O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 29, 2011

TÓMALLE A ARRINCADEIRA O SÁBADO EN DORRÓN POLA CONFERCIA SUR E O DOMINGO EN NANTES POLO ALUMEAMENTO DA CONF. SALNÉS!!


Non hai verbas para expresalo , hai xa viño LNB fermentando no barrico e un novo e despiado video-estalo da factoría Tropa Lixeira para anucialo e celebralo- Iste sábado 1 de outubro ás 16 h. en Dorrón arrincará a competición regular na referencial Conferencia Sur [ 647.190789 ] e faino en territorio ConSal para apoiar precisamente só unha horas depois o nacemento do gran monstruo salgado cuxo alumeamento será o domingo 2 de outubro a na parroquia de Nantes donde a Conferencia Salnés [649.325103] comezará a súa andaina- E ademáis de poder seguir en tempo real os resultados da xornada no frenético facebook do Varal poderedes como se pode ver no xostregazo audiovisual chegado dende o BillardaLab de Meira , seguir tamén no Galizia en Goles da Radio Galega o acontecido nas pistas da LNB durante todas as intensas findes, pega a orella >> sábados ás 23:50 h / domingos ás 22:50 h!!

TXIRIKILA ETA LNB...DENOK GARA KUKUTZA!!

E non podemos quedar cos paláns no chan mentras en territorios irmáns coma o da Txirikila acontecen episodios tan terríbeis coma os sucedidos en Bilbo polo desaloxo do Gaztetxe KuKutxa, iste pasado xoves multitudinaria manifa para condear o desaloxo e derribo dun dos puntos clave en Euskal Herria nos que xa estabamos traballando para a presentación do disco República Billarda , derribarán o edificio mais non as ilusións deles e nosas polo que cos compañeir@s de KuKutza co disco e co palán na man pronto estaremos , de momento xa lanzamos a nosa txirikila no manifesto de condea a iste novo atentado do capital donde nos atopamos coa presenza dos irmáns de SIROKA, o grupo que representará ó euskera por primeira vez no próximo Liet International de Udine e que xa nos enviaron unha espectacular entrevista que moi pronto poderemos desfrutar para coñecer de preto a ista nova banda que está a revolucionar o panorama do rock euskaldum...JoTaKe, KuKutxa sempre!!

quarta-feira, setembro 28, 2011

LNB NEWS CONVERTE A CASCARILLAS, NA PRIMEIRA MEGA-ESTELA BILLARDEIRA NO MERCADO SAXÓN DOMINADO ATE O DE AGORA POLO FUTBOL , O RUGBY E O CRICKET



É dificil defender unha trincheira e esperar que o corazón che pase a ITV, - Temos necerariamente que recurrir ós versos do gran poeta galego e arxina de adopción Calros Solla , para definir a brutal embestida por iste xerro de auga fervendo que deixa sen pelo o gran marrau do audiovisual galego. Tropa Lixeira BT moven os chantos de novo e invaden as leiras co primeiro parte billardeiro-internacional servido pola conxunción de Sky News e Tele-Varal International , convertindo ó palanador dos Tropa Lixiera , Cesar Cascarillas , no Fernándo Torres galaico cun tirón comercial impresionante nos paises de influencia británica que nos empurra xa a pensar en posíbeis Abertos a altas horas da madrugada para que o mercado sudafricán, asiático e das antípodas poidan ver en directo as evolucións de Cascarillas e do deu BT....billarda forever, Meira go up!!

A FAISCA DÁ O PASO AO FRONTE PARA A XESTION DO "AUTÉNTICO" , O PRIMEIRO VIÑO GALEGO CON DENOMINACION DE ORIXE LNB!!

Algún ilus@ pode pensar que moitos dos estalos que estouran niste universo de calendarios deordeados é froito da loucura ou tolemia colectiva....nada máis lonxe da realidade , e para mostra, as aterradoras imaxes que acreditan a veracidade da primeira Vendima LNB levada a cabo polos panaladores galaico-nipóns da Faisca , asemade, confirman que o samuarai do palán Viana , non lavou os pes nen as mans dende a súa visita a Fukujima . A atención porque o soño vaise facer realidade xa que A Faisca move a maquinaria para sacar á luz a primeira edición limitada de Auténtico viño-LNB polo que xa podedes ir reservando sitio na vosa adegada para iste histórico brevaxe e non só iso xa que os restos como non podía ser menos aproveitaranse para unha exclusiva edición de agardentes LNB...


As imaxes dinno todo, a unico que hai que explicar e que eses homiños vestidos de branco que saen na foto detras de viana son polizóns que trouxo de Fukujima realizando a tradicional danza do viño. Adegas e viño LNB xa!!

E dende a Conferencia Bezouqueira donde xa moven fíos para o inicio de tempada, chéganos ista valiosa gúia para navegar en galego ...ó igual que dependendo dos dias e do humor elixes tinto, branco ou clarete....utilices o navegador que utilices podes trafegar en galego ó igual que se beberas viño en calquera furancho do país>> Moita xente galegofalante non sabe , que está a navegar en español e nel explícase como navegar en galego con Explorer, Firefox e Chrome...non afondes, navega en galego!!

terça-feira, setembro 27, 2011

VIÑO E MÚSICA ...AUTOXESTIÓN ALIMENTAR E SONORA NO CONTEXTO ACTUAL DE DEPRESIÓN, BILLARDA E CANIBALISMO!!


Fai uns meses durante un xantar de Irmandade na referencial Taberna de Lola de Remourelle por primeira vez na história consumiuse viño con embotellamento e etiquetaxe LNB, un grande paso que precedeu á fantástica nova cara ó imparábel mergullamento de toda a tribo na autoxestion alimentar que hoxe os irmáns da L.S Faisca xa nos confirman>> Nun paso máis cara a autoxestión e soberania alimentar,e debido ao noso alto consumo de viño do país, o L.S. Faísca organiza a súa primeira colleita de uva para a creación da noso propio viño, co que festexar os múltiples éxitos acadados na LNB, nesta tempada que xusto comeza. O viño para quen o traballa!! O enólogo autodidacta Rubén Otero é o encargado de ponderar os distintos tipos de uva para chegares á mezcla perfecta que faga que o noso padal chegue a cotas nunca antes imaxinadas.

TELÉFANO....EXTENSION AGRARIA PREPARA O EXPLOSIVO EUROPEAN TOUR COORDINADO POLO SEU CLUBE DE ANTI-FANS DO FACEBOOK!!


Viño das adegas LNB vendimado polos pes descalzos dos palanadores e palanadoras da Faisca é o que inxeríu ET , a mascota galaico-galáctica que acompañará tamén a Extensión Agraria no seu explosivo European Tour que se está xestando e ten ás principais cidades do continente en máxima alerta- Coa fantástica guindaxe do gran Ep 37" do combo billardeiro Desfeita no net- Label dos irmáns de Komunikando e a posta en marcha mediante o facebook do clube de anti-fans de Extension Agraria son centos os activistas que están xa desexando e activando plataformas para ver e mover istes grupos na europa e no mundo enteiro . Dende o zulo de Tropa Lixeira Producións e contraprogramando o ciclo de cinema 80´s de LaSexta3 , Nacho deixa fluir os seus máis baixos instintos de criançá rebelde e voltea a bibicleta que transportaba a ET cara a lúa para por no seu lugar o grupo de gasoil que impulsará a Extension Agraria no seu brual European Tour .... TE-LÉ-FA-NO!!!

