O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 20, 2012

29 ABRIL "XERRO DO SALNÉS_12" >> BOCA NEGRA , VIÑO EN TAZA, BILLARDAS CEIBAS...FURANCHADA ILEGAL!!










Todo en marcha para unha edición máis festexar o brutal Xerro do Salnés no concello de Meaño donde a parroquia de Xil se tornará iste vindeiro domingo 29 de Abril no epicentro mundial de gorxas e puños desfrutando unha xornada de irmandade , viño , festa e desporto que bota por fóra. Atención porque dende a Conferencia NorLeste haberá un micro-bus con 22 prazas que partirá de Ribadeo a primeira hora da mañá para todos os palanadores e palanadoras que queiran desfrutar en toda a súa plenitude e intensidade diste intensa competición que se abre cunha explosiva Xira de Fruranchos , reserva cando antes o teu asento ó prezo tan só de 5 euros , Boca Neghra, Viño en Taza, Billardas Ceibas...Furanchada Ilegal!!



Será entre o 17 e 19 de Maio cando Allariz ferva co Reperkusión mais iste mesmo sábado nas bravas terras da área estornela unha outra aventura terá lugar , será a da Ruada en Cabaleiros na Pontraga donde moitos palandores e palanaodras da LNB estás implicados e vendo o espectacular video-estalo anunciando a cousa que terá lugar iste sábado promete tanta ou mais intensidade que a troupe de Manu Chau xunta>> Iste 21 de abril  é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por  sorpresa . Déixate guiar pola xente máis veterana e achégate ata a festa, boa onde as haxa!!


E para ir facendo boca do que agarda en Allariz donde Manu Chau con dóbel pase é a gran atracción mais moitas outras son as invasións de esceario que racharán moldes , unha delas sen dúbida serán os amigos da CoffeeShock Company Austriacos de lingua croata que particiapron no pasado Liet International de Udine , falamos de BUDIOZA KOLEKTIV, unha explosiva banda Bosnia que vai facer saltar ate os plomos nas casas de Quintana e Baltar pai e fillo .... FirmaFuranchada e Billarda ilegal!!