O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 30, 2011

PONTEVEDRA 3D: BILLARDA EXPERIENCE...TOD@S Ó CULTURGAL!!

Dende iste próximo venres ate o domingo , o Pazo da Cultura de Pontevedra vai ser un auténtico fervedoiro de ideas , proxectos e accións que convertirán o que alí suceda nun moi clarificador escaparate do ritmo cardiaco da cultura actural galega. E o sábado 3 de decembro unha billarda ardendo percorreá todo o Pazo coma un perigoso lóstrego para electrificar o Salón de Presentación Editoriais donde se apresentará nunha explosiva Palestra Aberta o disco "República Billarda" coa que a tribo LNB invadirá o Pazo da Cultura amosando unha vez màis sen complexos a súa dimensión global que de seguro deixará pegada no subconsciente colectivo, de tod@s nós depende , polo que adiante!! .... primeiro tomaremos Pontevedra e logo viño-LNB da Faisca e uns chupiños de Oreta Xida!!

RADIO CABALINHO NO ABERTO DO CULTURGAL >> REPÚBLICA BILLARDA Dj-SET!!
Ás 16:30 apresentarase na Palestra Aberta o disco República Billarda mais non será o único estalo xa que xunto co estreo do explosivo Mapa das Conferencias LNB e a cata da primera edición de Viño-LNB das Adegas Faisca estanse ultimando aterradoras sorpresas que poden facer tremer o terrazo do Pazo da Cultura - E non queda ahí a cousa xa que ó finalizar o acto ás 17 h . no pavillón de deportes do CEP Xunqueira-2 ( anexo ó pazo ) celebrarase o Aberto do Culturgal puntuábel para a Conferencia Sur no que ás estrelas diste hemisferio se unirán palanadores e palanadoras chegados de todo o resto de conferencias xa que se están preparando dende todo o país caravanas de carros para asisir , desfrutar e intervir nista agardadísima acción do Billarda Experience. Un aberto pois moi especial pois no que Radio Cabalinho executará unha das súas delirantes sesións de locución e música combativa na que os sons do República Billarda se misturará co resto do universo sonoro actual galaiko e mundial. Mais non será o único berro seco o dos locutores de Radio Cabalinho xa que por primeira vez se realizarán a pé de pista niste Aberto do Culturgal os grupos ou células de conversa en Arxina ou vervo xido , un fito histórico co que convidamos a todos os palanadores e palanadoras a mergullarse , recuperar e utilizar activamente ista lingua galega de seu utilizada orixinariamente polos canteiros á que a LNB xa lle atorgou a cooficialidade nas pistas de billarda . É por elo que para o campión ou campioa do Aberto do Culturgal levará xunto cos productos Culturgal unha espectacular botella de Licor Café ORETA XIDA , marca dunha referencial Licoreiría galega asentada en Chantada que utiliza a língüa arxina coma marca da súa liña de productos....billarda experience, tod@s ó Culturga!!

segunda-feira, novembro 28, 2011

MORTE Ó REI ....VIVA A REPÚBLICA BILLARDA!!!


O REPÚBLICA BILLARDA XA ESTÁ NO AR , XA SE NOTA NO AMBIENTE QUE ALGO TERRÍBEL VAI PASAR SE NON LOGRAS FACERTE CO EXPLOSIVO ARTEFACTO SONORO , CON MOITA MAN ESQUERDA AGARRO O PALÁN E COA OUTRA O REPÚBLICA BILLARDA PARA ARREBOLARLLO A ISES PAILÁNS...CARABULLO E DISCO POLO AR!!

