O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 29, 2012

O PALANADOR RADIACTIVO...DO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO Ó ABERTO DAS FILLOAS DE XOTRAMU EN MUINENTA!!



















Sen tempo para reflexionar depois do brutal Dioivo no Play Off Nacional de Conxo xa se alvisca o que será o primeiro Aberto de Verán no combulsivo e excitante universo billardeiro. Ate o Estornópolis para enlamarse loitando pola Coroza da LNB se achegou unha das grandes estrelas da Norleste , Charlie dos Spartak de Muimenta pasou a fase de grupos de xeito maxistral mais atascouse encarando as roldas finais , ó teatro de soños chegou acompañado por Ismael palanador e alma mater dos Spartak de Muimenta , ambos estarán coordinando , xunto co resto de Spartaks o espectacular Aberto das Filloas no marco da Feira de deportes e xogos tradicionais Xotramu de Muimenta. É a billarda un deporte tradicional pese á súa militancia ultravangardista? a resposta no medio das brosas do aizkolaris iste domingo en Muimenta>>    Contacto Directo: 676.597050 Ismael - ismaeldeouteiro@hotmail.es


















E outra das pregunas que surxe ó ver as espectaculares fotos da ainda fumentante fogueira do Play Off Nacional de Conxo é saber a procedencia do misterioso Palanador Radiactivo , un ser intergaláctico que aterrou na pista de xogo dende a Galaxia Salnés como se ve nas imaxes irradiando enerxía e raios ultravioletas a toda a tribo incluido ó campión nacional galego de ciclismo en ruta que pese a beber da súa botella de auga para evitar posíbeis sustancias dopantes permitdas na LNB mais lamentambelmente penalizadas pola UCI, pero co que non contaba Rubén Sanchez era cunha posibel contamninación  radiactiva nas pistas da LNB e atencion porque estivo pedaleando na folla da navalla , por unha banda o Palanador Radiactivo paseando ó seu lado e por outro o xogador e santa iseña dos Tropa Lixeira , Ficas , que atencion pode ter os días contados coa equipa chairega porque despois das intensas conversas a pé de pista todo apunta a fichaxe estrela dos Cochikeiros de Cerceda... Parcelaria Nom , Nucleares por suposto!!