o seu curso natural e implacábel..

E á hora do xantar a intensidade chagou a límites insopeitados , xa que no espazo de M de Meira creouse un Set LNB no que despois do xantar e durante o café e chupiños prioduciuse o agardadísimo e brutal debú ao vivo de Extención Agraria , o grupo formado por palanadores da LNB realizou un asalto sonoro dos que deixan pegada , haberá un especial con videos e impresions dista acción sonora que nun instante logrou atraer ó set da LNB a toda a xente das mesas e do entorno do esceario principal facendo incluso que músicos antes de probar son se unirán ó delirante proxecto Extención Agraria formando así un Som Sistema lexendario , atentos ás pantallas para coñecer o explosivo single que apresntaron con letra de Suso dos Remourelle Bulls: gústasme.... coma os cochos a merda!! e a versión instrumental en clave afro-beat do seu éxito "Parcelaria non" -

Festa rachada antes do Aberto, Extensión Agraria como non podía ser doutro xeito deixou semente de victoria e un dos grupos emerxentes de Meira colleu os instrumentos e continou a festa na previa ó gran Aberto da Chaira.


Iván de Bateas e Coroceiro Nacional proclamouse vencedor niste Aberto de Xabarín ampliando así a súia lenda tamén a terreos tan complicados coma o da herba e a lama , Reyes dos Outros estivo a piques de dobregar ó do Salnés pero non puido ser e Xermán de Ekipa-Bítere continúa demostrando o seu gosto polo pasto fresco pacendo coma quen non quere a cousa o terceiro posto, atención porque foron moitas e intensas cousas as que se realizaron baixo a chuvia de billardas no gran festivla da Pastoriza que pouco a pouco imos ir lanzando....ruxe a chaira, adiante co Varal!!

quinta-feira, julho 14, 2011

O MÍTICO XABARÍN DO FESTIVAL DA CHAIRA FAI SALTAR TODAS AS ALARMAS, MECAGO NA CONA...MORTE AO SEPRONA!!


Por fin chegou o gran día , será iste sábado 16 na xa mítica praia fluvial da Riboira , en Baltar na Pastoriza donde cheiro da xabarín embravecio se misture de novo cos sons e suores de palanadores , palanadores, músicos e festivaleiros que unha nova edición acudamos famentos de festa emoción fortes ó referencial Festival da Chaira artelado polos irmáns da Chainza.

Atención porque se che parce forte o cartaz no que os Billardeiros Zënzar far,án returbar a chaira enteira fóra de cartaz agárdanse sorpresas xa que despois do xantar de irmandade e entorno ás mesas de Madia-Leva e M de Meira se fará unha gran rolda conxunta de cafés e chupiños da terra ao que todos os comensais da acampada están convidados e palanadores e palanadoras que cheguen antes das 17 h. para ir quentando a boneca na explosiva sobremesa República Billarda.

E de seguro que un dos estalos que sairán despois de mollar os beizos co licor café será o espectacular paso adiante que os irmáns da equipa de futbol da Pastoricense proxectan por en marcha xa que nos Aberto do Xabarín será donde debute mundialmente a sección de billarda diste xa referencial clube que ó contrario que o Barcelona eliminando seccións eles dan o paso de ser o primeiro clube de futbol do mundo en ter secciñon de Billarda_

Mais tampouco queda haí a cousa xa que será durante a desputa e previso do Aberto de Billarda no espectacular marco de Baltar ó carón do río , donde faigan a súa presentación mundial o aterraodres EXTENSIÓN AGRARIA , un grupo formado entorno ó univeroso da LNB cunha incendiaria sesión-ensaio a pñe de pista de toma de posicións sonoras e que fará o mesmo efecto no publico que nas troitas se se lanzara un cable de alta tensión á auga.....Mecago Na Cona , Morte ó Seprona!! ise será un dos temas que Extensión Agraria interpretarán ao cru en protesta pola situación de fuxido na que ten que estar o xabarín polo que o gañador ou gañadora non o poderá levar no intre senón que a posteriori se lle darán uns parámetros para atopar o zulo da liberdade donde está o xabarín fóra das poutas dos miserables do Seprona- Contacto directo: 699.362061


