O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 17, 2012

ALMANAKE LNB....CONVERTE A TÚA CASA NUN FOGAR CON IDENTIDADE PROPIA!!


















En nengún despacho oficial  teñen o distintivo definitivo e definitorio dun palanador e palanadora que milita e participa dende que se ergue ate que se deita os 12 meses do ano na filosofía de acción da Liga Nacional de Billarda. Ate o de agora sabiamos do xeito de organizar o tempo das diferente culturas pola existencia do calendario Chinés , Hindú, Xaponés. Musulmán, Persa , Hebreo....mais agora xa temos tamén o calendario da cultura billardeira organizado polo Almanake LNB . 12 meses 12 denominanción billardeiras baséase nos estudos etimolóxicos realizados polo referencial doutor Ricardo Pérez i Verdes sobre os diferentes nomes que recibe na Galiza o noso desporto , dende o día 1 da CACHIZA ( anteriormente coñecido  coma 1 de xaneiro ) xa podes conseguir o teu Alamanake 2012 da LNB no cal sinalar os torneos e diferentes citas billardeira sen ter que depender dun calendario dunha cultura e demarcación allea. A loucura foi total no Top-Mantelo no Aberto de Castro donde se realizou a presentación oficial e donde comezou a súa distribución cara os fogares dos palanadores e palanadoras , atención porque ademàis dos sucesivos Top-Mantelos xa o podes conseguir tamén xunto co disco República Billarda no C.S Madia-Leva de Lugo. E non perdas o fío xa que en Castro se realizou tamén a espectacular acción do Billarda-Book Experience no que libros e billardas avanzaron xuntos baixo a xeada...veñen as canículas!!!

2 Comments:

  • At 9:53 AM, Anonymous Anônimo said…

    Bazar chino O varal.

     
  • At 10:47 AM, Anonymous Anônimo said…

    E o calendario de tetas?

     

Postar um comentário

<< Home