O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 08, 2012

A CHAQUETA DE LÁ ...E O GRAN RETO ESTÉTICO PARA ISTE DOMINGO SAIRSE DO RABAÑO APOIANDO A UN GRAN PALANADOR DA LNB!!

















Chega o verán e a climatoloxía úrxe ó corpo refrescarse ante a canícula, o entenden as bestas mais existe como non poía ser doutro xeito , un colectivo humán que desafía as máis elementais leis da física perpetrando unha espectacular competición entorno ós Abertos de Verán cuxo vencedor ou vencedora vestirá a xa popularmente coñecida coma  Chaqueta de lá da LNB . Os Furabolos , unha das potentes franquicias da área estornela e a tribo da Conf. Salnés coordianarán ista abafante competición que dará comezo o 17 no Folk in Río de Touro cuxo campión sentirá o estraño roce dunha pel sintética , dende as terras da Norleste donde se ultima a gran comptición por equipas do Año Mouro , amosan a súa total implicación para ou ben agora esquilando o año ou ben despois unha vez esfolado para ser inxerido pola equipa gañadora,  pasar moi gostosamente a pel da ovella para que o gañador ou gañadora da Chaqueta de Lá poida lucir explendoros@ unha prenda realizada con Auténtica lá de ovella ou carneiro galego e billardeiro.



















E se de rabaños falamos e  iste domingo queres saírte del , podes facelo con orgullo absoluto  xa que é unha auténtica honra para os palanadores e palanadoras da LNB que así o sintan poder saldar unha dábeda histórica cunha institución no ámbito humán e billardeiro coma é Franco, o palanador Italo-Galego de Billardeiro Musicais que tantas veces defendeu con uñas e dentes a cameseta e orgullo da Auténtica iste domingo no debú a súa seleccion natal no Eurocopo de Futbol non pode sentirse en soidade no seu Ribadeo adoptivo abafado pola cor "roja", de seguro que serán moitos os que se atrevan a vestir unha camiseta azul de Italia para acudir ó bar ver o partido nista vila da mariña e en moitas màis do país adiante porque ...Viva Franco, arriba a LNB!!