Foi o primeiro dos Abertos celebrados nun festival , e como non podía ser doutro xeito continúa mais vivo e latexante ca nunca, cun espectacular cartaz que pecharán a festa Os Dios ke te Crew que cos primeiros xostregazzos do seu novo disco xa están a deixar sen fala incluso ós ouvintes de radio 3 , e abrindo na tarde do sábado as billas da bezouqueira da LNB coa mesma forza e ilusión que o gran comandante Martinho nos ensinou cando nos abríu por primeira vez as portas do Moinho do Pedroso porase en marcha unha nova edición do Aberto ártabro de bilharda- Contacto_ 636.280513

E DENDE O VENRES TODA A FIND , O SALNÉS ARDE CO FESTIVAL NOALLA VIVA!!
Or irmans da Asociación Xuvenil A Esmorda non se andan con comedias , venres e sábado festivalazo cun cartaz de infarto e o domingo de Abertazo de billarda>>


E para repor forzas despois dun sábado con máis electricidade ca unha silla electrica , que mellor que o domingo achegarse á beira da praia da Lanzada para ó carón do Coroceiro Nacional atreverse dende as 18 h. a loitar polo saco de ostras e sobre todo desfrutar dun marabilloso serán cun entorno e cunha compaña de luxo. O Aberto de Lanzanda marca ademáis a inmersión defintiva coma franquicia LNB da Asociación Xuvenil A Esmorga que amiaza con infeactar de billardas o Salnés enteiro. Contacto_ 649.325103

quarta-feira, julho 13, 2011

O COROCEIRO NACIONAL ESTARÁ NO GRAN ABERTO DA LANZADA COA AMIAZA DE INDEPENDIZAR GZ POR TERCEIRA VEZ SE FAI FALLA!!

Son moitos os frontes nos que a LNB está inmersa e un dos principàis é ise foco de infección turística chamado SanXenXo , mais un ente supremo estará alí , trátase de Iván Puente o recentememe proclamado Coroceiro Nacional disposto a presidir iste Aberto e incluso a independizar Galiza por terceira vez se fai falla... Será iste domingo pois en colaboración cos irmàns da Asociación Xuvenil A Esmorga, colectivo que tivo e seu gran bautismo de sangue billardeira no pasado Xerro do Salnés e que con ista acción en Noalla confirman a súa filiación perpétua coa LNB. Será pois Noalla e o Salnés un dos epicentros dista find mais non o único preparade os makutos porque no serán do sábado un xabarín estará agardando polo campión do xa mítico Aberto do Festival da Chaira na Pastoriza e simultaneamente no festival da Terra e da Lingua de Moinho do Pedroso en Narón estarán as billardas polo ar impulsadas polo espírito indomábel do Comandante Martinho que nos olla dende arriba na celebración dunha nova edición do referencial Aberto ärtabro . Arricamos mollando os pés nas augas da praia de Noalla.

O Coroceiro Nacional di que aínda estades a tempo de anotarvos para o gran xantar de irmandade: / Contacto>>649.325103

Antes do aberto haberá unha comida por 15€, que inclúe:

  • entremeses/pinchos: empanada, tortilla, luras e langostinos.
  • parrillada de carne
  • bebida
  • sobremesa e café
ESPECTACULARES PREMIOS NO ABERTO DE NOALLA:

1º Saco de ostras + bolsa de limóns
2º Caixa de albariño
3º Bolo de pan + chourizo + queixo
4º Camiseta
Varados: botella de viño

E NA CONFERENCIA CENTRO ESPECTACULAR PREVIO EN TORDOIA PARA AFRONTAR O EXPLOSIVO ABERTO DO DÍA DA PATRIA EN COMPÒSTELA!!