PREZO DO CD DÓBEL: 10 EUROS

ENVÍOS POR CORREO: 12 EUROS ( ingreso bancario ou pago conterrembolso)
Atenderanse os pedidos no facebook oficial do Varal e no mail: ovaral@hotmail.com

Puntos de Venda:

Nos Abertos da LNB en cada unha das conferencias e nos diferentes Top-Mantelos que haberá nos distintos puntos do país nas vindeira datas

Locais nos que xa está Presente :

-A taberna de Lola ( Remourelle)
-Restaurante A Lareira ( Cabanas )
-A tenda de Ruth ( Ribadeo )
- Imprenta Viana ( Lourenzá )

Calquer interesad@ en distribuír o disco República Billarda no seu local que se poña en contacto , porque o gran reto diste disco é conquerir unha rede alternativa de distribución baseado no compromiso coa acción e a revolucion billardeira xa que en ningún centro comercial nen entidade similar poderás atopar ista brutal xoia colectiva de Sons , Letras e Actitudes....morte ó rei , viva a República Billarda!!

domingo, novembro 27, 2011

ESTADO DE SHOCK....O "REPÚBLICA BILLARDA" XA ESTÁ AKÍ PARA ESTOURAR EN CADA RECUNCHO DO PAÍS E DO UNIVERSO ENTEIRO!!

ARRINCANDO OS CHANTOS E INVADINDO AS LEIRAS , ASÍ CHEGA O "REPÚBLICA BILLARDA" ÁS TÚAS MÁUS PROLETÁRIAS . AGORA MÁIS CA NUNCA, E CON TODA A FORZA DO MUNDO... BILLARDA SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!!

sexta-feira, novembro 25, 2011

O SORRISO INSUBORNÁBEL DE MARTINHO ALUMEA O EXPLOSIVO ARRINQUE DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA!!

Foi tan só un ano sen o comandante Martinho mais semellou unha eternidade sen o sorriso insubornábel do referencial gerrilheiro e padrinho dos Abertinhos Lóstrego que foi el a luz que nos alumeou para o mítico I Abertinho do festival da terra e da Lingua de Narón cuxa semente permanece perpétua en cada movimento da gran serpe multicor da LNB como se pode intuír no agaradísimo levantamento do lock-out na Bezouqueira, conferencia que acaba de habitar a inscripición para participar nista temporada e na que de seguro terá presente a figura de Martinho no gran Aberto de pretempada que se prepara para o 5 de decembro na festa anti-contitucional en Ferrol que terá un explosivo fin de festa no mítico Chimarrao- Mais iste sábado en territorio tamén da bezouqueira no Local da Fundaçom Artábria realizarase o acto de homenaxe ó comandante Martinho con leituras poéticas , música , xantar de irmandade , ofrenda floras e a proxección dun documetal sobre a súa persoa que moi pronto agardamos poder proxectar nun dos xa míticos terceiros tempos dos Abertos da LNB . E recorda que iste domingo se queres madrugar ou non deitarte na Conferencia Salnés en Bordóns tes unha moi boa alternativa a lavar a faciana resacosa na pileta da auga vendita acudindo á pista de Dorrón donde apartires das 11 h . dará comezo a acción dun novo Aberto puntuábel na ConSal - Contacto: 649.325103

COMPOSTELA....AVENIDAS E O ALENTO NAS NOSAS CALUGAS!!

Metras en Cospeito iste domingo se celebra unha nova edición da Feira do Porco da Ceba en Cospeito ós actuais mandatarios da corte municipal semellan ter contraido a Triquinose e ó impresntábel nomeamento dunha avenida homenaxeando a un ex-ministro franquista únense as declaracións do alcaide amiazando a todo ser humano que só polo andar se poida deducir que sexa galeg@-pensante , - que nadie se crea que la zona vieja de Santiago es la de San Sebastian , ni nunca lo será ou van a sentir nuestro aliento en la nuca adicado ó que el considera colectivos e centros sociais nos que se xunta xente perigosa son méritos máis ca suficientes para que iste alcaide e a súa corporación toda queden descalificados por doentes no espectacular concurso de porcos da ceba que o concello de Cospeito organiza e que ten entre os seus patrocinadores ós amigos do Bar O´Xugo , unha feira ista na dende logo haberá que seguir de preto en vindeiras edicións para tentar que cochos da ceba e billardas converxan e que mellor sitio ca Cospeito...porque na matanza tamén é importante coñecerse de antes!!

quinta-feira, novembro 24, 2011

QUÉN OKUPA? , QUÉN PREOKUPA? , QUÉN INVADE? ....QUÉN É INVASOR??

