O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 29, 2012

TOT BÉLIT , UN ANO DE LOITA E COMPROMISO ABSOLUTO COA IDENTIDADE CATALÁ E INTERNACIONAL DO NOSO DESPORTO!!


Impresionante celebración iste pasado sábado 28 de xaneiro dos irmáns de Casus Bélit  do seu primeiro aniversario coma equipa oficialmente formada e competindo nos diferentes frontes nos Paisos Cataláns e nas xiras internacionais que afortunadamente teñen a Galiza coma un dos seus puntos de clave es estratéxicos.Máis un ano que serán miles para iste referencial franquicia Verde-Camuflaxe que para o acasión organizaron unha explosiva celebración entorno ó Casal Independentista de Sants con xornada de mañá e tarde para a que nun xesto que os honra por riba de todo , convidaron ó seus aférrimos inimigos na pista de Panarrés , Can Barraca e Belit Nord equipa ista última que tensionou o enfrentamento ate límites insospeitados guindando no seu web-blog ista espectacular foto dun xogador do seu equipo felicitando o cabo de ano apuntando cunha pistola na súa caluga. Exemplar lección de convidencia e humor a que nos amosan os nosos irmáns do universo Bélit para que tod@s vaiamos collendo recortes e comprendendo que como din os Labazada no seu referencial corte do República Billarda  , iste noso deporte é o mellor xeito de alibiar tensións nistes perpétuos días raros que nos tocou viver.                                 















E temos que seguir mergullados na fronte bélit donde fai uns días puidemos ver  , grazas ó seguimento  de palador@s galeg@s realizado polo seleccionador galego Flores,  á gran palanadora da Auténtica que milita coma anti-comunitaria nos Casus Bélit exercendo labouras se Sementeira perante uns xovens valores da Masia-Bélit , podemos ver pois que nos PP.CC coma na Galiza a utilización da saba ou rede de dianas é un dos xeitos máis precisos e seguros para que os cativos den os seus primeiros pasos mais é tamén un elemente absolutamentefundamental para a realización de probas de precisión e habilidade en competicións tan espectaculares e impactantes coma as do Billarda All Stars e atención porque a saba da LNB xa se está preparando coas dianas incluídas ás que ti poderás por foto para iste vindeiro 25-F en Cerceda voltar desafiar a gravidade...Bélit Sempre, adiante co Varal!!