Un ano mais a Asociación Cultural Brisas do Quenllo celebra na Pontraga (Tordoia) a Romaría Galega.
Este ano facémola o dia 23 de Xullo e este é o programa:
Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo
Grupo de Baile Camiño Real de Poulo
Cuadrilla do Pan Quente
Antón Castro "de cantar e de contar"
XII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos...
  • Os Serranos (Águeda)
  • Buxainas (Cedeira)
  • Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia)
  • Vai de Roda (Rianxo)
  • Pilarica (Valladolid)
Tropa de Trapo "contos coas mans abertas" O afiador Rodesindo da Barrosa
Flor da Maquía, Faíscas da Pontraga, Charanga "Vai de Roda", Bouba...
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha pequena mostra de folclore do noso e do resto de tribus ibéricas, escoitar contos, música.. e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.... nós xa imos estar ali!! esperámosvos! *Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com
Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia

terça-feira, julho 12, 2011

MANZANEDA, CHEGA O PRIMEIRO CRÓNICO BORRUGA>> NUNCA ANTES ME MANDARAN Á MERDA E FUN TAN CONTENTO!!

Fai unhs décadas Manzanera era o espazo elexido por equipas coma o Madrid para realizar a a súa pretempada , lonxe disa parafernalia asasina pasada e actual do futbol millonario e colonial sitúanse os palanadores e palanadoras que ista pasada fin de semana quixeron sumarse ó explosivo I Aberto de Billarda nista cuchufella vila ourensá que voltou a situarse coa epicentro mundial pero dista vez do desporto anti-colonial . Espectacial mención á presenza do comandande Xose Miguel que é quen nos envía iste espectacular docu-crónico e quen forxou a alianza co palanador Lito artífice daquela gran verdade do horario galego diferente ao español e que en Manzaneda se xunguíu para sempre á serpe multicor...nunca antes as verbas cordura e LNB foran unidas nun crónico , unta a cara coa merda de vaca que utilizan os xogadores da modalidade de bolos coñecida coma borruga e sumérxete niste histórico estalo>>

O sábado 9 de xullo tivo lugar o segundo aberto oficial da LNB no Concello de Manzaneda e o primeiro no núcleo úrbano. O Aberto estaba convocado para as 19:30, pero a presenza de Lito, persoa que propuxo oficialmente o cambio da hora galega ao fuso horario portugués fixo que o Aberto retrasase o seu comezo unha hora para comezar coa “verdadeira hora galega”.

Dende as 16:00 varios rapaces comezaron os adestramentos de cara ao aberto. Debido a represión española foi imposible levar varais oficiais da LNB para organizalo aberto que foron sustituídos por botellíns de estrela galiza. O aberto contou coa participación de 30 palanadores.

Moitas queixas pola normativa de xogo, xa que entre os participantes había xente de Allariz, Manzaneda, San Xoán de Río, Ourense, Melide, etc, e debido a que xa se teñen rexistrados 19 modalidades de xogo da billarda so na provincia de Ourense polo mestre Lito cada un quería xogar coas súas normas. A cordura fixo que se disputase o aberto coa normativa da LNB.

Nos grupos a xente que xa disputará varios abertos da LNB foi tomando o liderato dos grupos. Contrastados billardeiros coma Rubén de Soutipedre, Cristián de Chaveán, Suma de Ourense e Alvaro Domínguez de Allariz lograron clasificarse para as finais. Mentres Lito explicaba que no Kurdistán se xogaba a billarda, Rubén e Álvaro clasificaronse para a final.


O palanador de Soutipedre, subcampión do Aberto do día da Patria de fai 2 anos fixo valer a súa experiencia e gañou nunha igualada final a Álvaro Domínguez.