Okupando espazos ....coa ramificación de Abertinhos Lóstrego en tódolos frontes ó xeito e semellanza dos irmáns que okuparon a Sala Iago de Compostela para xerar un foco cultural autoxestionado e alleo a toda a podredume institucional , e para frear o imparábel represión policial a eito en Compostela ó imaxe e semelanza da franxa da Gaza-


Okupación social , cultural e musical coma a que tamén van por en marcha os irmáns de Maghúa que iste venres estarán invadindo de billardas e ferriñas o concello das Pontes na denominada Foliada feroz ...., preparade fachos e billardas porque a brecha para o adianto da embestidura dun novo Abertinho nocturno na Foliada no Lar, eu son billardadeiro , no poido neghar, teño unha billarda e un palán na man!!

quarta-feira, novembro 23, 2011

TENDA-GALIZA DÁ UN NOVO PASO Ó FRONTE DISTRIBUÍNDO A NOVA EDICICÓN DE PACKS-LNB!!

Cun novo exitazo de xestión e participación no Aberto da Conferencia NorOeste no Fronton de Riazor no que Xosé Rodiño foi enfundou a espectacular Monteira da LNB que o mrca para a posteirdade coma o primeiro Monteiro de Riazor da Historia. Unha iniciativa surxida dos Irmans da Tenda Galiza que xa invadiron de monteiras todas as conferencias da LNB xesto co que exemplifican a súa total implicación no proxecto global billardeiro maís só a primira pedra dun gran edificio que xunto con outras marcas comerciais estase a organizar entorno á LNB , de feito Tenda Galiza está a estudar a coordinación dun fronte comercial conxunto de marcas comerciais para impulsar e difundir a billarda e o consumo responsábel , é por elo que se queres que a túa marca , prducto ou actividade se una á fronte comercial no dubides porte en contacto_


E para mostra do compromido total coa revolución LNB, Tenda Galiza tanto na súa tenda física en Hío ( Cangas ) coma na súa tenda on line XA se poden abquirir os famosos Packs-LNB a un fantástico prezo nas súas versión billarda clásica de dúas puntas ou na mono-punta. Ó carón das pelotas de Celtc Rugby , da camisola da selecicon galega de futbol e rugby están xa as billardas porque Tenda Galiza leva a Galiza a calquera parte do mundo donde esteñas e dende agora tamén che leva as armas para que te unas á imparábel revolución LNB- E atención porque na brutal engranaxe alternativa xa están en marcha os impactantes pins-enxebres da LNB que moi pornto os poderedes atopar nos diferentes Tops-Mantelos que invadirán o país enteiro...República Billarda , Sempre!!

terça-feira, novembro 22, 2011

DOCU-ESTALO TXIRIKILA 19N, PREME>> LICOR CAFÉ ZINTZILIK IRRATIA!!

Dúas únicas forzas saíron victoriosas nista pasada farsa eleitorial do 20N , Amaiur e o voto Chourizo na Galiza que abaneron a confortábel estabilidade democrática dista dictatura do capital. O recén nomeado presidente do governo xa anuciou que non se reunirá con nengunha distas dúas forzas polo que se fai máis necesario ca nunca ouvir a explosiva análise da actualidade social e política no estalo do referencial programa Licor Café que fan os membros do comando txirikila-billarda xunto con Carlos o director de Novas da Galiza que un día despois da celebración do Aberto de Pasaia pasaron pola emisora irmá de Zintzilik Irratia para comentar a xogada - Desfurade pois do son e das imaxes dun Aberto que se perfila coma o previo ó Galiza - Euskal Herria que xa está no horizonte... Xosé Miguel o campión do olímpico e do Aberto Aberto de Pasaia asina o fenomenal docu-estalo>> O sábado 19-N a txirikila-billarda voltaba a Pasai Donibane por terceiro ano consecutivo. No día anterior parte da caravana que se dirixía dende terras galegas a Euskal Herría foi interceptada pola Guardia Civil retrasando a súa chegada. En terras vascas pouco cambiaría o conto, xa que na única entrada por estrada a Pasai Donibane había un gran dispositivo policial.

Varios dos palanadores optaron por achegarse en barco dende Pasai San Pedro e aproveitaron a viaxe para fotografiarse coas obras de arte de Pasaia. Un deles foi o palanador uruguaio Gabri.

