O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 22, 2012

OS XUVENÍS DE OURO DA BEZOUQUEIRA ARRASAN EN MUGARDOS MAIS SON ANA DE MADIA-LEVA E GIL DA SUR OS REPESCAD@S PARA CONXO!!















Ista pasada fin de semana pechouse a tempada regular na Conf. Centro e na Salnés mais foi a Bezouqueira quen proveitou iste ultimo treito para espertar do seu letrargo cun xostregazo dos que fan história , foi organizando o xa mítico Aberto da Repesca en recordo do xenocidio ecolóxico nas Fragas do Eume , Mugardos foi a sitio elexido e os xa famosos "xuvenís de ouro" da billa demostraron a súa brutal pegada , Fran Anido foi o campión do Aberto seguido de Dani, mais que futuro presente rabioso da LNB que piden paso a berros , mais por diferentes motivos non van poder estar ne Conxo polo que os repescados serán dous bos peixes de outras conferencia que se achegaron ate a pista do Casino para tentar pillar o derradeiro anzó cara Conxo . Ana de Madia-Leva e Gil , o gran palanador da Conferencia Sur son os elexidos pola miñoca para como se estableceu pola comisión técnica entrar xunto cos dous 13s das conferencias mais antigas ( NorLeste e NorOeste ) a okupar as 4 prazas necesarias para completar as táboas da Final Nacional Absoluta.







Obrigada inmersion nos webs oficiais de conferencia para ver as táboas de clasificados nas catro categorías en desputa no Play Off Nacional na que por primeira vez na história unha equipa aínda que conseguindo pasaporte non vai participar por decisión própia . Falamos dos Trouleiros a potentísima equipa amarela da área estornela que vai deixar pasar un ano en barbeito para desgraza de todos os bos afeccionados á billarda que non van poder desfrutar do seu espectacular xogo na pista , agardamos de tódolos xeitos telos con nós compartindo espazo no estadio para entre todos tentar lograr a tan desexada e estimada presenza Trouleira para o ano vindeiro . Afrontamos pois un campionato que promete emocións fortísimas tando na pista coma nas bancadas e un dos intres de máis intensidade será de seguro se ó final se confirma a máis que posíbel presenza na sesión da tarde do ciclista LNB , Rubén Sánchez, que despois de proclamarse Coroceiro Nacional de ciclismo en ruta, vai loitar ista find pola victoria na Volta á Coruña....Billarda Sempre , adiante co Play Off Nacional!!

1 Comments:

  • At 2:02 PM, Anonymous Anônimo said…

    O vencedor foi Luis e o segundo foi Dani

     

Postar um comentário

<< Home