LNB...A-CHÉGA-TE SEN MEDO!!!

A Monumental de Barcelona viveu a súa derradeira corrida de touros, por desgraza na galiza existe e perturbadora realidade da legalización dista actividade salvaxe en contraposición á ilegalización no país das nosas Chegas de Bois- Sempre é un intre perfecto para reivindicar ista activiade galega de seu e irmán da billarda que ten no concello de Muiños de Ourense un dos seus epicentros principais no continente europeo e donde dende fai xa anos a LNB leva impulsando unha posíbel sesión ilegal conxunta de Chega de Bois e Billarda. E máis agora que nos chegaron as camisetas no que a Chega identifica a un páis chamado Portugal , chegará o día no que sen dúbida tamén identifique un estado chamado Galiza- Mentras iso non chega ide afiando as billardas e preparando a equipaxe xa que ista find o domingo botará a andar a Conferencia Salnés e o sábado arrincará a andaina regular a burbulleante Conferencia Sur , no microcosmos que forman Nantes e Dorrón respectaciamente donde bañado en bó viño da zona poderás ceivar nas pistas da LNB o boi da chega que levas dentro..

MADIA-LEVA , CATRO ANOS DE LOITA E COMPROMISO COA GZ E COA BILLARDA !!
Respirade fonde e soprade forte porque ista find. arrincan tamén as activiades de celebración do cuarto aniversario de activiade no refencial Centro Social Madia-Leva de Lugo. Nunha cidade apunto de ser invadida por polbos alieníxenas é bo saber que os terrícolas galaicos dentro da muralla gozan de moi boa saude, toma nota das activiades e bótate alí:

-Grupo de estudos. História da Galiza. As sessons formativas e de debate voltam esta sexta-feira, dia 30 de setembro. O objectivo deste curso que começa será o achegamento a nossa história com diversos textos e projecçons. Combinaremos cada quinze dias, as sextas-feiras às 21h00 com ceia e debate.

-Festa IV Aniversário. O próximo sábado, 1 de outubro, temos festa. E é que celebramos os quatro anos de andaina. Imos ter ceia, petiscos, foliada e festa. Sobre isso das 20h00 passa polo centro social.
Também projectaremos diversos material destes anos, videos, fotos, cartazes,etc.

-III Polvada contra a hispanidade
. O dia 12 de outubro anunciamos que voltaremos ter polvada organizada no centro social. (Custe do jantar, 10 euros. Cumpre confirmar assistência antes do dia 10)

-Cursos 2011-2012.
Confirmamos os seguintes horários de cursos. Se queres participar nalgum só tes que passar polo centro social o dia que se celebra o curso e perguntar.
-GAITA. Quartas-feiras (mércores) de21h00 a 22h00.
-PANDEIRETA.Terças-feiras (martes) de 21h00 a 22h00.
-ESGRIMA MEDIEVAL.Terças-feiras (martes) e quintas-feiras (xoves) de 20h30 a 21h30.

segunda-feira, setembro 26, 2011

FUNDACIÓNS FEIXISTAS FÓRA DA GALIZA E DAS NOSAS CAMISETAS!!


Nen a Qatar fundation nen nengunha outra fundación pseudo-galega ou de fóra ten a entidade suficiente para lixar as camisetas da LNB , non hai cartos no mundo que superen a inscripción da Foliada na Pastoriza que luce orgulloso, e coma el toda a tribo billardeira, Toño dos Furabolos sostendo a copa , o diploma e a Monteira dos irmáns de Tenda-Galiza que o acredita coma campión absoluto do pasado Aberto da Folidada da Pastoriza en Castrofeito e precisamente na Conferencia Centro xa anuncian no seu web-blog oficial o calendario da competición regular que terá 8 espectaculares estalos - E falando de camisetas atención ó paso adiante dádo polos irmáns de Casus Parabelum no dinámico e incendiario hemisferio bélit que dende os Paisos Cataláns distribuén xa as camisetas da súa franqucia ó mundo enteiro polo módico prezo de 10 euros , tira ó lixo as camisetas de fútebol e loce explendor@ camisetas nacionais e internacionais de equipas de billarda , para conseguir a Casus Parabelum teclexa xa casusparabelum@gmail.com , indicando a túa talla , un fronte o do merchandising no que a LNB traballa arreo para que poidas viver 24 horas en intenso pelaxe billadeiro-

sábado, setembro 24, 2011

A LNB UTILIZA AS BANCADAS DE ALCORCÓN PARA REALIZAR UNHA REUNIÓN DE ALTO NIVEL COA QUE ATOMIZAR ESTRATEXIAS!!


A LNB racha moldes e fronteiras, mentras Salgue o palanador dos Paquete Pincha vencía ó mesmísismo Coroceiro Nacional Iván Puente, no gran Aberto de Marín, nas mesmas gradas do estadio do Alcorcón durante o partido que desputaba a equipa española contra o Deportivo e fronte ó que caeu por 4 - 0 , no medio dos siareiros galaicos utilizando o parapeto de seguridade que iso supón produciuse a primeira reunión de alto nivel nunha cidade estranxeira entre coordinadores de varias conferencias para atomizar un brutal inicio de tempada que xa estamos comezando a desfrutar- E cunha xeralización de novas negativas no tocante ó universo mediático galego non podemos màis que celebrar por todo o alto o paso adiante realizado polos irmáns de Galiza-Livre que se preparan para afrontar a súa primeira edición en papel que invadirá centros sociais e pistas da LNB , de seguro que nas súas follas analizarán o documento lanzado pola EPPK e o que moi probabelmente toque analizar tamén é o incendirairo análise que o militante histórico do nacionalismo galego Bautista Álvarez realiza sob a actualidade na frente nacionalista , cando alguén utiliza as verbas -unto e cloro- na mesma frase merece sen dúbida toda a atención do mundo...mamá, teta!!

sexta-feira, setembro 23, 2011

LIPI-LAPE.....TERRA , A NOSA!!!


Tolo listo e preparado para en Marín realizar o agardadísmo Aberto San Migheleiro que porá fin á pretempada e situará na grella de saída os palanadores e palanadoras da combativa e referencial Conferencia Sur da LNB , a cita iste sábado apartires das 17 h . na barriada da Virxe do Carme e antes posibilidade de comapartir xantar vegano cos irmáns de Almuinha e do Grupo Cultural Ronsel , para contacto directo para toda a info sobre o xantar e o Aberto: 666.145209 / E recordade que podedes saber os resultados do Abertos e novidades do universo billardeiro no Espazo LNB de "Galizia en Goles" da Radio Galega das fins de semana : Sábados 23:50 h - Domingos 22:50 h-

O AMANECER DO MONO..LITO!!!