No concello de Pasaia situabase o centro de operacións da LNB, onde se instalaría a megafonía, que diferencia coas casas do concello galegas nas que ondean bandeiras que non deberían de estar.

A organización montaba o dispositivo básico para os abertos da LNB, varais, bandeiras, marcar as liñas:


Mentres tanto a canteira da LNB vasca adestraba, asegurando así o futuro da txirikila nesas terras.


Chegaban as 11 e tralo sorteo o comandante Mourinho explicaba as normas deste aberto, así coma o sorteo de grupos.
Comezaba o aberto con grande afluencia de público.


Durante o encontro os palanadores puideron disfrutar de balde de chourizo é sidra na cantina LNB.

O palanador galaico-vasco, Paulo de Burela-Errenteria para non perderse o aberto acudiu co seu fillo.

Avanzaba o aberto e ían quedando eliminados case tódolos galegos, ate chegar a unha final a 4 con 1 galego e 3 vascos. Como xa sabedes polo facebook oficial do Varal á primeiro posición de Xosé Miguel da faisca hai que unir o segundo posto de Aitor e na tarseira praza do pódium a Gartzi , neto de galegos polo que a sangue billardeira corre polas súas beas de txirikilari ....

segunda-feira, novembro 21, 2011

PONTEVEDRA 3:12


Sons , Letras e Actitudes.....

[foto: Noel Feáns] - Porque metemos a Nación nun disco doble e podemos xurar que malia o inverno perpétuo de quen nos xea a identidade a vella peneirará unha vez màis a noite ergendo co seu palán un micro-cosmos de músicas, palabras e billardas , no salón de congresos de Pontevedra, coma a sarna nos coellos, a fotografía da nenez no labirinto de buxo...na quentura da lá , na croa do desexo>> Bilharda Expericience!!

BROSAS, BILLARDAS E ABERTINHOS...A MENSAXE "Ó RODILLO E ÓS MERCADOS" DAS MINORÍAS RUIDOSAS !!


TODO LISTO PARA FELICITAR E RECIBIR Ó NOVO GOVERNO COMO SE MERECE.... A NOSA RESPOSTA SEN DÚBIDA NISTA E NO MILLÓN DE LEXISLATURAS CursivaQUE TEÑAN QUE VIR , SERÁ A DA SOCIALIZACIÓN DO CONFLICTO BILLARDEIRO...BROSAS E PALÁNS XUNTAS EN CADA ESQUINA E RECUNCHO DO PAÍS PARA POR EN MARCHA UN NOVO ABERTINHO QUE DISPARE Á SOCIEDADE A NOSA PODEROSA MENSAXE DE ALEGRÍA E COMPROMISO COA TERRA - MERCADOS SI .....PERO DE NAVOS, PATACAS E REPOLOS!!

domingo, novembro 20, 2011

"COFFEESHOCK COMPANY" LÍNGÜA CROATA E NACIONALIDADE AUSTRIACA , PASAPORTE DO LIET PARA FESTIVAIS NA GALIZA!!


E coma colofón absoluto dunha xornada de nom stop de billarda , música e loita en Udin no teatro Giovanni celebrábase unha nova edición do referencial festival Liet international , a descafeinada elección da interprete Frisia Janna Eijer coma campioa segundo o xurado amplifica a elección do público que catapultou ó espectacular grupo Austriaco de língüa Croata Coffeeshock Company ó primeiro posto do pódium imposíbel- Nunhas semanas de intensidade e fervenza musical na que nos mergullamos para desenbocar o día 3 de decembro no Culturgal coa presentación mundial do disco República Billarda , teremos tempo tamén para analizar os resultados.

Liet International Udin 2011>> Lista do Xurado:



1. Janna Eijer (Fris
ian), 83 points
2. Silent Woo Goore (Udmurt), 81 points
3. Coffeeshock Company (Burgenlandcroat), 80 points
4. Macanta, 77 points
5. Siroka Taldea, 70 points
6. Aoife Scott, 63 points
7. Rezia Ladina, 55 points
8. Skama La Rede, 52 points
9. Noid, 40 points
10. Cuntra Löm, 35 points
11. rOlfFa, 32 points
12. Priska, 28 points

UNHA RELIXIÓN QUE NO ABERTINHO DA FOLIADA DE RIBADEU XA ATOPOU O SEU MESÍAS!!


