O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 16, 2012

O LÍBANO ...CAPITAL CONXO E O 21 DE MAIO , GOLPE DE ESTADO DE SIAREIR@S NO CONGRESO DOS DEPUTADOS!!

















CANDO OS RESENTIDOS ERAN OS RESENTIDOS E NON UN CADAVER POLÍTICO , FALABAN NUN DOS SEUS TEMAS DE CONVERTER NUN LÍBANO CADA DESCUSIÓN....XUSTO O QUE XA SE PODE VER NAS PAREDES DO COMBATIVO BARRIO COMPOSTELÁN DE CONXO AGARDANDO POLA PERIGOSA SERPE MULTICOR DA LNB PARA DESPUTAR O EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL DO VINDEIRO 27 DE MAIO . ATENTOS ÁS PANTALLAS PORQUE MENTRAS EN TODO-LNB SE COCE O COCTEL DESPORTIVO NO MEDIO DAS CINZAS DE CONFUSIÓN DAS FRAGAS DO EUME SE AXITA A COCTELEIRA PARA A TRIBO DA BEZOUQUEIRA UNIRSE Ó BRUTAL AMENCER BILLARDEIRO-LIBANÉS DO PLAY OFF NACIONAL_2012.

SIAREIR@S GALEG@S ...21 DE MAIO  GOLPE DE ESTADO DESPORTIVO NO CONGRESO DOS DEPUTADOS!!









E directamente dende o referencial fotolog de Roizinho Moris o palanador dos Filloas de Sangue da NorOeste e activo membro de Siareir@s Galeg@s extraemos ista espectacular imaxe para ilustrar o histórico golpe de estado desportivo que os irmáns Siareiros van realizar o vindeiro 21 de Maio no parlamento español xunto coas asociacións análogas de Euskal Herria e os Paisos Cataláns para mediante a iniciativa coordianada por ESAIT  levar ó congreso no marco da final do copo do rei , a reivindicación do dereito a competir internacionalmente as seleccións nacionais bascas , catalanas e galegas. O grupo parlametar de Amaiur é o artífice dista exemplar proposta , cal será a cara dos deputados e deputadas galegas incluido a dun candidato á xunta  no seu adosado madrileño cando os siareir@s aparezan a peito descuberto para demostrar que eles si que non están alí de turismo...Siareir@s Sempre, Adiante co Varal!!