Foi unánime o impacto e admiración absoluta cara ós responsábeis do video oficial de presentación da competición da LNB - desperta do teu sono - , un video xa convertido e interirozado pola tribo LNB como un eslabón na cara dignificación diste noso desporto que está a ser estudado incluso polos responsábeis da Galega , a canle pública do país, donde como sabedes foi asaltada por un kamikace-billardeiro que resposta ó nome clave de Mohamed Moises ten coma reféns ó persoal do cifras e letras e que despois dun maxistral arrase no programa diste pasado venres amaiza non deixar o plató ate que se emita o video - desperta do teu sono- Un sono que rematou, e xa non van poucos fóra , foi o da mítico xornal A Nosa Terra que iste venres pechou tamén a edición dixital que era o último suspiro que lle quedaba depois da desaparición en papel. É por elo que iste nova e agardadísma edición dun estalo de dobraxe billardeiro coma fenomenal promo do primeiro Aberto puntuábel do sur torna máis neceario ca nunca, porque collemos folgos e avisamos a navegantes no gran batuxo LNB, porque lonxe de aminorar o paso ista tempada regular que arrinca a LNB vai inaugurar unha explosiva relación de alianzas con entidades afíns que vai facilitar xunto co lanzamento do disco República Billarda e moitas máis sorpresiñas , a conquista e colonización de novos e abraiantes espazos e horixontes de acción....Billarda sempre , Adiante co Varal!!!!

quinta-feira, setembro 22, 2011

MOI , A CALCULADORA HUMANA DA LNB-SUR , REIVINDICA AS RETRANSMISIÓNS DOS ABERTOS COA SUA GRAN ACTUACIÓN NO CIFRAS E LETRAS DA GALEGA!!


Impresionate o novo asalto televisivo da tribo LNB da man dun novo palanador da conferencia sur, ista vez foi Moises dos Culombios quen asaltou o cifras e letras accion que podedes reviver mergullándovos no espectacular crónico da súa gran acción do noso crítico televisivo oficial enviada en exclusiva mundal para tod@s vós dende un zulo sen electricidade de San Xoan de Río: Moi, a calculadora humana da billarda, voltará a estar mañán - venres - en Cifras e letras. Despois do fracaso de Gil, un novo integrante da LNB volta a intentar o asalto a esa televisión que nega sistematicamente a retransmisión dos abertos da LNB en directo. Desta volta Moi, que errou constantemente coas letras, pero que nas cifras, despois de varios anos de prácticas facendo as clasificacións da LNB, as ten totalmente dominadas. O home calculadora da LNB sur deixou sen palabras aos 2 presentadores co seu rápido cálculo e sen ningún fallo, o que evidencia o que todos pensabamos, que as clasificacións da LNB-Sur en principio non teñen fallos, e tódolos que hai son pola man negra de Otero. Mañán Moi voltará a estar na TVG ocupando o espazo que merece a LNB e este é un aviso para os dirixentes da TVG, a LNB estará si ou si na nosa televisión. Adiante Moi, Adiante a LNB na televisión!!

ABERTO DO LIPI-LAPE...O INDOMÁBEL ESPÍRITO XÍBARO REVIVIRÁ NISTE GRAN TORNEO DE PRETEMPADA EN MARÍN!!


A Conferencia Sur ensina os dentes ....e de que xeito!! , xa que iste sábado coordinado pola refencial equipa LNB con sede no centro social ALMUINHA porán en marcha apartires das 17 h. do sábado iste gran Aberto do Lipi-Lape, última parada antes que o gran comboio da LNB parta en direccion a Conxo na gran travesía da competición regular- E como iste verán tivemos lockOut xíbaro , iste torneo de Lipi-Lape de seguro que sera un pefecto reflexo no que ollarse as caras de todas as diferentes tribos do Sul e coordianr esforzos para que a vindeira edición unha competición tan incendiaria coma a Cunca Xíbara teña nova edición xa que son moitas as franquicias de todas as conferencias e de todo o universo billardeiro con moito interese en competir nela..lipi lape sempre , adiante co Varal!!

quarta-feira, setembro 21, 2011

BURELA...BONITO E BRAVO É!!!!

Non había mellor peirao que o de Burela para a LNB-NorLeste botar a súa nave de buxo cara á gran trabesía dunha nova tempada regular . Xa ó teu dispor o video-estalo de Tele-Varal que procalmou a Guille campión vestindo a Monteira da TendaGaliza e a Martinho dos Bulls reivindicando o poder dista mítica e grande franquicia de Remourelle que sufríu dúas inesperadas baixas niste incio de tempada mais suplidas xa por dous fichaxes que van dar moito que falar na súa gran xeira búfala-

E que mellor que cargarse de boa música e de pan de barco para aguantar semellante viaxe cara a terra de Conxo , Marosa jazz project , o grupo no que o palanador do Buril participa, realizan ise fumeante e portuario beboop galaico que nos conecta cos escuros clubes de Nova Iorque e as Bahamas donde Oscar Peterson , Dexter Gordon , Dizzy Gillespi ....e tantos outros sementaron para que agora Roberto Bouça e a súa banda de cool jazz recollan. E atención porque con ista inmellorábel B.S.O preparamos as furgonetas coma os irmáns de Akelarre Muimenta porque seguindo as coordenadas do mapa trazado no varal-international sob un espactacular análise da billarda en Indonesia igual en breve temos que tirar cara alí , mais donde seguro temos que tirar é iste sábado cara Marin xa que alí coordinado polos referenciais Almuinha, se vai celebrara o gran e agardadísimo aberto previo ó inicio de tempada na brava Conferencia Sur da LNB....Pincha, Konda-Kondi e Billarda sempre, adiante co Varal!!

EXTENSIÓN AGRARIA COLLEN O RELEVO DO CICLISTA LNB E POSICIONANSE COMA POSIBEL BANDA PARA A SINTONIA DA VOLTA CICLISTA GZ_2012!!


Impreiisnate actividade entorno á fuxida cara diante de Extensión Agraria , xa tendes ó vosa dispor o alebrestrado segundo asalto da acción sonora perpetrada no Abertinho de Vermú de Remourlle, nista ocasión os Extensión versionean un dos exitazos da priemiura etapa do grupo con campo base en Meira- E Atención porque a fervenza é tal que o caldo de forza fervendo na pota escorrega por tódolos lados e lévanos a anuciar que despois do exitazo colleitado na Volta ciclista a Galiza ista find por Rubén Sanchez, o ciclista-LNB , axilízanse as xestións para que Extensión Agraia sexa o grupo que poña B.S.O ó volta a gz do vindeiro ano donde en cada vila de chegada , se contempla a posibilidade da celebración dun Aberto de Billarda para revivier a xostradas ista mítica cita ciclista que se está a esmorecer-

RUBÉN SANCHEZ, O CICLISTA DA LNB , ACADA O OBXECTIVO DA VISIBILIDADE NA VOLTA Á GZ!!

