O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 22, 2012

#FINAISLNB2012>> XA ACTIVO O HASHTAD OFICIAL DO pLAY oFF NACIONAL NO QUE SE XESTA O 1º CONCURSO EN CONXO DE SOBERANÍA POÉTICO-ALIMENTAR!!















Como aconteceu a tempada pasada o xantar de Conxo realizarase nas propias instalación do estadio de futbol nas gradas a pé de Pista. Os irmáns de Xogos Tradiocionais capitaneados por Mario xestionaron as presenza de mesas e bancos polo que tod@s poderemos xantar e parolar comodamente sentados. E por elo que as equipas e diferentes conferencias xa estan xestionando os seus continxentes elimentarios no que as tupper-sex deixaran espazo ós manxares que se inxerirán no incomparábel marco de Conxo .









Sen dúbida xunto con outros complementos alimenticios as tortillas serán un dos pratos estrela polo que por qué non prantexar un espazo de encontro poético-alimentar activando un concurso á mellor tortilla non española no que poder entregar o xa mítico Millo Corvo , estandarte máximo da criación poética no contexto do Play Off Nacional de Conxo . Iste  e moitos outros aspectos da previa da Gran Muiñada son os que xa están ferbendo na gran tixola ó lume que é o hashtad oficial en Twitter do Play Off Nacional , colle uns ovos , unto, patacas novas e atizarlle unha boas estelas á cociña de leña >> #FINAISLNB2012