Só a impactante imaxe do gran palanador de "Troitas Bravas" , Regueiro , mutado en mesiás billardeiro co Zoncho-coroa na cabeza que o acredita coma campión do espectacular Abertinho Anti-Fan da Foliada de Ribadeo podía traer consigo a gran e agardadísima nova da finalización do lockout-bezouqueiro.

Iste domingo de farsa eleitoral no pavillon de San Xoan de Mugardos producirase o primeiro adestramento oficial bezouqueiro para o 5 de decembro realizar o prineiro e explosivo Aberto anti-contitución en Ferrol co que amarrar as cinchas de cara ó inico da tempada regular. E atención porque tanto no Bezouqueira coma en todo o resto de conferencias se está a mirar con admiración absoluta as accións entorno os Abertinhos coordiandos pola Anti-fans de extensión Agraria que están rachando moldes e sacando á rúa o conflicto billardeiro que ate o de afora para moitos estaba soterrado.

Non se quere o que non se coñece e por medio dos Abertinhos ó caron de frontes de acción social común , de noite e adaptándose ó terreo e as circunstancias a billarda está a captar adeptos e activistas decididos a dar o paso ó ingreso na LNB , dende nenos e nenas que van pedir nos colexios e nas casas a practica da billarda ate xente adulta que ve e sinte que pode voltar a desfrutar co desporto nacional coma cando era cativo...por iso , abertinhos en cada festa, foliada ou celebración sempre!!

Primeiro Franco....


E logo Daniel....os míticos palanadores da Norleste acudiron coma sempre á chamada da xungla enfundados nuns espectaculares traxes de gala seguindo a tendencia marcada polo gran Luis Camiña no pasado aberto de arrinque da Conferencial Sul-

Finala tres na que Martinho quería converterse en bi-zoncheiro despois do venres facerse co Zoncho tamén en Remourelle , mentras que a gran palanadora dos Bulls , Bea , buscaba en Ribadeu converterse na primeira Zonchera da história.

Mais ahí estaba o Mesías de Troitas Bravas , Regueiro, traía no peto a navalla que o acreditaba coma campión do I aberto do ferro da Pontenova e iso deulle a tranquilidade e fortaleza para afirmar nun intre de dúbida arbitral na final que el cando a mete métea toda sonón no vale.

E así foi , Xosé Regueiro subíu ó esceario para pasar á história coma o primeiro Zoncheiro de Ribadeu e como tal dirixiuse ós seus fieis e apóstolos nunha espectacular apresentación oficializada polo xornalista-LNB Serxio que a piques estivo de colarse na finalísima.

Abertinhos e demáis accións e actitudes que están a multiplicar a participación na conferencia Mae que convertíu o mítico Aberto de Flores nun fervedoiro de intercambio de ideas , paixón e desfrute colectivo-

Regueiro , Monteiro na Pontenova transpasada o distintivo á gran palanadora dos Outros Reyes -

Aquí a vemos recibindo o fenomenal trofeo de campioa de mans do mesmísimo seleccionador nacional Flores , protagonista tamén diste gran Aberto en San miguel que leva o seu nome e a súa pegada-


Reyes , Eric e Daniel por ista orde no Norleste e atención á clasificación do gran Aberto de Bueu na conf. Sur xa que a gran sorpresa a producíu o panador da equipa Menduiña , a cervexa artesá galega que invade xa tódos os poros da LNB . E atención porque iste domingo no serán aberto puntuábel no frontón da Coruña....Menduiña sempre , adiante co varal!!

sábado, novembro 19, 2011

XOSÉ MIGUEL , O ACTUAL CAMPIÓN OLÍMPICO DE BILLARDA VENCE NO MÍTICO TXIRIKILA DE PASAIA!!