Por outra banda dispotouse un campionato de bolos coa normativa de Borruga. Para elo é necesario apoiar os bolos en merda de vaca. Como dixo o rapaz que organizaba: Nunca me mandaran a merda e fun tan contento!!

segunda-feira, julho 11, 2011

O ATERRADOR PRESENTE E FUTURO PARA OS IMBÉCILES E ESCUROS!!


Presente: Mentras dende a Galega se empeñan en darlle as costas ó noso deporte promocionando actividades lexivas para a nosa saude mental e física coma o pádel , niste noso grande niño de serpes xa podemos confirmar que unha nova franquicia con epicentro en MUIMENTA vai mergullarse no univero LNB, un debú que será iste vindeiro sábado no Aberto do festival da Chaira , varios dos seus palanadores xa estiveron intervindo en diferentes torneos con resultados sorprendentes, hoxe sabemos o porqué. Dende un zulo de Meira un dos desenroladores que de xeito aférrimo se resite á multimillonarias ofertas que lle chegan dende a industria nipona amosa o segredo co que adestraban os palanadores e Muimenta nos seus cuartos ás agachadss dos seus país e do mundo enteiro....si,si o wii billarda xa está aquí!!


Futuro: sen dúbida o carretillo cheo de paláns e billardas foi todo un suceso exemplificador de como se viveu e vivo o noso desporto no hemisferio ourense , unha terra que pide billarda a berros e paladas...atención ó espectacular especial Aberto de Manzaneda!!

O BRUAR DAS BILLARDAS NA PASTORIZA E MANZANEDA ECIPSAN TOTALMENTE A SILVERSTON!!


PODIDIUM DO ABERTO DO REQUEIXO NO CIRCUITO DA PASTORIZA....só faltou a botella xigante de likor café a presión co que regarse uns a outros e ós centos de afeccionados de cada unha das escuderías: Bateas , Os Outros e Remourelle Bulls!!


O circuito da Pastoriza confirmou o que xa tod@s intuínaos....os motores do tractores e das billardas atornaron a chaira e fixérono para quedarse. Luis dos Bateas que saía coma un dos favoritos da grella de saída confirmou os pronósticos e untouse de requeixo no màis alto do podium, mentras na altirude de Manzaneda Xosé Migule e Lito conformaron un tandem que xa fai acender o lume cara á invasión do espazo ourense. Exitazo sen paliativo niste arrinque de varán fatal e para mostra unha bosta xa que e breves imos despatar o explosivo crónico do Aberto de Manzaneda con fotos exclusivas e cun intenso aroma a merda de vaca emanado do espectacular soporte que utilizan nisas latitudes para facer de base dos bolos, Atentos ás pantallas !!

sábado, julho 09, 2011

SUDAN DO SUL ADIÁNTASE A NÓS ....SACA O CHAPEU E ATRAPA UNHA BILLARDA CHAMADA INDEPENDENCIA!!


Como non podía ser douto xeito dende O varal internatonalenviouse un emotico burofax billardeiro celebrando a tan desexada independencia do noso pobo irmán de Sudán do Sur. Nun intre ademáis no que un dos palanadores da mítica franquicia LNB, Irmandade San Caetano de Celeito de Mariñaos que en breves serán nova , fainos saber que iste novo estado-país africano que fai o núemro 54 dos africanos xa ten seleccion de fútebol polo que animamos ó cownboy e presidente Salva Kiir Mayardit, que axilice os trámites no seu inisterio de desportos para unha seleccion nacional tamén de billarda coa que enforntarse en Yuba á Auténtica.


E atención porque os acontecementos precipítense xa que durante o Aberto de Manzaneda puidemos saber que no fútebol á verba "chapar" cando un porteiro atrapa por alto a pelota deriva directamente do desporto da billarda cando se xogaba a pillar a billarda polo ar cun Chapeu.....presidente Salva Kiir Mayardit , saca o sombreiro e pon en marcha a selección de Sudán do Sul de Billarda, mentras nos faremos todo o posíbel para que a República Billarda se convirtao máis rápido posíbel no 55 estado ceive do continente africano!!