De lamentábel teriamos que falar ó referirnos á cobertuda dunha volta ó pais galaico que se descoidan non sáe en tres etapas da mesma parroquia . O valenciano José Belda, un dos que partía coma favoritos, logrou o primeiro posta na xeral máis a quen carallo lle importa iso? Dende logo os nosos ollos estaban postos na figura de Rubén Sanchez, o xa mítico ciclista LNB, que representaba a toda a LNB e nós a cambio lle proporcionabamos un fantástico touciño entrefrebado para impulsar a bicicleta cara ó infinto- Nas dúas primeiras etapas Rubén non acabada de atoparse e en ambas estivo por debaixo do posto 50 máis na terceira foi a definitiva para a visibilización dista grande aposta da LNB , á hora de afrontar iste gran reto a idea que se lle transmitíu é que tiñamos que vencer a indiferencia do groso do pelotón polo que , se viamos perigrar o primeiro posto en algunha etapa, optar con todas as nosas forzas polo derradeiro , e así foi , como se pode observar na clasificación final da terceira etapa ....obxectivo cumprido, ciclismo e billarda sempre, adiante con Rubén e o ciclismo con dopaxe billardeira!!

terça-feira, setembro 20, 2011

NON TES NEN LUZ, NEN AUGA , NEN BAÑO ,NEN GAS...MAIS PODES TER A LNB E A EXTENSIÓN AGRARIA AO VIVO NO TEU LAR!!


SOMOS TIPOS DUROS E ESTAMOS CANSOS DE LERIAS , ASIQUE IDE FODER A OUTR@S COA VOSA PUTA CARA DE CONA ANTES QUE VOLA REVENTEMOS ...NON SOMOS OASIS , SOMOS EXTENSIÓN AGRARIA . A DIVISIÓN PARAMUSICAL DA LIGA NACIONAL DE BILLARDA PREPARA XA O SEU ESCUMOSO BIEITIEIRO TOUR , SE GARANTIZAS 15 LITROS DE GASOIL PARA ALIMENTAR O GRUPO...QUIZAIS POIDAS CONTRATALOS: chankli_12@hotmail.com


Despois do impresionante video-estalo de presentación da tempada 2012 que está abrindo infinidade portas coa descomunal patada creativa lanzada dende o universo Pincha , dende o outro hemnisferio termen as ánimas coa segundo aparición dos Extensión Agraria no web oficial de Tropa Lixeira, atención porque o lume expansivo das accións criativas entorno á LNB espállase imparábel pola redes e polas leiras , as ideas aparentemente atrabiliarias surxidas no primarios Billarda-Lab que apuntaban cara un gran festival itinerante de cinema e música independente billardeiro parello ós abertos está cara vez máis preto e con istes arrebatos non fai máis que medar a bola de lume que se ti queres pode desembocar na túa palleira , cabozo , bar ou taska ....que non che trema o pulso, e rouba o gasoil para alimentar a besta!!

segunda-feira, setembro 19, 2011

CAZANDO O PRESENTE, ESFOLANDO O FUTURO ..., ADIANTE CO VARAL!!

Imposíbel deter o lume que arde por debaixo da terra e prende nos pes dos palanadores e palanadoras que ista find absolutamento repleto de actividades, alumearon a chama no facho billardeiro da conferencia mae do Norleste en Burela e Remourelle, e que xa vai camiño de prnder no resto de conferencias que anuncian ós catro ventos o incio das hostilidades- Nun arrinque de semana con terroríficas novas coma a do peche definitivo do Xornal de Galicia na edición web, O cese de activade dos irmáns de Seioque e o punto e coma na carreira musical de The Homens , deixanos un panorama desolador e cínxenos de responsabilide para ser un dos referentes nun país , no que por intres , semella que se nos escorrega coma a area entre as dedas.

A espectacular crónica do gran suceso en Burela no arrinque de Conferencia o podedes conseguir con pelos e sinais no web oficial do NorLeste , e ademais durante toda a tempada poderedes seguir os resultados acontecidos en todas as conferencias da LNB no espazo da Radio Galega "Galizia en Goles" , os sábados apartires das 23:50 h. e os domingos ás 22:50 h -

Burela , espazo xa mìtico donde o boniteiro da LNB botou a andar , situou a Monteira de TendaGaliza no maìs alto do corpo do gran campión Guille dos Outros que gañou nunha gran final e cun varado na primeira carreia a Matrinho dos Bulls que conquestaban así á inesperada fuxida de Ginés e Andés da franquia de Remorelle ós Batea ó máis puro estilo do "nacín para xogar alí " . E o terceiro eslabón do podium foi ocupado por Xosé Rodiño , o dos Batea será convidade de luxo nisa e noutras confencia xa que ó igual que a súa equipa militarán e puntuarán cara Conxo na recén estreada Conferenca Salnés que xa nos apresentan o seu web oficial-

Mias non foi a única Monteira da TendaGaliza que se lucíu ista find, foi tan só unha horas de spis de Burela a serpe multior da LNB dirixiuse case sen durmir á Remourelle para desfrutar do Abertinho do Vermú, que se mutou nun espectacular Abertazo con tódolos condicionates que se esixen para ser tal, Xulio rachou pronósticos e lucíu explendoroso a Monteira de Campión dun Abertinho que deixou podesoso rastro de por donde van ir os tiros.


- déronlle aquí morcilla a Vidal? / - ¡¡aquí non!! - ¡ Pois adiante co Varal !
Non podemos maís que remitirnos a istes marabillosos versos de Rosalía de Castro cos que o gran palanador dos Bulls, Muriego , nos ilustrou nun fenomenal xantar na casa Lola , imparabel ademáis, xa que durante a celebración do Abertinho, El viejo Pescador, agasallounos cos espectaculares petiscos de bonito cos que se acompañar os grolos que acenderon a nosa implacábel chama de xustiza poética.

E non foron só palanadores nativos senón que ate Remourrelle se achegou un grupo de palanadores e palanadoras celtíberos da Tribu Estornija , e foi tal o impacto e a boa acollida por ambos pobos, o da billarda e da estornija que xa se iniciaron trámites para tentar no corazón da íberia sumerxida ( que dirian os heroes ) chantar unha billarda ardendo.
Se Martnho foi quen en Burela sitou na final o xenio dos Bulls para aplacar a fuxida dos dous palanadores Ginés e Andrés, no Abertinho do Vermú foi Bea , a palanadora focense dos Bulls quen fixo outro tanto reivindicando a figura dista gran franquia LNB sotuandose na final fronte a un emerxente Xulio dos Billardeiros Musicais que está a ser a gran sorpresa nista potentísma equipa Ribadense.

Con Extensión Agraria todo pode ser posíble, foi o bautismo sonoro para un histórico da formación como é Miguel que en Remourlle se incorporou oficialmente á nova e imprevisíbel xeira sonora dos Extensión som systema - Foi el que colleu dende o incio o boi polos cornos e quen exerceu de espectacular Dj para amenizar unha sesión vermú que botaba....

