O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 06, 2012

LNB ....A LUME DE "VIQUEIRA"!!




















Ademáis da rede dixital da arañeira billardeira a actualidade é tan potentes entorno ás equipas e os seus palanadores e palanadoras que coma unha cunca de viño cando recibe o xostregazo líquido provinte do xerro ergueito no ar , así viño e actualidade escorregan por fóra inevitámente tinxindo todo o que atopan ó seu paso, é por elo que inevitábelmente ademáis dos web-blogs oficiais das conferencias hai que dirixirse ós cadernos dixitais das propias franquicias que se están reivindicando coma unha brutal fonte emisora de intensidade e actualidade impermeábel ós chuzos de punta dunha competición a cada golpexo màis esixente e poderosa. Cultura sen censura e billardas sen ataduras isas son as premisas nas que se basea o potente e combativo espazo web da referencial Lucerna de Cerceda que acolle no seu seo á gran franquicia dos COCHIKEIROS , imperdíbel o crónico de celebración da gran actuación dun dos seus palanadores estrela ,Viqueira , que consolida o súa proposta individual e coma colectivo na pista de Castro-Laxe na mítica Conferencia NorOeste.

















Unha franquicia a dos Cochikeiros que será tamén estrela no vindeiro e explosivo Billarda All Stars_2012 que se celebrará en Cerceda cuxa coodinación xunto con ista equipa a realizará a Conferencia NorOeste coma entidade receptora que acollerá ós grandes fachos de toda a LNB  para desfrutar dunha nova xornada de festa e loita na que se de seguro se recordarán aqueles primeiros , firmes e definitorios pasos que a sepre multicor da LNB deu naquelas primeiras edicións do partidos das estrelas celebrados na Zapateira. Mates , triplas , Aberto das estrelas , actuacións sorpresa e un cada vez máis impactante Top Mantelo ó que a cada Aberto ó República Billarda se van sumando máis productos culturais do indi-xena galaico coma " A noite dos Cans" do irmán Miguel Alonso que serán só algunha das accións dista nova e agardadísima edición do Billarda All Stars a lume de biqueira....Avante Cochikeiros, Avante LNB!!