O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 20, 2012

RUBÉN SANCHEZ, O CICLISTA LNB , ANIQUILA A IVÁN RAÑA E ÓS TODOPODEROSOS FROIZ E PROCLÁMASE NA ESTRADA CAMPIÓN GALEGO DE FONDO EN RUTA!!

















Despois dunha complicada pasada volta a Galiza na que a LNB irrompía no peloton internacional representada polo gran ciclista galego Rubén Sanchez , pese ó dificil peche de tempada do ciclista billardeiro a LNB seguíu a súa implicación total con iste esforzado da ruta como se vai ver nunha espectacular entrevista que publicarán os irmáns de Dioivo maxistralmente executada por un dos membros dos Tronzadores de Cunetas , colectivo formado por palanadores e palanadoras para apoiar ós ciclistas galegos en todas as carreiras e como no Rubén Sanchez é o seu indiscutíbel estandarte. É por elo que iste pasado sábado na Estrada durante o celebración do campionado galego en ruta , Rubén Sánchez, o ciclista LNB , deixou a todos coa cantados no asfalto e boca aberta incluido o triatleta Iván Raña que participaba tamén na competición e á  todopoderososa escadra Froiz , competindo baixo o maiot co C.C Vigués , Rubén Sanchez marchou máis de 30 km só nunha escapada á postre interceptada pero a 5 km voltou dar a pedalada defintiva para proclamarse campión nacional-galego de fondo en ruta.



Mais non todo queda ahí , toda a serpe multicor da LNB comparte a indignación total do ciclista LNB amosada no facebook do Varal por mor do lamentábel crónico publicado na web oficial da federación galega de ciclismo , mentras sincronizamos os reloxos cara ó Play Off Nacional de Conxo ,  deixamos as propias palabras verquidas polo gran Rubén Sanchez no facebook oficial da LNB  >>  Pois eu estou bastante indignado coa crónica... Que mencionen a escapada de Raña está ben, pero non deberon ser nin 10 km os que estivo escapado e a principio de carreira. Mentras eu estuven só dende o km 30 hata o 85 (6 das 11 voltas do circuito), e cando digo só e completamente só, tralas motos que abrían carreira. Se iso é simplemente buscala escapada, que mo expliquen porque non o entendo. A 20 para meta colléronme e marchei a 5 para meta xunto a Justo G. do Cambre e a un meta marchei solo. En fin, algo se parece ó que pixeron, pero... Creo que está moi mal porque seguramente o que a escribiu estivo vendo a carreira