Absolutamente impresinante a progresión do actual campión olimpico , Xosé Miguel , o palanador da Faisca convértese nun xogador que rende nas grandes ocasión e unha nova edición do Aberto de Txirikila e a só unhas horas do asalto euskaldum ó congreso dos leóns era intre perfecto para deixar pegada , o pódium compleno e as incidencias no frenético facebook oficial do Varal ...Xose Miguel EN plena FORMA!!


E aquí unha mostra dos espectaculares premios para os campións do Aberto de Euskal-Herria lugar perfecto donde se estrean as nosas colaboradoras oficiais Granxas Maruxa de Monterroso , pack de espectaculares galletas ecolóxica galega que Xosé Miguel entregou a Amaiur para aplacar o golpe no ollo...Txirikila sempre , adiante Amaiur!!

"AMAIUR" RECUPÈRASE DUN FORTÍSIMO GOLPE NUN OLLO NO MULTITUDINARIO ABERTO DE PASAIA!!


Durísimo golpe nun ollo a Amaiur, o xove palanador euskaldun recupérase satisfactoriamente dun txirikilazo en plena faciana que lle nublou por uns intantes a visión , pese a elo pasou de rolda e sitúase nas roldas cara ó tirunfo final na pista de Pasaia , unha acción que pode empurrar a unha masiva afluencua ás furnas para que a plataforma eleitoral do mesmo nome acade grupo parlamentar...txirikila sempre!!


sexta-feira, novembro 18, 2011

BILLARDA 19:11 >> COMBATE 20N!!

Contra as reflexions imposíebis billarda a eito en tódolos frontes...arrinca a acción no Abertinho do Magosto iste venres en Remourelle ás 21 h , Contacto>> 605.316896 / e continúa na mañá do sábado cunha nova edición do xa mítico Txirikila Txapelketa en Pasaia donde comandos da LNB levarán as billarda sementar semente de victoria que brotará no parlamento dos leóns- Contacto: 635276663

E iste mesmo sábado polo serán en Bueu poderase ver en directo a representación ao vivo da obra de culto do cinema indepenedente billardeiro 19:11 ademáis de que o seu protagonista Manuel dos Paquete Pinchas asinará billardas e corpos a tod@s @s seus fans que preparan unha alfombra de molido e toxo para a súa entrada na pista. Bueu agarda ansioso unha representación mçáis da contundente proposta da Conf. Sur que se prepara ademáis para o vindeiro sábado 3 de decembro axercer de anfitrións no brutal BILLARDA EXPERIENCE de Pontevedra no espectacular marco do Culturgal donde se apresentará o disco República Billarda e se desputará un explosivo aberto que de seguro vai deixar ós culturgaletas contra as cordas- Contacto: 647.190789

_ABERTO DE FLORES!!

E coa figura do gran seleciconador nacional coma referente absoluta , a serpe multicor da Conferencia Mae prepárase para a celebración dunha nova edición do Aberto de Flores que en vista das malas previsións metereolóxicas a loita arrincará as 15:30 no Pavillón de San Miguel- Contacto>> 605.316896

AFTER>> ABERTINHO NA FOLIADA DE RIBADEO_

Un Aberto de Flores que terá a súa continuación ou refesta na celebración dun novo Abertinho Magosteiro no marco da Folidada que se celebrará entre o lusco e fusco no mercado de Abastos de Ribadeo no que as billardas invadirán coma as castañas as tixolas furadas o centro da vila ribadense ó carón da música e do lume....cunha banda sonora de excepción , ferriñas , castañas e billarda sempre- Contacto: 636.887545




_ DOMINGO SERÁN FRONTÓN DA CORUÑA NA NOROESTE!!

E para consumir ise alento que índa lle vai quedar á serpe multicor para o domingo da farsa eleitoral , despois de tomar forza co xantar a tribo do NorOeste invadirá o frontón da Coruña acadado mediante a fantástica xestión da Equipa Maghua que xa dominan os entresixos da competición coa mesma destreza que golpexan as pandeiretas. Pechamos a xornada cun novo estalo de alianza billardeiro-Euskaldún xa que do Aberto de Pasaia pasando polo apoio ós irmáns de Siroka na súa intervención o sábado no Liet Internacional de Udin finalizamos a xornada intercambiando posicións cos poderosos pelotaris galegos da cidade da Coruña- Contacto: 679.908773

quarta-feira, novembro 16, 2011

SIROKA, A BANDA VASCOFONA TOMA FORZA CO LICOR CAFÉ DA LNB PARA INVADIR DE PODEROSO LUME EUSKALDÚN O LIET INTERNACIONAL DISTE 19n EN UDIN!!

