O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 23, 2012

A ARTE COMBATIVA E AS BILLARDAS SEDENTAS INVADEN OS FURANCHOS!!











Espectacular e impactante iniciativa levada adiante polo chamado FAC Peregrina , o furancho de arte contemporanea que acolle a parroquia Compostelá da Peregina , unha firme aposta que racha cos standares cinxidos á creción artística e os seus espazos de exibición e interacción colectiva co medio e co espazo . Praza amosa ás claras as posibilidades dista "gaiola de liberdade" que racha ademais a dinámica dunha cidade na que a cultura é sinónimo de dexenación humana e institucional que converteu xa ista verba en equivalente á morralla que o mesmo can con distintos colares impunemente trafica e aladraxa. É por elo que nos días previos a unha cita tan importante e explosiva coma o Xerro do Salnés en Xil ( Meaño ) marcada para iste domingo 29 de Abril a LNB toma nota e olla para a brutal Xira de Furanchos da mañan coma marco perfecto para unha posíbel e incendiaria intervención billardeiro-artística...en Xil tamén se vai armar!!