O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 12, 2012

E A VELLEZ , DERROTADA , CHAMOU POLAS CRIANZAS:

..."Non son dos que cre que as tradicións son absolutamente boas polo feito de selo. Un pobo, unha nación, unha identidade, fórmanse por elementos en permanente construción e as súas tensións políticas son case sempre produto dese proceso. Non penso que todo o que vén das nosas raíces sexa bo, e moito menos que o sexa por ser máis puro e máis apegado a elas. A tradición tennos que servir para recoller os elementos que nos permitan construír o futuro. Creo que a billarda é un deses elementos: un xogo sinxelo e apaixonante, con vocación de asolagar o país e devolvernos unha parte das cousas que esquecemos: que o pau serve tamén para bater nos inimigos e a billarda para non esquecer como se fan voar os soños." Dende o referencial  Porto dos Escravos , o irmán Mario Regueira , lanza de novo as súas certeiras psicofonías-billardeiras cara ó sempre perigoso varal de torres electrificadas de intenside e absoluta  paixón compatida e contemporanea . Compartindo trincheiras e pistas de xogo , dentro e fóra do país ,  donde cada asubío do bélit e da billarda se converte nun calafrío que esperta en nós os nosos maís altos instintos . A billarda non é boa porque é nosa , é boa porque é internacional!!

ABERTO DA GALIÑA DE MOS DE CASTRO .....BILLARDA-BOOK  EXPERIENCE!!

Iste domingo na Conferencia NorOeste , atentos ó seu web-blog e facebook oficial poque ultimas xornada puntuábel na cidade da Coruña que acompañará á tribo do NorLeste que iste sábado apartires das 15:30 h.  invadirá Castro Ribeiras de Lea donde  afondando no brutal sustrato literio que subxace na acción billardeira a pé de pista o grupo de coversa en Arxina apresentará o referencial libro O Vervo Xido do irmán Calros Solla que servirá de trampolín para continuar con ista explosiva acción de rebeldía verval. E xunto co Vervo Xido na pista de Castro tamén estará o libro Teoría de Inverno ( os presentes do Apalpador ) que se apresentará no Madia-Leva de Lugo iste venres e que  chegará temén ó antigo campo de futbol de Castro donde se desputará o Aberto da Galiña de Mos de mans da referencial equipa da cidade das Murallas . Polo que tanto Vervo Xido coma Teoría do Inverno serán os dous grandes estalos-literarios que se apresentarán no referencial Set-Lab da LNB....sons, letras e actitudes sempre, Adiante República Billarda!!

1 Comments:

  • At 7:00 PM, Blogger Calros Solla said…

    Vaidó deghranxo por me concederdes por carta de natureza a nacionalidade na bieita República billardeira. Vivir hoxe é apampar vendo o voso palán, roza e desbravamento, a cachar nas malas herbas pola nosa Terra adiante.

     

Postar um comentário

<< Home