Dende a xa mítica actuación de Extensión Agraria en Baltar no Festival da Chaira, os músico-palanadores non voltaran a capar ningua cocha, foi en Remourelle donde a cuchilla de afeitar de novo raxou a pel do animal repasando repertorio e incorporando temas novos creados por palanadores que enviaron os seus temas , ti aínda podes ser quen dirixa os ouveos enviándoles unha letra>> ovaral@hotmail.com

Sen dúbida o grupo colle forma , e cunha impresonante sesión de contorsionismo de dedas durante a sesión de chupiños Miguel comezou a exercer do que é , un auténtico mago das cordas e lider absoluto dunha fomación disposta a todo para facer ouvir o berro e o laio dos palanadores e palanadoras en loita , foi aquí , niste sempre intenso intre cando Rodrigo de Tropa Lixeira deu o seu si quero a Extensión Agraria para ser a gorxa pola que flúa a mensaxe e xunto coa posibel incorporación de Carmiña para algún tema por voz a tanta enxebreza pura-


No serán ambientando o torneo de preparación para a Copa Cantábrica ó estilo Liriu donde o seleccionador nacional, Flores , tivo xa vendo as evolucions dos seleccionábeis, Rodrigo, xa se incorpou ó Combo mentras na Coruña no Parque de Santa Margarita ultimaban o calendario de competición para a Conf. NorOeste e cinxían tamén o día e emprazamento do Billarda All Star que ista edición volta ao orixe coordiando pola noroeste e no que é moi posíbel que os Extensión Agraria esteñan inaugurando a súa primeira saía fóra da conferencia NorLeste arrincando así a súa xira Escumoso Bieiteiro Tour que os levará por tódalas conferencvia da LNB . Atención pois porque todo xa está en marcha e moi atentos porque moi pronto o esquíu da Bezouqueira comezará a chimpar para anuciar que a beda se abríu tamén na Conferencia Billa, cazando o presente , esfolando o futuro billarda sempre, adiante co Varal!!

sexta-feira, setembro 16, 2011

A NOSA OFICIALIDADE FACÉMOLA NÓS...LNB2012 DESPERTA DO TEU SONO!!

Foi unha espera terríbel , naide quería coller o palán sen o chamado a filas xeral do xa mítico video oficial que se produz tódolos anos dende a productora Pincha-Viçom - Se Pulp Fiction recuperou a Travolta para o resto dos seus días , o Tarantino de Mos recupera despois dunha xeira en series B producidas en televisions locias coma da de Lourenzá ou Macedonia donde pensaban en Elvis como a seu novo salvador da patria ó estilo do baloncestisca Bo McCalebb, chega o despertar dunha estrela absoluta, o primeiro plano fortal de Elvis fronte á cámara sitúao ó caron dos grandes intres do cinema galaico coma o de Mamasucion diante do lume da lareira . Lume é co se resolve ista auténtica xoia de Pincha-Viçom , un lume coma o varado de Elvis se vai espallar dende xa por todas as conferencias na màis importante competición galega e unha das màis potentes do mundo dun desporto de seu...abre os ollos , xúnguete á LNB!!

Apresentamos tamén o posíbel cartón Billarda Sempre que a LNB estuda espallar por todas as pista para a un prezo de módico entre tod@s apoiar a autoxestion do seguro que cubre ista competición que racha moldes e dentes, porque non imos agardar por naides ...A NOSA OFICIALIDADE FACÉMOLA NÓS!!

E o priemeiro xostregazo como non podía ser doutro xeito o dá a conferencia mae , arrinca pois no NorLeste co mírico Aberto do bonito a celebrar o sábado no porte de Burela a competición oficicial na LNB un aberto que ademàis terá unha explosiva refesta o domingo coa celebración do Abertinho do vermú en Remourlle apartires das 12 h donde o Abertinho será desamenizado por Extensión Agraria o grupo entorno á LNB que vai estrear as brutais composición que xa chegaron e que ti aínda lles podes mandar para ir confecionando un repertorio co que traben os micros coma os cnas collen as morrallas , non reteñas máis o teu impulso e manda a túa composición>> ovaral@hotmail.com - Mais depsois do vermú e ada tempestade sonora de Extension Agraria chegará a calma en forma de xantar de irmandade na Taberna de Lola...que alegría, alegrote, o rabo do año parroquial estará no pote!! e ademáis co manxar o Pitu Caleya e moi posíbel esteña acompañados por membros do Liriu que crucen a poza e esteñan no xantar e festa de irmandade encabezando o comando polo Comandante Hevia que ademáis chegará a Remourelle coa mente aberta para tentar pechar a actuación de Extensión Agraria no primeiro gran festval do Liriu-Rock que se celebrará en Piarnu entorno á celebración do prócimo Pitu Caleya. Contacto: 605.316896

Pregamos puntualidade para a desputa do Aberto do Bonito en Burela xa que hai moitas posibilidedes de cobertura televisiva do arrinque de tempada da LNB . O Colectivo Buril un ano máis e sempre , serán os ollos da serpe multicor da LNB que iste sábado invadirá Burela para unha vez mais trocar o touciño entrefrebado polo fantástico bonito, e xunto con eles ir artellando un novo recibimento do vindeiro ano pola hora galega e bañados en Escumoso Bieiteiro_ Contacto: 636.843377 / E atención porque a tribo da Conf.NorOeste informa que iste domingo vai haber no parque de Santa Cristina Abertinho e reunión para xestion da tempada>> O domingo no Parque de Santa Margarida realizaremos unha asemblea aberta para que se achegue todo o mundo que queira participar este ano na V edición da nosa liga. Falaremos de datas e localizacións para os abertos deste ano, e por suposto, tamén xogaremos un pouco. O domingo ás 17 h tod@s ao Parque!!


Foron os irmáns de Tropa Lixeira de Meira quen nos apresentaron o explosivo sabor e poderío brutal do Escumoso Bieiteiro e son eles os que dende o seu xa refencial web-blog lanzan baixo licenza Lixeira un explosivo video-estalo de presentación de franquicia . A tención porque M de Meira son pioneiro no circuito de festivais de cine alternativo fóra dos marco das grandes cidades achegando a creación audiovisual mais contemporaneo ó rural e serán un dos puntais na tentativa do tribo billardeira a asaltar festivais tan potentes e referenciais coma o de cans , ánimo e caldo de forza para todas as franquicias da LNB e para o noso ciclista Rubén Sanchez co que tod@s pedalemaos nista volta a galiza porque se todos ergurmos os paláns á mesmo tempo o mundo treme...Billarda sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, setembro 14, 2011

O CICLISTA RUBÉN SANCHEZ REPRESENTARÁ Á LNB NA VOLTA A GZ , COÑECE Ó NOSO CICLISTA NA ESPECTACULAR ENTREVISTA A FONDO DE TRONZADORES DE CUNETAS!!

[Espectacular saudo de Rubén Sanchez a toda a tribo-LNB]

POÑÉDEVOS CÓMODOS PORQUE A LNB DÁ UN NOVO GOLPE NA MESA , MENTRAS DENDE O SUR ULTIMAN OS PREPARATIVOS DE ARRINQUE UTILIZANDO O FÚTEBOL CON B.S.O DOS TERBUTALINA PARA ESCUPIR SOBRE ISE ANTI-DESPORTO CONVERTIDO EN MERCADORÍA , POLO OUTRO HEMISFERIO DO PAÍS, APRESÉNTASE A FIGURA DO PRIMEIRO CICLISTA-LNB QUE VAI PARTICIPAR DURANTE ISTA FIN DE SEMANA NA VOLTA CICLISTA Á GALIZA REPRESENTADO A TODA A TRIBO INDOMÁBEL BILLARDEIRA. EN EXCLUSIVA MUNDIAL APRESENTAMOS A ENTREVISTA CONCEDIDA POR ISTE XA REFERENCIAL CICLISTA GALEGO Á XENTE DOS TRONZADORES DE CUNETAS, O COLECTIVO FORMADO ENTORNO Á LNB DE APOIO ÓS CICLISTAS GALEGOS EN TÓDALAS VOLTAS DO MUNDO. POR MEDIO DO FACEBOOK DO VARAL E POR ISTE MESMO MEDIO , SEGUIREMOS A BRUTAL AVENTURA DO NOSO CICLISTA NA VOLTA QUE ARRINCA ISTE VENRES EN NARÓN, TODA A LNB CON RUBÉN...CICLISMO E BILLARDA SEMPRE!!

