O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 28, 2012

RUBÉN OTERO PECHA O HISTÓRICO CICLO DE CONXO COMA O BRUTAL E IMPLACÁBEL COROCEIR@ NACIONAL!!

RUBÉN OTERO DA FAISCA , NUNHA EDICIÓN QUE XA PODEMOS CONSIDERAR COMA HISTÓRICA PARA O DEPORTE GALEGO DE SEU , PROCLAMOUSE COROCEIR@ NACIONAL DA LNB DESPOIS DUNHA ESPECTACULAR FINAL CONTRA XAN RODIÑO DE BATEAS. OTERO VOLTOU A SER AQUEL SER INTRATÁBEL DA SÚA PRiMEIRA VICTORIA NACIONAL EN CONXO E DAS ALTAS HORAS DA MADRUGADA NAS FESTAS NOS DIFERENTES CENTROS SOCIAS DO PAÍS, UNHA VICTORIA A  DO GRAN PALANADOR DO FAISCA QUE ADICOU Á SÚA AFECCIÓN, A TODA A LNB E DIANTE DOS FUCIÑOS DO REPRESENTANTE DO CONCELLO DE COMPOSTELA Ó CENTRO SOCIAL DA GENTALHA DO PICHEL DE SANTIAGO PERSEGUIDO E ALDRAXADO POLA INSTITUCIÓN MUNICIPAL POLO ÚNICO DELITO DO SEU COMPROMISO ABSOLUTO E INEQUÍVOCO COA CULTURA GALEGA.

Non tardou moito o novo COROCEIR@ NACIONAL en abrazarse a Serxio o seleccionador nacional hebilitado e seu increpador oficial e misturarse cos centos de afeccionados que aguantaron ate noite pecha xa ben pasadas as 22 h. para asistir ó acto de indixenismo supremo que é o corozamento , Otero coma Markitos de Billardeiros Musicais inscriben por segunda vez o seu nome no mítico trofeo nómade de campións nacionais sendo os únicos bi-campións nacionais da história , unha história que en intres coma istes non pode esquencer a Sak , palanador que xestou a irrupción da Coroza en Conxo , a Iván de Bateas que non puido defender o seu título nacional por unha lesión nun dedo da man dereita , a Mario de Conxo que dende Todo-LNB en representación de toda a serpe multicor se lle entregou un máis que merecido trofeo por toda a súa total implicación coa LNB e por suposto a Calvete que dende aló arriba alumenou a toda a tribo billardeira para que na sen dúbida máis complicada edición dos Play Off Nacionais da história pola climatoloxía que impedíu executar nengunha final na sesión da mañán puideramos xestionar dun xeito tan maxistral ista avalancha de auga e lama e converter o que en principio era un revés nun ingredente fantástico para o imaxinario colectivo. Atención ás pantallas , porque vai haber que refregar os ollos moitas veces para non derrubarse ante as imaxes e estalos dun Play OfF nacionao que converteu a Lu de Corredoiras en Campioa Nacional Feminina , Xan Rodiño en Campión Nacional de Varados e Os Bateas Campións Nacionais por Equipas...Coroceir@ Nacional Sempre , Adiante co Varal!!

2 Comments:

  • At 12:28 PM, Anonymous Anônimo said…

    E igual que sempre houbo xente que non foi, demostrando irresponsabilidade e deixando fora a xente máis comprometida

     
  • At 10:54 PM, Anonymous Sak said…

    Que imaxes!!! Que envexa dos que vivístides o Play Off 2012!! Un ano máis continúa a superarse a LNB, agrupando e abeirando xente, deporte, cultura e ideas. Parabéns a todos e cada ún dos que batedes na medeira porque facedes historia.

     

Postar um comentário

<< Home