O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 11, 2012

A AUTÉNTICA PREPARA XA O SEU DESQUITE EN CATALUNYA DESPOIS DA LAMENTÁBEL IMAXE OFRECIDA NO VILADEPAUS STADIUM DO BIERZO!!
















Impresionantes e aterradoras  imaxes de preocupación extrema captadas polos reproteiros de Tropa-Lixeira no estadio de Viladepaus durante a desputa do TodoBierzo Billarda Experience donde o noso seleccionador nacional , Manolo Flores , aparecía totalmente desolado ante o ínfimo rendemento dos palanadores e palandoras da Auténtica no campo de xogo que sucumbiron totlamente ó empurre dos golpéxos nóbeirs dos aborixes do Bierzo. Se Flores na sesión da mañá ofrecía unha imaxe inmellorábel e de orgullo cara os seus pupilos durante a sesión de adestramentos oficiais no que os seus  lucían explendorosos , qué puido acontecer para que na tarde todo se viñeria abaixo coma un castelo de naipes?












Mais ca unha cuestion táctica Flores e o seu staf técnico están analizando outras cuestións coma a alimentación inxerida en Viladepaus, é por elo que xa se traballa cóvado con cóvado con Ângelo Pineda , o representante e man esquerda de Flores en Barcelona para iste domindo nos actos de irmandade e celeberación do derbi futbolísitco entre Celta e Deportivo armar unha nova edicicón do Paisos Cataláns-Galiza de Bélit , un outro derbi entre dúas das máis potentes seleccions nacionais do mundo que se citan no L´ecspanya Industrila Stadium para dilucidar unha nova enganchada que ven precedida dunha derrota da Auténtica en Catalunya mais con victoria en Compostela da Gentalha Patriótica ós referencia Casus Bélit . Cunha Auténtica cuxa alineación vaise basear en palanadores e palanadoras militantes nas franquicias do universo Bélit prepara a conciencia iste partido para tentar o primeiro triunfo nas durísimas teras dos Paisos Cataláns. Seguiemento do incendiario previos do partido no explosivo web-blogs de TotBélit e no facebook oficial do noso co-seleccionador nacional Ângelo Pineda ...Bélit Sempre, Adiante co Varal!!