Tronzadores de Cunetas >> Hoxe entrevistamos ao ciclista afincado en Santo Adrao Ruben Sanchez, do Clube Ciclista Ourensán. Fai uns anos cambiou o palán pola bicicleta. Logo de participar nun aberto en San Xurxo (Lourenzá), no primeiro ano de existencia da LNB e facer un varado no seu primeiro golpexo preferiu tentar a sorte enriba da bici, e logo de gañar varias etapas e de dar moita caña por todo o estado español, o venres comeza a sua andadura na Volta a Galiza. A LNB quere darlle o seu apoio:

1) Como chegas de forma a volta a galicia 2011?

En principio moi ben, tras o primeiro pico de forma de xuño (que saíu bastante peor do que me tería gustado), o segundo pico de forma xiraba en torno a esta Volta. Os entrenos foron ben e a única percance que tuven en carreira, en Vigo, quedou nunhas queimaduras co asfalto e pouco máis.

2) Que che parece da reducción dunha etapa, disputandose nesta edicion tan so 3 etapas?

Pois unha mágoa. Que unha volta que en 2009 constaba de 5 días este ano sexa de solo 3. Máis días de competicón dalle máis valor a propia Volta en si. Ademáis cantos más días, máis oportunidades de victoria, este ano solo se poñerán en xogo 3 victorias de etapa e a victoria na xeral.
Pero mellor que sexan 3 días a ningún, que coa situación que vivimos coa escasez de probas...
Por outro lado, para min hai unha ventaxa con menos días de competición, porque é máis fácil manterse cos darriba 3 días seguidos ca 4, cousa de limitacións que asumín e manteño ainda hoxe, no meu xeito de afrontar este deporte


3) Ante a desinformación que existe ante esta volta, coñeces ben o trazado?

Ainda confirmei onte (o luns), que habían ser 3 etapas en lugar de 4, así que imaxina se coñezo... Do pouco que puxo de información a Federación galega na súa web, vexo que pouco coñezo na bici de por donde discurre a carreira. Quédome con que a segunda etapa é pola costa da morte, crequiña de Cee donde gañei etapa o ano pasado en Volta a Coruña, a ver si me sigue esperando boa fortuna por aquela zona... jeje. O que espero é que o recorrido sexa selectivo como para que a carreira estea entre os máis fortes, con eso confórmome.

4) Que obxectivo te marcas na volta?gañar unha etapa ou loitar pola xeral?

Gustaríame mellorar o 20º posto do ano pasado e loitar polo maillot celeste de mellor galego. Pero hai que ir coa ambición de loitar por todo canto se poida. Pero xa se encargará a carreira e nos irá poñendo no lugar que corresponda, en función de eso haberá que ir vendo porque se pode loitar



5) Sabes o nivel de participación que vai haber?

Non sei moito, pero ante a escasez de calendario a xente non pode deixar escapar as poucas oportunidades que hai, así que a participación seguro que será importante. Froiz será o equipo a batir, Guerola seguro que ven forte, non sei si Caja Rural e Azysa virán, os rusos do Lokomotiv, os portugueses do Loulé co galego Salgueiro á cabeza, os portugueses do Liberty que veñen de arrasar na Volta do futuro (Volta a Portugal sub 23)...

6) Como ves as escadras mais potentes do panorama galego como SuperFroiz?

Froiz sigue a ser a escadra máis potente de España non solo de Galicia, ainda que este ano non están a gañar con tanta facilidade os seus 4 fantásticos, pero para esta Volta... De Segovia ven de gañar a Volta a Salamanca, Vallejo quererá pechar ó grande a súa andadura no ciclismo, Dueñas que é salmantino intentará desquitarse da Volta da súa rexión, De Mateos é o vixente campeón e sabe estar sempre diante, Aser Estévez acaba de gañar o campeonato galego tanto en línea como en crono e de facer boa Volta a Valencia... O Cambre - Renault Caeiro cimentará a carreira en Adolfo Vicente e Maroño. Spol - Novacaixagalicia ben cun xove Raúl Medín que fixo boa Volta ó Futuro e con Gustavo Rodríguez (ex de Xacobeo) que sigue estando diante ainda que agora se dedica ó duatlón. Aluminios Cortizo chegará con Nohales como referencia e os 2 rapaces que fixeron bo campionato galego Riaño e Sousa, a ver que poden facer. No Vigués Asier Fernández, Mariño e o israelita Yoav, conforman un bloque de bastante garantía. A ver que tal se nos da.

7) Sería positivo para o ciclismo galego que a Volta fose dunha semana mezclando escadras profesionais e amaters, como por exemplo se fai en Asturias?

Teño que matizarche que en Asturias sucede eso gracias á participación de seleccións xunto cos equipos profesionáis. Así que tan solo os rusos do Lokomotiv participando como selección e a selección española que escolle De Santos para esa carreira, levan corredores amateurs. Pero é unha volta profesional. Do que ti queres falar realmente é das Voltas continentáis como o Circuito Montañés. Son Voltas nas que compiten equipos continentáis e amateurs, non poden nin continentáis profesionáis nin Pro Tour. Explícoche hai 3 categorías de equipos profesionáis: Pro Tour (como Movistar e Euskaltel), despois tan os Continetáis profesionáis (como Geox, Andalucía - Caja Granada e Caja Rural, a esta categoría pertenecía o Xacobeo Galicia) e por último os continentáis (como Burgos Monumental e Orbea). Desde logo que é bon unha volta máis importante! Eso significa crecer, pero como falábamos antes mellor que polo menos resista como amateur. Falábache antes do Circuito Montañés, unha Volta de en torno a unha semana que se facía en Cantabria e que era a carreira máis importante do calendario español, pois esta no non se fixo pola incapacidade para sacar adiante o séu impoortente presuposto. Para que vexas a importancia da carreira decirche que 4 dos gañadores das últimas 5 edicións foron: robert Gesink, Bauke Mollema, Tejay Van Garderen e Fabio Duarte

8) Mirando xa cara o futuro . . . ves posible dar o salto cara o profesionalismo?

É complicado porque empecei moi tarde nesto con 22 anos, polo que sendo o meu 5º ano xa son 26, así que pasar con 28... Conformaríame con ter por fin a oportunidade de correr nun amateur punteiro e nas condicóns que creo merezo, estaría ben poder disfrutar de eso unha temporada


9) A desaparicion do Xacobeo Galicia como equipo profesional foi moi negativo para a xente coma ti que espera ter unha oportunidade a nivel profesional?