Iste vindeiro sábado 19N os irmáns vascófon@s de SIROKA ó igual que as txirikilas en Pasaia invadirán o esceario do teatro Giovanni de Udin nunha nova edición do festival Liet Internacional , antes quixeron coller forzas tomando uns chupiños de licor café na cantina da LNB apresentando o seu tema Hi Vascofona e o seu proxecto sonoro global nunha parolada que ten coma fin último tentar rachar o xeo para a axilizar a urxente presenza de Siroka nunha mini-xira de salas ou festivais na Galiza>> contacto e contratación: sirokataldea@gmail.com / 647.108402

Denque que na edición bretoa do 2010 do festival Liet International de linguas minorixadas a banda suizo-galaica chegara á gran final impulsada pola lume da LNB ( Liga Nacional de Billarda ) foron moitos os lumes acesos que se artellaron entorno a iste encontro de xentes e universos de loitas paralolelas ó longo de toda europa. Que ningunha institución galega amparara aquela xeira nen aportara nen unha gran de area a posteriori para tentar encauzar unha representación estábel da lingua galega niste foro internacional amosa as claras o a autoxestión ten que guiar agora máis ca nunca os nosos pasos e amosa a firme e arriscada proposta da organización do Liet que escoita sen comprexos e elixe libremente as súas apostas para espallar o vervo xido na cada vez máis seguida internacionalmente final que iste edición se vai celebrar en Udin, en territoeio de fala Friuli- A LNB mantén alianzas co organismo Liet con base Frisia no estado Holaadés e estivo presente na eleccion do grupo asturiano Skama Na Rede celebrada no contexto do concurso "el meyor cantar" en Mieres , será pois o asturiano lingua de novo por convenio do seu governo co Liet máis o Esukaldun, que se estrea ista edición , as dúas línguas ibérica presentes no Liet Friuli do 19 de novembro . E como non pode ser doutro xeito ista irrupción do idioma basco non podía quedar desapercibido para o galego xa que o desembarco da potente banda de Bizkaia prodúcese nas mesmas coordenadas que a impulsada a pasada edición pola Liga Nacional de Billarda- Con SIROKA falamos niste intensa entrevista para axudar a descubrir os entresixos diste grupo liderado pola poderosa e persoal voz de María que agarda moi pronto apresentarse nos escearios galegos , as súas coordenadas son ven claras : sirokataldea@gmail.com / 647.108402

- Saudos dende Galiza, foi a recente elección polo referencial festival Liet International para parcipipar na gran final de Udine a que puxo moitos ollos e ouvidos de toda europa sobre Siroka , entre eles nosoutros, acticistas galicos das minorías ruidosas , como foi o proceso que desembocará no esceario Friuli?

- Unha persoa dO comité de solidaridade con Euskal Herria de Friuli e Eslovenia enviounos á nosa disqueira popular (musikherria.org) a invitación para participar e decidimos facelo. A nosa grande sorpresa foi ó recibir a noticia de que foramos seleccionados coma grupo finalista do LIET INTERNATIONAL! E para aló imos ista find de novembro!!!


- Sabemos que desde Euskal Herria cada vez hai máis interese por este festival , como vos sentides ó saber que ides representar a vuestra lingua nun contexto tan potente como o do Liet?

-Despois de saber que eramos finalistas informamonos máis sobre este festival. Así, démonos conta de que en algunhas partes fanse eliminatorias e o grupo gañador vai á final a representar a súa lingua. En Euskal Herria aínda non existe ese proceso pero sabemos que despois da nosa nominación o Euskal Kantuzaleen Elkartea (Asociación de amigos de la canción vasca ou algo así) púxose en contacto coa organización do LIET para valorar a posibilidade de realizar eliminatorias aquí en próximas edicions. Pouco máis sabemos sobre ise tema. Pola nosa parte interpretaremos o tema “Hi Vascofona!” que na súa letra animamos aos e ás vascofonas a convertirse en megáfono da nosa língua. farémolo o mellor que sabemos coa responsabilidade de saber que somos o primeiro grupo en euskera que chega á gran final do LIET.



