O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 04, 2012

OPERACIÓN SAIDA NA LNB CO "TodoBierzo BILLARDA EXPERIENCE" DE VILADEPAUS COMA PUNTA DE LANZA DUNHA VIAXE QUE PASARÁ Á HISTÓRIA!!

...precisamos o tempo tanto / coma o bosque. Así remata un terrorícamente premonitorio poema do Transmuta de Xabier Cordal . Baixo isa filosofía da urxencia punk indixenista , arrinca a explosiva axenda alternativa ás procesión , velas e  nazarenos. E faino coa forza brutal da acción de Semente Billardeira coa que se tentará achegar o noso deporte ás crianças de Pastoriza , apartires das 15 h. comezará a actividade no circuito de velocidade se fai bo día e se chove no pavillón do colexio público. Niste mesmo evento poderase desfrutar coa exposición itinerante do palanador e pintor Pirucha que amosará as súas criacións a todo aquel que se atreva a ollar sen complexos unha obra con persoalidade e pegada a eito que de seguro non deixará a naide indiferente. Posteriormente se despois da billarda e de desfutar coa intensida brutal da obra de Pirucha aínda tendes fame , sede e gañas de seguir sufrindo, a escasos kilomentros en Bretonha na casa da Cultura apartires das 18:30 h. ensaio aberto de Extensión Agraria no que podedes tomar unha cervexa e asistir insitu ó evolucion do impactante son dista banda de Rock-Xíbaro que moi pronto se vai botar ós escearios. E o sábado 7 de abril , será un día máis que pasará a história xa que será o día no que se realice a primeira gran acción billardeira nas terras do Bierzo coordianda pola LNB , será no campo de futbol de Viladepaus donde se celebre o espectacular TodoBierzo Billarda Experience , unha xornada de intensidade brutal da que ti podes desfrutar formando parte dunha expedición que imita a ises pioneiros e volta á esencia e ás raices mesmas do que é a filosofía de acción da LNB , gañas de atoparnos con xente afín para compartir espazos e paixón por un mesmo deporte unha mesma lingua / únete á serpe multicor do TodoBierzo Experience: ovaral@hotmail.com / 619.570976 - . E coma gran colofón á operación saída en horario de mañá iste domingo na Conferencia Salnés novo asalto regular na Praza do Mar no concello de San Xenxo , os aborixes da Consal están realizando unha xeira de presentación no mesmo concello en colaboración coa concellaría de deportes da vila ,  ogallá que ademáis das fotos os diferentes organismos institucionais tamén se mollen acudindo ás pistas da LNB para dar o paso e intoducir dun xeito firme a billarda nos programas regulares de promoción deportiva...Operación Billarda , adiante co Varal!!