A escasez de equipos en xeral, porque eu preciso da confianza de alguén para dar o salto polo que che dixen antes. Pero hai rapaces novos ós que se lles ve a proxección a leguas e como non hai equipos para darlles oportunidades... Como leín un día unhas palabras de Carlos Sastre; "o ciclismo é unha proyección da sociedade e está salpicado polos mesmos males ca ela" (Bueno a él leinllo en castelán que si escribe en galego, polo menos aquel día no fixo, claro... jaja. Pois eso, que hai crise, hai tramposos, embusteiros, ladróns... Como no resto da sociedade

10) Como esta o nivel da canteira ciclista galega?

Esta resúltame delicadilla porque non me gusta a resposta. Aser Estévez xa foi Élite este ano (a categoría na que nos catalogan ós mallores de 22 anos) e fixo boa temporada pero non rematou como gañando como facía en 2009. Adolfo Vicente e Sergio Míguez teñen bo nivel pero non chegan ó nivel dos punteiros españois sub 23, además creo que é o último ano sub 23 de ambos. A partir de ahí non vexo moito máis, os rapaces fixeron bo campionato galego pero era unha carreira de un día e non moi esixente. O maior telento que tiña era Pedro Macía que se viu afectado coma min pola desaparicón do Cidade de Lugo e prefiriu aparcar a bici un ano para centrarse na súa carreira de Medicina. O que me lembra a outra víctima máis da desaparición do Lugo, Jose Cerezo, que ainda con 26 anos xa, foi dos 5 mellores amateurs españois o ano pasado e non tuvo oportunidade profesional nin tampoco a de seguir no Lugo intentandoo outro ano. Ese caso quitalle un pouco a moral á xente que intenta ser profesional.


11) Sería posible implantar o modelo Euskaltel en Galicia?

O País Vasco está a outro nivel deportivamente do resto do país. Teñen unha cultura deportiva que non existe no resto. Polo que calquera deportista mesmo dos seús deportes tradicionáis (como sería o voso caso) e moi recoñecido. Así é máis fácil que a xuventude quera ser deportista. E hai máis de donde tirar á hora de montar unha estructura deportiva con equipos dende a base hasta o cume do deporte. Ademáis agora que se deixaron de intereses e parece que reman todos na mesma dirección aproveitandose da xente de todo o País Vasco e non sólo dos das estructuras que teñen convenios con eles... Por eso dera tumbos Gorka Izagirre hata chegar a Euskaltel, pero agora xa firmaron a Omar Fraile de Seguros Bilbao (cousa que non puideran facer no seu día con Gorka) quen debe seguir os pasos de Antón, Nieve, Landa. Recálcoche o da cultura e a cantidade de talentos na rexión porque tes o caso de Andalucía Caja-Granada que de cara ó vindeiro ano para rexuvenecer o equipo tirou de Román Osuna, campión de España sub-23, este si; pero os outros... Chacón, un ex-profesional medio murciano que tampouco fixo gran temporada este ano como amateur; Aguilar, xa lle deran fai tempo a oportunidade en algunha carreira e este ano a pesar de non andar moito acábano subindo e "roubáronlle" ó Caja Rural do equipo amateur a un catalán como Jordi Simón. O que quere decir que para subir a andaluces conformáronse co que había e ainda tuveron que ir buscar cousas fora, porque non os lembro eu outros anos buscando xente de fora de Andalucía. Polo que un modelo como o do Euskaltel é sempre xenial, pero donde mellor funciona é donde hai gran afición e xente que se poida involucrar coa estructura e sobre todo rapaces novos que medren en torno a ela.

12) Quen pronosticas que pode gañalo mundial en Dinamarca dentro de duas semanas?

Parece que a cousa vai de sprinters e si ten que ser así ogallá sexa Freire, pero Sagan, Bennati, Petacchi, Cavendish, Husvod, mesmo o mellor ciclista do ano Gilbert ou Cancellara intentando desquitarse probe algo.

terça-feira, setembro 13, 2011

TROPA LIXEIRA ESTREA INCENDIARIO ESPAZO WEB , EPICENTRO ABSOLUTO DO EMERXENTE MOVIMENTO DO BILLARDA-LAB!!

Non é que sobren as palabras cando un recibe iste gancho de esquerddas dende Meira , é que sobra todo o resto...a franquicia da terra cha , colle o palán e dispara contra o mundo as súas afiadas billardas nun web-blog do que xa sabemos todos que vai un referente absoluta para toda a tribo billardeira e un epicentro absoluto do que xa se dá en coñece coma BILLARDA-LAB , ponse marcha ise laboratorio de ideas , actitudes e accions paralelas ó bruar das billardas que terá no web oficial de Tropa Lixeira un dos seu pilares e referentes absolutos - E para mostra iste mesmo domingo durante o Aberto do Vermú en Remourelle o grupo de experimetación maoista Extension Agraria amenizarán o Abertinho cunha brutal sesión na que ti esteñas donde esteñas poderás participar xa que se tes unha letra que queiras que interpreten non tes máis que enviala e será ouveada - Os palanadores dos Billardeiros Musicais Daniel coa Tuba , Hugo co baixo e Makitos co xilófono midi postúlanse coma convidaos estrela dista nova accion sonora de improvisación extrema...xente de Meira, Tropa Lixeira, presentes!!

segunda-feira, setembro 12, 2011

O ABERTINHO DO VERMUT DE REMOURELLE VAI BAÑAR EN LICOR A BRUTAL APERTURA DE TEMPADA NA LNB!!


Combulsions absoluta xa que no horizonte xa se divisa o arrinque dunha nova e emocionate cometición regular que nos vai a ter todos remangados dende o inico ate o infinito , atención que o Sur estase a rearmar moi seriamente e segundo informan dende alí están dispostos ista tempada si a conseguir o pleno de campións nacionais , para elo utiman un explosivo Aberto de pretempara en Marín antres do arrinque regular e o mais aterrador , a agardadisma amiaza en forma de video-estalo que nos vai deixar a todos contra as cordas, atención pois á fulgurante actualización do seu web-blog oficial porque a cousa ven mais quente que o ferro da cociña- E se polo sur andan asó na Norleste Burela o sábado será o gran arrinque no Aberto do Bonito coordinado polos irmáns do Buril con nova ubicación na porto , atención ás señas do web-oficial porque iste aberto de arrinque vai ter a refesta ó dia seguinte domingo coa primeira edición do I Abertinho da Sesión Vermuth en Remourelle , apartires das 12 h. a cita será na pista para desputar o Abertinho tomando o vermuth ó carón da pista servido polos irmáns da Casa Lola de Remourelle para ó finalizar o mesmo celebrar un xantar de irmandade donde se despachará o Año do Parroquial e o Pitu Calleya. Pregamos confirmar sistencia para o xantar>> 605.316896

domingo, setembro 11, 2011

A GALIZA VOLTA ARRASAR NA KONTXA FEMINIA MENTRAS A CONF. CENTRO ESTABLECE O SOVIÉTICO LOCK-OUT INVERNAL!!


A prensa irmá de Euskal Herria fala das excelencias das campioas outra vez da quizais máis importante competición da triañas de europa , é por elo que a LNB suma todos os seus paláns ós remos da seleccion da Galiza para felicitar agora e sempre á tripulación da Rianxeira que en Donostia unha vez máis deixou mostras do seu brutal ritmo de palada-

NO ABERTO DE CASTROFEITO ESTABLÉCENSE 8 XORNADAS NA CONFERENCIA CENTRO CON LOCKOUT INVERNAL PARA DECEMBRO E XANEIRO!!

