O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 11, 2012

A CONFERENCIA NOROESTE ADIANTASE Ó IMPRESENTÁBEL LANZAMENTO DO XATCOBEO!!



















Un pequeno paso para o palanad@r mais un grande paso para a LNB xa que antes que o Xatcobeo , ise compendio impresentábel de cartos despilfarados pola xunta anti-galega e pola UVI , que iste 9 de febreiro van por en órbia o satélite frijolito posibelmenta co nome máis horríbel de toda a galaxia, dende a base espacial LNB da Coruña artelllada con retallos enviados polos excosmonautas soviéticos,  ista pasada madrugada nunha espectacular acción a miles de pés da terra o cosmonauta Sak logrou aranxar o referencial satélite dixital da Conferencia NorOeste que xa está emitindo información despois de varias semanas averiado polo acoso dos meteoritos  "L" . E atención, ide preparado os vosos receptores luares porque iste domingo dende Radio Oceánica da RGM, o Cosmonauta acollerá na súa nave un perigoso comando intergaláctico da República Billarda...  Billarda Sempre , Xatcobeo never more!!