O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 10, 2012

CRIANÇAS PRACTICANDO EN VILADEPAUS CONFIRMAN A POTENCIA DA SEMENTE BILLARDEIRA DO TodoBierzo B. EXPERIENCE!!
















Espectaculares imaxes as que nos amosa Jose Luis Obredo,  no seu espectacular artigo de TodoBierzo.com  no que se confirma o que realmente a LNB ía tentar conseguir coa súa firme aposta polo Viladepaus Billarda Experience , a sepre multicor achegouse á Bierzo cos petos cheos de billardas para espallar no campo unha semente de revolución e irmandade e tan só 24 h. con ista impresionante e histórica imaxe de criças practicando a billarda de xeito autoxestionado por elas  podemos afirmar que o imprábel Dioivo billardeiro prende xa nas terras do bierzo e da galiza irredente toda!! 


















E paralelo á Experiencia en Viladepaus nas terras da Conferencia Centro se desputou a primeira volta do Xerro de Cristal , unha competición por equipas que enfronta a combinados da Conf. Salnés contra outro da tribo estornela . A enganchada desputada en Castrofeito quedou en táboas a 35 puntos polo tando paláns en alto á espera do desenlace nunha pista do Salnés , mentras os capitáns de ambos equipos ollan ó cristal tentando dilucidar o futuro dista gran competición que demostra ás claras o poder dunha filosofía que arrinca chantos e invade os Xerros...

1 Comments:

  • At 4:55 AM, Anonymous Anônimo said…

    http://www.sanxenxo.es/img/cNoticias/1910_billar6666.jpg

    Xan Rodiño xoga ao aforcado coa concelleira do PP.

     

Postar um comentário

<< Home