O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 06, 2012

PALANOTRÖNIC PROTAGONIZA O NOVO ESTREO MUNDIAL DOS SUIZO-GALEGOS "I LOVE I DO"!!


A meu Palanotrónic, ainda me acordo, cando baixabas polo monte abaixo, e viñasme ti dicindo.Bota carne no pote, Marianiña, bota carne no pote, Marianá, un molete enteiro. enservelletado, unha bota con viño, chupáená! . Para poder ilustrar minimamente iste impactante estalo de ciencia ficción criado polos Mafiosos Don Mangante e Chapuceiro que actuando baixo as señas do seu impactante proxecto políglota chantado no mesmo corazón da Suiza-Francófona  I Love I Do , inauguran iste xénero de auténtica serie B no universo billardaerio polo que obrigatoriamente temos que acudir a clásicos  da embergadura de Fuxan os Ventos para arroxar luz na mesmísima cova dun ciber palanador galego chamado Palanotrönic. Estreo mundial simultaneo do video-estalo de I Love I Do pertencente ó disco República Billarda , realizado nunha data tan especial coma a anteriormente coñecida coma 6 de Xaneiro , e dicimos isto porque a LNB xa pode dicer que se vai rexir por un calendario allternativo  " 12 meses 12 denominacións billardeiras" con Almanake que se ditribuirá nos sucesivos Top-Mantelos e que ó igual ca Palantrönic no cinema de serie B europeio vai constituír unha fenda insalvábel para todos os que participen del. 5 de Cachiza día no que unha chamada do rei Gaspar a Planatrónic despois de remata a cabalgata logrou rebaixar a tensión para selar un alto o lume para que o zapatillas e zocas das crianças galegas puideran ser abastecidas , é por elo que ó estreo de Palanotrönic ista find sumaranse uns brutais agasallos máis en forma de video-estalo que selaran ista transitoria calma tensa. E despois da celebración da primeira volta da competición por equipas Copa Ría de Pontevedra entre combiandos do Morrazo e Salnés esta domingo en San Xenxo as billarda continúan no ar nunha nova enganchada puntuábel na Conf. Salnés.E o vento decia, pronto hai de volver!, pra tira-la fame, pra poder comer...