O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 15, 2012

A AUTÉNTICA TRENDING TOPIC EN TWITTER MAIS NOQUEADA EN SANTS [575-550] POLOS PAISOS CATALANS!!


































Ate ben entrada a tarde a Auténtica non puido entrar en xogo contra a potente selección nacional do Paisos Cataláns, a metereoloxía favorábel ós interseses galegos con chuvia intermitente fixo que os CATs puxeran en practica a guerra psicolóxica tentando alargar o máximo posíbel o arrinque do partido que estaba marcado para as 17h,

















A potente seleccion nacional dos Paisos Cataláns coñecía de antemán da tensión previa que a equipa galega tivera inmersa xa que o seguimento do derbi entre Celta e Deportivo dun xeito ou outro sempre ía deixar fendas moi difíciles de callar tan só unhas horas despois no terro de xogo.
















Mais nen por isas a Auténtica e a súa brutal tribo de Siareiros ía entregar o partido , de feito a rede ferveu durante toda a tarde seguindo dende a Galiza por Twitter cada estalo e os telefonos botaban chispas dende a pista de San Miguel de Reinante donde se celebraba baixo teito o Aberto do Marisco de Cortello e donde pola megafonía se ía transmitindo as evolucións da Auténtica-Bélit fronte ós poderosos Paisos Cataláns.

















L´expanya Industrial Stadium era unha ola a presión na que PP.CC e Gz se medían frote a fronte nunha nova enganchada bélit rachando así o cerco legal co que os malditos cazadores de elefantes queren xunguir as lexítimas ansias de competición internacional de ámbolos dous países













Galiza, que vestía de loito pola queima e deplorábel xestion no desartre da fragas do Eume ,  aplicábase en defensa mais o transito dos acontecementos carrexaba terríbeis noticias para os millieros de siareiros que dende a Galiza seguían intensamente o partido , Xiana Díaz dende o estadio comunicaba nun estalo de twitter a situación límite á que a Auténtica se enforntaba no último treito do encontro >> os galegos dando todo pa remontar!!     

















Unha remontada que ó final non foi posíbel,  575 - 550  foi o resutado ó remate do internacional , por tan só 25 canes PPCC vende á Galiza mais o feito mesmo de autoxestionar iste gran partido para ambas selecións é moito máis ca un exito . Parabéns para os CATs que demostran sen paliativos o seu poder no gran universo bélit nun novo gancho de esquerdas no fígado da Auténtica que despois do desliz do Bierzo volta bicar a lona fronte a todo un peso pesado como son Paisos Cataláns . O incuestionado seleccionador nacional Flores xunto co seu staff técnico analizarán no vindeiro Xerro do Salnés  ista dúas derrotas consecutivas e prepararan xa o inmiente enfrontamento con Euskal-Herria que moi pronto se fará xa público. Agardamos con intensidade o análise do encontro no irmán TotBélit e tamén as primeiras verbas de palanadores da Auténtica Bélit que iste mesmo luns chegarán á terra para reunirse con Flores e analizar pormenorizada ista nova derrota en Catalunya.