O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 09, 2012

TodoBierzo BILLARDA EXPERIENCE>> 24 H. DESPOIS CRIANÇAS DE VILADEPAUS PRACTICABAN XA DE XEITO AUTÓNOMO!!

Dende moitos Km antes de a serpe multicor aterrar en Viladepaus , a tensión brutal da celebración do TodoBierzo Billarda Experience xa se palpaba no ambiente, sitios paradigmáticos coma as paredes das Pallozas de Balboa e a mesmísima entrada do mítico Hotel-Restaurante Valcarcel , berraban a quen o quixeira oubir que o sábado 7 de Abril convertiríase nunha data histórica que supoña o fin dos anos escuros da billarda non sóa en Viladepaus senón no Bierzo enteiro. 

Tropa Lixeira, Billardeiros Musicais , Remourelle Bulls, Os Outros , Ekipa Bítere , formaron o continxente dunha experienci única que á mediodía a iso das 12 h xa con centos de km ás costas nos reunía xunto cos primeiros palanadores e palanadoras aborixes de Bierzo nunha toma de contacto no céspeda do campo de futbol de Viladepaus no marco adentramentos oficias que xa facían prever un espectacular desenlace como asó foi pola tarde. 

















A calidade dos golpexos dos xogadores locuas deixouse notar xa no quencemento nunha rolda de Varados donde se xa se sentíu o berro de Fernando Selección , o palandor local non defraudou e no Aberto contrastou a sú portentosa calidade.

E no medio da boráxina billardeira , o subcomandante Jose Luis Sobredo , tiña fervendo dende primeiras horas da mañá na cociña da súa propia casa un lote de 5 botellos autóctonos para alimentar á serpe multicor da LNB , mais a acollida sensacional multiplicou os integrantes do comando FalaCeibe ate o número de 16 polo que se optou pola estratexian fantástica dun xantar de irmandade no espectacular Restaurante Gelo que incluso se prestou a que poideramos desfrutar dos fantásticos botelos peraprados polo subcomandante de Viladepaus , tamén coñecido por Copi. 


















O gran palanador de Tropa-Liexira e referencia absoluta para a filosía LNB , Ficas , sostén , ó contrario que cantaban os resentidos , no canto dun bistec unha anguía toscada coa que calmar a fame dos palanadores e palanadoras da LNB e inxectar de electricidade trifásica cada un dos nosos golpexos

O estadio de Viladepaus fervía coma unha inmensa pota de botelos ó lume, o acto contou coa locución dunha presentadora local , unha mágoa que non esteña en máis Abertos LNB xa que de seguro faría moi boas migas cos alumnos da referencial escola de speakers billardeiros dirixida por Rubén Otero. Foi o intre no que a expedición LNB tivo tamén que escaldar uns gatos a pé de pista para diferenciar claramente o que é un evento e un Aberto de Billarda , unha vez superado e escollo Flores e o seu staf técnico da Auténtica adicaron o chiste dos gatos ó expresidente a aprovietaron para lanzarlleo aviso do inminente novo envite da Auténtica ó actual posuidor da Moncloa , será iste domingo no marco de celebracións do Derbi futbolístico galego en Barcelona cando as seleccións dos Paisos Cataláns e a Galiza de bélit-billarda se volten a ver as caras..Atentos ás pantallas!! 

















Concurso de Varados primeiro e Aberto de Billarda posterior, o estadio de Viladepuas tornábese na expresióna máxima dunha expereica vital inmensa e sen precedentes que tiña o disco República Billarda coma única Banda Sonora capaz de ilustrar o acontecemento histórico que estaba acontecendo. 


















O rexurdimanento billardeiro no Bierzo era un feito , palanadores e palanadoras locais falaban co resplandor nas súas facinas , dende a mesma Ponferrada chegaban palanadores con interese de levar ate isa cidade o impluso dos noso golpexos , cando a LNB apresentou no Cultural o seu explosiva mapa de Conferencias non o facía de balde, iste Billarda Experience situou a Viladepaus coma un punto máis na fervente Conferencia Norleste apoiando así que algún día o Bierzo poida ter tamén unha conferencia propia dentro da LNB.



Podium do Concurso de Varados copados totalmente por palandores aborixes do Bierzo...Pepe , Enrique e Alejandro , desmostraron ás claras co impresionante Botelo-Power dos palandores do Bierzo , a elimentación é segundo comentaron a pé de pista ó equipo de Tele-Varal , un dos segredos do seu espectacular rendemento á hora de masacar os varais. Un rendemento que se víu competado no mesmo Aberto donde Fernando , palandor local acupou o primeiro posto por riba de estrelas LNB coma Martinho dos Bulls que ocupou a segunda posición e Franco que fixo terceiro no marco dunha final con nomes da talla de Daniel dos B.M ou Nacho de Tropa-Lixeira. Pero o máis importante foi a confirmación por parte de Copi , que tan só 24 h. despois do TodoBierzo Billarda Experience estourar en Viladepaus , cando o subcomandante foi recoller cousas ó campo aló había xa uns nenos e rapaces que estiveran no Aberto xogando e practicando xa cos paláns e billardas que a LNB deixou como mostra de lume...Viladepaus Sempre , Adiante co Varal!!