O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 13, 2012

PP.CC vs GZ EN SANTS , ABERTOS PUNTUÁBEIS NA CENTRO E NA NORLESTE ...ALTERNATIVAS OU COMPLEMENTOS PARA A FIND DO DERBI EN BALAÍDOS!!






















Olladas de esguello cara Balaídos e intensas olladas cara o ceo xa que as prediccións metereolóxicas do meigo do bélit anuncian auga a chuzos para a tarde diste domingo en Barna donde apartires das 17 h no
L´ecspanya Industrial Stadium se citaron as seleccions nacionais dos Paisos Catalans e da Galiza para un novo derbi internacional de Bélit. Quedada apartires das 12 h no Casal Independentista de Sants donde se seguirá intensamente o Celta-Deportivo de fútbol para posteriromente xantar de irmandade entre seleccions e durante o máxico intre do café , chupiño e faria  apresentación do disco República Billarda realizada polo gran palanador dos Suso jr dos Remourelle Bulls actualmente instalado na cidade dos cambativos e referencia Casus Bélit....Atentos ás pantallas e atentos ás novidades porque incluso están estudando a posibilidade da emisión do partido en Streaming.
















E iste sábado na Galiza o gran comboio de lume e xeo da LNB arrinca na mítica estación vella de Conxo nas terras da Conf. Centro, un sitio paradigmático moi preto do Estornópolis Stadium de Conxo donde o vindeiro 27 de Maio se celebrará a mítica gran muiñada do Play Off Nacional . Aínda estás a tempo para acadar o pasaporte o gran teatro dos soños e de terra de Conxo , dálle duro e faite ouvir nas xornadas que restan!!






















E o domingo , outro mítico espazo será de novo invadido nas terras da NorLeste polas billardas e a carraxe billardeira, falamos da pista de Celeiro de Mariñaos  no cinturón vermello do Concello de Barreiros, alí de novo xurdirá o indomábel poco bravo que tod@s levamos dentro para loitar por un exquisito triunfo >> Marisco de Cortello...Contra o Imperialismo billarda e Torrezmos!! -en caso de chuvia pavillón de San Miguel de Reinante *