O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 11, 2012

BILLARDA E CINEMA ÉTNICO INVADEN O POBO GALEGO MENTRAS "CAN BARRACA" APERTA A GLORIA NO GRAN OLIMPO BÉLIT!!







Co espectacular Lipdub da LNB estourando e rachando aramios pola rede , iste luns arrinca no Museo do Pobo Galego unha nova edición da referencial Mostra de cinema Etnográfico , sen dúbida un marco perfecto para exibir o noso lipdub ou nunha edición futura o gran documal sobre a LNB que sen dúbida o pobo enteiro está pedindo . E mais cando no programa da mostra de etno-filmes está un francotirador irmán como é Manuel Darriba , apresentando o seu espectacular " Pacios, As Fotos da Memoria " ó carón do archipremiado internacionalmenta Wikingland de Xurxo Chirro . Un empurre e fungar étnico que ista find. vai por as billardas da LNB a gradar o ar galego .Sábado 16  Proba de Billarda nas Olimpiadas Populares de Ponte-Vea  -  Aberto do Son do Masma en Celeiro ( Barreiros ) -  Aberto do Festifolk Mugardos -  Abiertu Pitu Caleya en Piarnu ( Asturies ) -  e o domingo 17 Aberto do Folk in Río ( Touro ) . E atención porque nun dos puntos máis alto do país como é Manzaneda con contexto Brutal do festival da Rebusca en Manzaneda se prantexa realizar o explosivo primeiro PECHADO DA LNB , a homenaxe billardeira ós gaiteiros que utilizan iste ancestral xeito de tratar o punteiro- E ti que tes aquí chantados os ollos a qué carallo agardas para converterte en activista LNB e organizar un puto Aberto co que alzar as voz e arrebolarlle as billardas ós bancos e as institucións todas...COMO ANCONTECEU NO EXPLOSIVO ABERTO IMPROVIDADO POLOS ACTIVISTAS DE LUCERNA DE CERCEDA  EN FOLGUIEIRA DE CASTELO EN CULLEREDO COMO INFOMA OVARAL FACEBOOK, RACHA AS CADEAS E UTILIZA AS REDES SOCIAIS COMA ARMA ARROXADIZA  PARA MONTAR E  IMPROVISAR ABERTINHOS!!










Puidose ver en Conxo . ó selecionador habilitado Serxio da Faisca tomando notas e somentendo a exames de lanzamento coas palas dos irmáns do Bélit ós palanadores e palanadores da LNB para xestar e preparar unha Auténtica que con garantías poida prantar cara ós potentísimos Paisos Cataláns no próximo terceiro envite que nos libre da pesada loita das derrotas pasadas ...


Un universo o Bélit que ven de consagar a Can Barraca coma novos campións do mundo na  gran competición que aglutina ás grandes franquicias de PP.CC , un torneo que na súa oitava edición consolídase coma unha das competición continentais de referencia absoluta na que porqué non... algún día tentar competir cunha equipa da LNB , nada é imposíbel como tampouco é imposíbel que a seleccion Catalá de Bélit ó igual que a Auténtica sexa unha das puntas de lanza para que ó non haber federación española diste noso desporto poidamos xogar de xeito "legal" a nivel internacional....Parabéns dende a Galiza para Can Barraca, Bélit Sempre, adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 9:24 AM, Anonymous Anônimo said…

    http://siareirasgalegas.blogaliza.org/2012/06/11/publicamos-a-listagem-de-locais-e-vilas-onde-se-celebrara-o-canha-contra-espanha/

     

Postar um comentário

<< Home