O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 30, 2012

NACHO DE TROPA-LIXEIRA GAÑA A ESPECTACULAR LINGUA DE XATO DO CONCURSO "JINGLES RADIO MÚSICA EN GALEGO-LNB"!!



















A metáfora perfecta do Dioivo imparábel do compromiso sen fisuras , nada mellor ca unha espectacular Lingua de Xato para amosar a irreflutábel unión entre sons e idioma que estoura as 24 h. do día en emisión continua na emisora ofcial da LNB . E naide mellor ca Serxio de Xarutos , palandor e pandereteiro curtido en mil batallas , seráns e ruadas para apresentar a José Daspatas , responsábel da referencial Radio Musica en Galego no marco da entrega do premio ó campión do espectacular e inaudito concurso de jingles radiofónicos.   


















Dende Redondela nun voo charter aterrou José Daspatas en Conxo para unirse ó xantar de irmandade e posteriormente entregar a Lingua de Xato ó campión diste concurso de audio .  Sen dúbida José non deixou a naide indiferente amosando a súa total emoción polo sinceiro apoio de toda a tribo billardeira á súa emisión que xa é tamén nosa .

















Foron un bo feixado do jingles os recollidos nas pistas da LNB e os enviados á emisora polo que segundo propias verbas de José Daspatas foi complicadísimo elexir o mellor , ó final Nacho de Tropa Lixeira co seu xa mítico estalo protagonizado por unha das voces con máis futuro na rediofusion galega chamada Mencía levou a Lingua de Xato para Meira. O palanador chairego e batería dos Extension Agraria aproveitou a recollida do premio para agradecer a Radio Musica en Galego a súa implacábel acción e animou a tod@s os presentes  a seguir enviando jingles e música en galego que se teña no computador para que José Daspatas poida ter cada día máis e máis materia prima que introducir e sorprendernos en cada emisión..Liguas de Xato e Radio Música en Galego Sempre!!