O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 06, 2012

MÁIS DE 30 ANOS AGARDANDO PARA ISTE SÁBADO EN VILADEPAUS, O BIERZO UNIRSE Á ALEBRESTADA REPÚBLICA BILLARDA!!


Impresionante o artigo do comandante J.L Sobredo co que os irmáns de TODOBIERZO , anuncian o I Aberto de Billarda de Viladepaus no marco dunha nova edición do sempre explosivo Billarda Experience que arrimcará as 12 h no campo de futbol diste poderosa vila do Bierzo no que despois de moitas décadas agardando, caranguexos e billardas voltarán a conquistar o horizonte, arrincará a histórica xornada cuns adestramentos e posterior concurso de Varados, acontinuación realizarase unha charla coloquio aberta sobre a experiencia na recuperación e promoción do deporte da billarda realizada pola LNB xunto coa presentación do disco República Billarda , acontinuación xantar de irmandade e posteriormente chace para a desputa do agardíaismo Aberto de Billarda de Viladepaus. Máis de 30 anos tiveron que agardar na cova do esquecento as irmáns terras do Bierzo para de novo sentir o intenso bruar das billardas e faranos impulsadas coa forza do xabarín ferido que representa a poderosa serpe multicor da LNB que ate alí se vai desprazar para coordinar iste histórica xornada de billarda, sons, letras e actitudes  xunto coa xente de TodoBierzo.com capitaneada polo indomábel comandante bercián Jose Luis Sobredo.

















Para calquer palanador da LNB acadar o torfeo diste 1ª Aberto do Bierzo constitue un orgullo inmenso xa que se trata dunha peza de extrardinario e inclaculábel valor que suporá o reixo pilar da consolidación dunha competición galega en toda a súa integridade e plenitude. Pese ó orballo as predicións meteriolóxicas e anímicas apuntan sol radiante en Viladepaus para iste histórico aberto que se simultaneará co desafío por equipas na Conferencia Centro que quentará motores para iste domingo en San Xenxo en sesión de mañá desputar unha nova enganchada regular na Conf. Salnés. O Bierzo únese á República Billarda , ise é o titular dun fenomenal estalo publicado no xornal La Crónica de León , non pode haber mellor nen máis entusiasta punto de arrinque para mergullarnos niste mar de intensidade brutal no que se vai converter Viladepaus iste sábado 7 de abril , data clave quizais para nun futuro poder compartir varados , carreiras e botelos na gran Conferencia Bierzo da LNB.. /  Escoita o estalo billardeiro en Onda-Bierzo))