-Ate o momento Asturies é o único país peninsular que colabora oficialmente co Liet , estaredes no esceario compartindo expereicia con Skama na Rede, gostaríavos que Euskal Herria dunha ou outra forma oficializara a súa presencia en sucesivas edicions?

-Consideramos que todo o que sexa internacionalizar o euskera é positivo para a nosa língua.


-Escoitando o voso traballo “Karosi” dispoñíbel en descarga libre dende a vosa web atopámonos cunha banda que combina á perfeccion a forza coa precisión do aizkolari , é certa ista sensación?

-A Nosa música é simple e directa, o que cremos que axuda a que chegue con forza ós ouvidos da xente. A sencillez a convirte en precisa e as melodías pegadizas fan que a mensaxe non se escape con facilidade das nosas mentes.


-A voz feminina sen dúbida impón personalidade e define o son de Siroka , remítenos de forma inconsciente a isa outra gran banda euskaldun que foi Kashbad con Sorkun ó fronte, qué grupos ou sons bascos e do ámbito global máis vos inflúen?

- Somos catro músicos que procedemos de estilos moi diferentes, dende orquestras a grupos de punk-rock ou folk-acústico. Iso vese refrexado no disco. Anque sostense sobre unha columna rockeira, mezclamos sen problema ritmos máis bailables e outros máis pesados.

-Nun contexto coma o actual , parece que a elección dunha determina lingua ¨minorizada¨ para cantar , escribrir ou

simplemente comunicarse habitualmente é un feito que marca definitivamente o suxeito ou grupo en cuestión , en Udine ides estar con grupos de toda europa con similar problemática, como vedes o actualidad panorama musical euskadun?

-En Euskal Herria afortunadamente os grupos , maioritariamente cantan en euskera, cousa que enriquece e axuda ó desenrolo da nosa língua e da nosa cultura en xeral. Nós dámoslle especial importancia a isto, porque anque pode cerrarnos certas portas, a defensa da nosa lingua é unha das nosas prioridades e por elo cantamos en euskera.


-Ista edición non haberá presenza Galega no Liet, a edición pasada en Bretaña , Mafia Galega, un colectivo de hip-hop galaico-suizo con base en Xinebra invadíu o esceario do Liet , que vós chega ou como vedes o panorama galego?

-Realmente na época de Esan Ozenki (selo discográfico) chegábannos cousas de Galicia mediante o seu subselo internacional Gora Herriak. Así e mediante Negu Gorriak poidemos coñecer a Antón Reixa coa súa Nación Reixa. Tocaron bastante por aquí e parece que tiñan unha relación especial con Euskal Herria. Nalgún viaxe a Galicia puidemos desfrutar do grupo de rap en galego “Os trasnos de Moscoso” ou dos popeiros “Niño y Pistola”. Ambos sorprendentes no seu estilo. Agora fáltanos poder compartir esceario con algún en Galicia…así que invitádenos a tocar!!!


-Seremos moitos os que a noite do 19 de Novembro por streaming ou por television de algún país participante sigamos cos ollos e ouvidos pegados ó receptor o desenrolo do festival e da vosa actuación para a que vos desexamos todo o mellor, o Liet é un concurso pero a gran batalla contra o inimigo común que é a indiferencia e o apartheid lingüistico xa está gañada polos grupos participantes e pola gran tribu ó longo de toda europa que formamos os seguidores do Liet. Desexamos vervos pola Galiza moi axiña polo que quedan pendentes unhas tazas de viño e unos grolos de licor café, por favor lanzarde unhas verbas de despedida ós vos@s xa galaico-fans...JoTaKe!!


-Un saúdo enorme a toda a xente que fala galego!!! Esperamos tocar pronto na vosa Galiza Canibal!!! Eskerrik asko!!! >> http://www.sirokataldea.com