O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 28, 2012

EZEQUIEL MOSQUERA REALIZOU O SAQUE DE HONRA DESPOIS DE LU, XAN RODIÑO E BATEAS PROCLAMARSE CAMPI@NS NACIONAIS!!



Foron miles os km en ruta os roubados pola inxustiza deportiva ó gran ciclista galego Ezequiel Mosquera que a LNB coma punta de lanza dos irmáns do colectivo ciclista galego quixo homenaxear nista edición do Play Off Nacional , e coma agredecemento Ezequiel e Rubén Sanchez , popularmente xa coñecido coma o Ciclista LNB e recentemente proclamado campión galego de fondo en ruta, estiveron na pista de Conxo enlamandose co resto de tribo billardeira. Tele-Varal nun extremecedor estalo nom-coment, a xeito de adianto dos espectaculares documetos audiovisuais do Play Off_2012, lanza o histórico intre do Saque de Honra co que Ezequiel Mosquera deu inicio xa no lusco e fusco á gran final nacional nacional absoluta na procura do Coroceir@ Nacional.









Unha Coroza que amosou ás claras que o modista da LNB ten que incrementar pallas e xestas para vestir complentamente ós posíbeis Coroceir@s Nacionais que rocen os 2 metros de altura , unha coroza fantástica que ademáis de vestir o pelexo de Rubén Otero se fai extensible para acoller no seu interior xunto ó palanador da Faisca ó resto de Campi@ns Nacionais das outras tres categorías.



















Lu de Corredoira , unha debutante en Conxo nunha espectacular final contra a experimentada Geni dos Outros fíxose co título de Campioa Nacional Feminina , dende logo unha vez màis as palanadoras da LNB foron quen  agarraron o boi da chega polos cornos e inicaron a competición despois do xantar nunha pista de pésimas condicións , a lama e o barruzo non puiderron frear ás nosas grandes palanadoras que deixaron claro unha vez máis a súa firme implicación e compromiso. 


















E unha vez màis en Conxo , 1 varado froi definitorio para conseguir o titulo de campión nacional , foi Xan Rodiño , o palanador de Bateas quen levou o pandeiro da refencial Tenda Galiza xunto co trofeo a imprescindíbel Cervexa Menduiña para verter no Copo e brindar por unha nova gran victoria do palanador de Sanxenxo . Impresionate o Varado tamén que realizou Santi de Tenda Galiza cunha maxistral conducción da entraga de premios para xunto con Mario de Xogos Tradicionais de Conxo e o enviado do Concello de Santiago xestionar iste sempre decisivo treito final do Play Off Nacional.

















Bateas repite un ano mais coma Campión Nacional por equipas e como nas grandes citas o intre da foto foi no que se sentiron verbas que poden facer pensar nun fin de ciclo de algún dos seus xogadores nista potentísima equipa da Conferencia Salnés. Sexa como for  Bateas son xa história viva na LNB e de seguro que non van renuciar ó primeiro Hat Trick consecutivo na competición por equipas que poden conseguir na vindeira edición do Play Off Nacional sexa ista donde sexa, xa que o campo de Conxo ó converterse en herva artificial de folla longa non permitirá a práctica da billarda , o reprentante do Concello de Compostela presente na entrega de premios asegurou que dende a institucón tentarán axudar na xestion dun novo espazo no entorno da Cidade , verba de político ,  é dicer, ou espabilamos ou quedamso orsai....noraboa ós campi@ns nacionais , billarda sempre!!

4 Comments:

  • At 7:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non dicides nada do espectacular libdup da billarda?

     
  • At 10:12 PM, Anonymous Anônimo said…

    ...iso vai ser a ostia!!!

     
  • At 11:17 AM, Anonymous Anônimo said…

    que se sabe da libreta de notas do selecionador?

     
  • At 12:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Serxio, vai durmir

     

Postar um comentário

<< Home