O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 24, 2012

BILLETE PARA CONXO POR FAVOR , -PARA O PSIQUIATRICO ?? ...NON , PARA O PLAY OFF NACIONAL!!
















Conxo é o gran teatro dos soños no que unha tempada máis e por primeira vez na história 6 Conferencia LNB invadiran a terra batida do estadio municipal para loitar polos catro títulos nacionais en xogo. Dende o Concello de Santiago anuncian coma inminentes as obras que vestiran de herba artificial o noso terreo de xogo , mais sexa como for , iste domingo 27 de maio toca competir e desfrutar , sobre todo desfrutar dun triunfo que é o de tod@s que grazas á gran xestion do xa mítico Dr. Mario de Xogos tradicionais de Conxo poderemos  facelo nunha edición máis do Play Off Nacional niste fantástico espazo no que a Coroza atopa o seu corpo. E atención porque ó carón do mìtico Top-Mantelo da LNB que xa percotrreu as pistas de medio mundo distribuíndo o disco República Billarda e demáis novidades discográficas galegas estará tamén un espectacular set dos irmáns de Tenda Galiza no que poderás conseguir isas xoias que tanto desexas lucir e agasallar , a atención ó espectacular abano de agasallos especiais que preparan Tenda-Gz para os campións nacionais de cada categoría...Conxo Sempre, Adiante Play Off Nacional!!