O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 26, 2012

PLAY OFF NACIONAL 2012 ...O RUIDO INCOMPRENSÍBEL DO INSOMNIO!!

















Un ano máis Nachok puxo o ollo e a gasofa e nós pomos o lume e as billardas para incendiar o obsoleto entramado socio-deportivo galego , chegou a hora da verdade para toda a serpe multicor da LNB ....O Estornópolis de Conxo e a gloria inmensa agardan a toda a tribo billardeira para iste domindo 27 de Maio deixar clara a súa firme aposta de longo cun novo e brutal golpe riba da mesa. Como sentenciou RuAn>> Coroceir@ Nacional somos tod@s ate que se demostre o contrario , ou haxa que pagar por elo!!

11:30 h_  Final Nacional Feminina. 

  • Conferencia Norleste: Reyes (Os Outros), Bea (Remourelle Bulls), Carme (Troitas Bravas), Geni (Os Outros), Isa (Os Outros). 
  • Conferencia Noroeste: Leti (Xarutos), María (Xarutos), Verónica (Cochikeiros B) 
  • Conferencia Sur: María (A Ghudalla), Chefa (Corredoiras), Ioli (Lideiras), Ana (Lideiras), Luzia 
  • Conferencia Centro: Iolanda (Furabolos), Raquel (Trouleiros), Raquel (Furabolos), Sheila (Trouleiros), Rebeca (Bateas) 
  • Conferencia Salnés: Elena (Bateas), Lu (Corredoiras), Cheli (Corredoiras), Lucia (Andarela), Maica (Bateas). 

12:30 h_  Final Nacional Equipos. 

  • Conferencia Norleste: Billardeiros Musicais e Os Outros 
  • Conferencia Noroeste: Xarutos e Cochikeiros 
  • Conferencia Sur: Almuinha e Corredoiras 
  • Conferencia Centro: Furabolos e San Mateo 
  • Conferencia Salnés: Bateas e A Esmorga 

Ao rematar a competición por equipos, terá lugar o xantar conxunto a pé de pista, multitude de actos e accións paralelas convertiran iste terceiro tempo nun intre de alumeamento creativo inmenso. 

 16:30 h_  Final Nacional de Varados ( tiros directos )

  • Conferencia Norleste: Eric (Os Outros), Guille (Os Outros), Charlie (Spartak de Muimenta), Regueiro (Troitas Bravas), Daniel (Billardeiros Musicais). 
  • Conferencia Noroeste: Isma (Cochikeiros), Serxio (Xarutos), Xosé (Filloas de Sangue), Berdillo (Cochikeiros), Viqueira (Cochikeiros). 
  • Conferencia Sur: Rubén Otero (Lideiras), Cara (Ghudalla), Salgue (Paquete Pinchas), Elvis (Branco e Negro), Luis (Bateas) 
  • Conferencia Centro: Iván (Furabolos), César (Furabolos), Ginés (Furabolos), Santi (San Mateo), Virgen (San Mateo), Toño (Furabolos) 
  • Conferencia Salnés: Xan Rodino (Bateas), Xosé rodino (Bateas), Iván (Bateas), Cristian (Bateas), Luis Camiña (A Esmorga). 

17:30 h_  Final Nacional de Absoluta ( Coroceir@ Nacional ) 

Chegou o intre de saber quen vestirá e espectacular Coroza da LNB , Ivan de Bateas é o vixente campión nacional e despoius de que o ciclista galego Ezequiel Mosquera realice o saque de Honra as billardas dictarán sentencia no gran teatro de soños de Conxo.  

  • Conferencia Norleste: Markitos (Billardeiros Musicais), Daniel (Billardeiros Musicais), Regueiro (Troitas Bravas), Eric (Os Outros), Franco (Billardeiros Musicais), Marcos (Remourelle Bulls), Martinho (Remourelle Bulls), Guille (Os Outros), Suso Coedo (Billardeiros Musicais), Nacho (Tropa Lixeira), Xermán (Ekipa Bítere), Charlie (Spartak Muimenta), Bea (Remourelle Bulls). 
  • Conferencia NoroesteSerxio (Xarutos),Viqueira (Cochikeiros) , Lois Fontán (Filloas de Sangue), Xose (Filloas de Sangue), Berdillo (Cochikeiros), Maceira (Xarutos), Antón (Cochikeiros), Juan (Xarutos), Alberte (Cochikeiros), Adrián (Cochikeiros), Isma (Cochikeiros), Carlinhos (Cochikeiros), Boquete (Cochikeiros B). 
  • Conferencia SurLuís (Bateas), Cristian (Bateas), Elvis (Branco e Negro), Chupi (Paquete Pinchas), Rubén otero (Lideiras), Luís Enrique (Almuinha), Alberte (Almuinha), Carolo (Corredoiras), Penkas (Treze Catorze), Cara (A Ghudalla), Salgue (Paquete Pinchas), David Cadenas (Culombios) 
  • Conferencia Centro: Iván (Furabolos), Toño (Furabolos), Cesar (Furabolos), Andrade (San Mateo), Santi (San Mateo), Virgen (San Mateo), Sanches (San Mateo), Mario (Xogos Tradicionais), Ruben lopez (Trouleiros),  Dubra (San Mateo), Gines (Furabolos), Ruben Boquete (San Mateo). 

  • Conferencia Salnés: Xan Rodino (Bateas), Xosé Rodino (Bateas), Balea (Bateas), Luis Camiña (A Esmorga), Gelín (A Esmorga), Iván (Bateas), Chuma (A Esmorga), Alberto (A Esmorga), Elena (Bateas), Luis González (Bateas), Angel (Andarela), Andrés. 

Medidor LNB_ 



 Ó igual que en anteriores edicións do Play Off Nacional o medidor oficial de paláns e billardas estará na mesa de control para garantir que todos os palanadores e palanadoras xogan dacordo ós parámentros e medidas regulamentarias da LNB.


E xunto co descorrer deportivo un sen fin de accións paralelas se realizaran entorno ó Set-LNB instalado no lugar de emición de Radio Cabaliño , xestion de Abertos de Veran , venta de discos no Top-Mantelo , organización abertinhos en concertos , venta de productos Tenda-Galiza, información sobre a cervexa oficial da LNB Menduiña .....Multitude de ollos ó redor de todo o mundo estarán postos sobre o terreo de xogo de Conxo , a LNB é sen dúbida un referente internacional no eido deportivo , social e organizativo polo que sobra decir que iste domingo tod@s deberemos  aportar o noso máis poderoso gran de area  para sacar todo isto a diante. E para segurir en tempo real as evolucións e resutados na pista mata a television Galega e sintoniza co facebook oficial do varal mentras realizas as túas apostas vía twitter #finaisLNB2012 - A LNB somos tod@s e tod@s lanzando cara un mesmo Varal somos imparábeis ... Billarda Sempre , Adiante Play Off Nacional!!

2 Comments:

  • At 5:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    No club lady's tamén teñen o medidor oficial?

     
  • At 12:38 AM, Anonymous O Pintismo! said…

    E como é o do medidor de mínimo? se pasa, ou non pasa?

    Haha, parece que o fixo un dos CEREBROS do faísca!


    Bilharda sempre, adiante co palán, dende Chile con amor.

     

Postar um comentário

<< Home