De seguro que logo imos ter imaxes de triunfos compartidos ó igual que o equipo galego de traiñas en terras de Euskal Herria xa que a inmseción txirikila nista terras con Joseba e toda a tribo galaico -euskaldun de Pasaia é xa imprábel. E máis agora que todo o mecanismo billardeiro na galiza se engraxa para porse en marcha como aconteceu iste domingo en Castrofeito na Foliada-Aberto de bllarda no que Toño dos Furabolos marcou territorio vencendo niste torneo previo ó incio de tempada se perfilou xa con oito xornadas con lock-out invernal nos meses de decembro e xaneiro polo que imaxes tan fantásticas coma a foto de cabeceira van ser complicades de obter mais de seguro que palanadores e palanadoras disa conferencia ó igual cas estrelas da NBA buscarán equipas noutros continentes billardeiros para competir durante ise parón invernal ao máis pro estilo soviético..estornela e txirikila sempre, adiante co Varal!!

EU QUERO SER ....MONTEIR@!!

FOI COSPEITO E FOI REYES , A GRAN PALANADORA DOS OUTROS , OS ELEXIDOS POLA GLORIA PARA NO XA MÍTICO ABERTO DA RÁ INAUGURAR A IRRUPCIÓN BRUTAL NA LNB DAS MONTEIRAS GAITEIRO-BILLARDEIRAS PARA POTENCIAR AÍNDA MÁIS A MENSAXE VISUAL DE CADA CAMPIÓN OU CAMPIOA DOS ABERTO NAS DISTINTAS CONFERENCIAS- TENDA GALIZA ENVIONOS ISTE PODEROSO AGASALLO E NÓS DEVOLVÉMOSLLE ISTA IMPRESIOINANTE IMAXE...REYES MONTEIRA DE COSPEITO NA PISTA DA FEIRA DO MONTE!!

Durante a tarde diste sábado 10-S ate Cospeito foron chegando siareir@s que deron un colorido fantástico ó xa mítica Aberto da Rá que marca o inicio da irrupción das Monteiras Billardeiras patrocinadas pola Tenda Galiza que van invadir os abertos de todas as Conferencias da LNB para remarcar a figura de cada gañador ou gañadora dos Abertos reforzando aínda máis a mensaxe visual dista nosa imparábel proposta e o poder implacábel das accións billardeiras simultaneas-

Letras Chairegas e o espectacular peluche da ra da logoa de Cospeito doada pola Tenda Galiza foron os premios para Daniel dos BM que acadou o segundo posto niste asalto previo ó inico da tempada regular o vindeiro sábado en Burela na NorLeste.


E letras chairegas , artesanía e un espectacular exemplar grande de Peluche de Tenda Galiza foron os premios para Reyes , a palanadora dos Outros, a gran campioa do Aberto da Rá que acada o estatus mítico de primeira Monteira da LNB co título conseguido maxitralmente en Cospeito despois de dobregar a isa gran estrela do universo musical-billardeiro que responde ó nome Daniel Saavedra-

BAR O XUGO , A BASE DA XUGADA DAS FUTURAS PRESENTACIÓN DO DISCO REPÚBLICA BILLARDA!!

E como non podía ser doutro xeito ó carón da pistas de xogo estaba o Bar O Xugo que exerceu a función perfeita para acoller o sempre fantástico terceiro tempo billardeiro- Cervexas e parolada a eito entre os participantes no Aberto que abríu moitísimas vías de acción entre elas o de tomar O Bar O Xugo coma referencia absoluta de local no que acollerá a xa próxima brutal xeira de presentacións do disco República Billarda . Cervexa, música e abertinho de billarda serán a semente de victoria dista xira que vai rachar moldes , se coñeces ou queres que iso aconteza no teu bar , taska ou local polo que habitualmente pasas non dubides en porte en contacto: ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 10, 2011

INTERFERENCIAS NA EMISIÓN , AS TORRES NAZIS DE COSPEITO ANUNCIAN A PERIGOSÍSIMA ALIANZA ENTRE TENDA GALIZA E A LNB!!


Impresionate a instantanea exemplifificando o gran paso adiante que imos dar en Cospeito , ó pé da Lagoa , coa fauna salvaxe as torres nazis , coma testigo de excepción selarase a alianza da Tenda-Galiza e a LNB que vai dar moitísmos froitos e moitísmos que falar - Espectacular Peluche da Ra de Cospeito para o vencedor e segundo clasificado que acompañan ás figuras que a LNB-Cospeito xa teñen preparado e estrearemos a Monteira Gaiteiro-Billardeira coa que nos agallasallan os irmáns de Tenda Galiza e coas que identificaremos ós campións da cada Aberto en cada Conferencia e todos isto envolto nun espectacular papel de agasallo cuxos debuxos son os imponentes petrogrifos galegos, Tenda Galiza e a LNB un novo puño na mesa cara a autoxestión e a fuxida cara diante!!

sexta-feira, setembro 09, 2011

O BRUTAL CHIMPO DA RÁ DE COSPEITO CATAPULTA Á BILLARDA CARA UNHA DIMENSIÓN DESCOÑECIDA ATE O DE AGORA!!

Cun dos mellores e mais persoais cartaces de cantos poboan o universo LNB a serpe multicor bótase á auga para capturar a súa natural presa naif da lagoa - En Cospeito vivierase pois unha xornada que vai deixar fonda pegada non subconsciente colectivo xa que ista vila situada estratexicamente na chaira ó carón da Mariña e de Lugo cidade vai facer que detrás do ambulatorio converxan tribus de toda a Conf. NorLeste nunha enganchada preparatoria para o gran arrinque o vindeiro 17 en Burela - Será pois apartires das 16 h cando as billarda comencen a a bruar e farao dun xeito verdadeiramente aterrador xa que en Cospeito se selará a alianza coa TENDA GALIZA que da un golpe na mesa de dimensións brutais para nun lóstrego pasar das verbas ós feitos como se exemplificará no Aberto da Rá confiando a confianza a morte no poder intrísseco da LNB coma valor comercial e de difución de marca. Iste sábado como anunciabamos no Ultima Hora en Larouco ( Ourense) terás posibilidade tamén de exercitarte no Aberto da Tortilla que polo serán se desputa no campo da festa da vila ( contacto: 988348002 ) e dende as 16 H en Cospeito toda a sepre multicor da LNB se lanzará á lagoa para cazar a fántática e xa mítica Rá de Cospeito , Contacto: 659749388

CATROFEITO, DOMINGO DE FOLIADA E ESTORNELA NA CONF. CENTRO!!

E coma o basket en lituania , a estornela na Galiza é un simbolo de resitencia e libertade que a tribo da conferencia centro exemplificará á perfección iste domingo na gran folidada-billardeira de Castrofeito donde ademáis se celebrará unha asemblea aberta que servirá para establecer parámentros na xestion dunha nova edición de liga regular da conferencia .... se madrugamos, traballamos , nos vestimos e agasallamos con productos da Tenda-Galiza seremos un país imparábel!!