O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 25, 2012

"REPÚBLICA BILLARDA" .... SONS , LETRAS E ACTITUDES NO ZIGZAG DIARIO DA TVG2!!













Con Maghua intervindo e interactuando en clave billardeira na pasada edición do Lume na Palleira , con Montouto Sound Machine uníndose ó caiuco LNB navegando na espectacular travesía nas ondas da Radio-Oceánica iste mércores un outro comando nunha acción lóstredo coordinada nas poderosas terras da Conferencia Centro durante a celebración do Abertinho do Repolo inxectarán coa furia e carraxe sonora inxertada no República Billarda o explosivo micro-documental que se emitirá no ZigZag Diario na TVG2 nas marcas horarias das 16:30 e 21 h. E atención porque como se vía nas fotos do como se fixo , aparecerán imaxes nunca antes captadas por unha nano-cámara inxertada no palán do ex-campión nacional de Varados Hugo....Non imos parar ate soar en todas partes!!