O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 30, 2012

TENDA-GALIZA ...CONXO CONSOLIDA A GALICIAN-SHOP COMA A REFERENCIA ABSOLUTA DA PLATAFORMA COMERCIAL DE APOIO Á LNB!!

















Sen dúbida Tenda-Galiza co seu responsábel Santi ó fronte , demostraron desafiando dende primeiras horas da mañá os brutais chuzos de punta que en connivencia directa a Xunta e os Deuses nos enviaban para tentar frear o inevitábel ....que outro Play Off Nacional fose posíbel. Cun espectacular Set de venda a pé de pista Tenda Galiza posibilitou que os palanadores e palandoras da LNB mercasen a prezos especiais productos exclusivos da tenda que ademais de poder adquirirse dende a súa web se poden conseguir na súa espectacular tenda física en Cambados e tamén durante istes meses e verán no despacho histórico no Hio. 
















Cun pé en Escocia e noutro na Galiza o gran proxecto comercial de Tenda Galiza arrincou cunha liña de venda de bandeira históricas fai xa uns anos sendo as pistas da LNB un dos sitios donde por primeira vez os dragóns en fondo amarelo da bandeira Sueva luciron en todo o seu explendor traidas polo mítico Tonho Randeeira adquiridas directamente da web de Santi. Iste Play Off  Nacional servíu entre outras cousas para que Tenda-Galiza consolidase a súa implicación que dende o inicio da tempada ten vertebrado coa LNB , as monteiras de cada campi@n de Aberto transformáronse nun descomunal lote de productos Tenda-Galiza para cada finalista e campi@n nacional co que acompañar o grolo de Menduiña , a cervexa galega dos campiósn nacionais. Aquí podemos ver a Santi no espectacular Set-LNB sostendo xunto co á postre Coroceiro Nacional , un espectacular mapa histórico de Galiza custodiado pola estreleira , a bandeira dos Xarutos e a dos territorios galegofonos do Eo-Navia e O Bierzo e coma punto de infrexión os pandeiros cos que marcar o ritmo dunha danza da billarda infinda .

















E como non podía ser doutro xeito Tenda Galiza elexíu entre os palanadores e palanadoras os modelos para o seu próximo catálogo on-line, xunto con Iolanda da Faisca-Lideiras fichada na boutique imposíbel a pé de pista , Regueiro o gran palanador de Troitas Bravas vai ser o palanador elexido para as prendas masculinas , aquí o podemos observar facendo as probas ó carón da espectacular Coroza cedida polos irmáns do Restaurante A Gata Meiga de Poio , lucindo en todo o seu explendor galaiko a espectacular camiseta de Rugby da Galiza , unha das prendas estrela e record de vendas tanto no catálogo coma na Tenda a pé de pista e que sen dúbida despois dista gran acción de promoción por parte do palanador chairego de seguro se esgota en menos que canta un xílgaro de mondoñedo , unha rá de Cospeiro  ou un porco-teixo da Paradanta. E non podemos mais que agradecer a Santi a súa total implicación no explosivo Lipdub gravado antes da final nacional na que os productos de Tenda-Galiza foron parte fundamental dun atrezzo que rachou moldes..Tenda-Galiza Sempre, Adiante o LipDub da LNB!!

8 Comments:

Postar um comentário

<< Home