O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 17, 2012

COROCEIR@ NACIONAL E CAMPIÓN OLIMPICO , UN PITU CASE DESIDRATADO , FRANCO REIVINDÍCASE NO SON DO MASMA E ILEGÍVEL PENSA NUNHA POSÍBEL MUTACIÓN FOLK!!

















AXEÓNLLATE PORQUE SÓ A OLLO DE PITU CALEYA SE PODE DESMEMBRAR E ANALIZAR ISTA INCENDIARA FIND . DE BILLARDA , SONS , LICOR CAFÉ, LICOR DE TOXO, XENEBRA GALEGA , ACTITUDES E OLIMPÍSMO CEIBE E COMPROMETIDO..


















Fai tan so unhas semanas Rubén Otero convertíase en Conxo no novo COROCEIR@ NACIONAL , iste sábado na terra batida de Ponte-Vea,  Otero voltou facer soar o pandeiro para facerse un sitio no Olimpo dos Deuses e Deusas ó converterse tamén en novo Campión Olimpico de Billarda no exploSiVo marco das Olimpiadas Populares Galegas .  Atención ó video dos irmáns de GzVideos porque hai xente entre eles o campión olimpico derrocado Xose Miguel tamén da faisca , que quere ver varias "xogadas polémicas" repetidas....

















E nisa mesma mañá do sábado na campo de futbol de Piarnu ( Asturies ) cun intenso e perpétuo barruzo , dába comezo unha nova edición do xa mítico Abiertu del Pitu Caleya, coordiando polo referencial Comandante Hevia . alí estaba tamén outro dos activiasta do Liriu como é Arturo de Xixón , ambos xa estudan a posíbel presenza dunha equipa Liriu na desputa do ano mouro da LNB ademáis de establecer coordenados coa LNB para irrupción liriu-billardeira no festivo Liet International que iste ano se celebrará na Laboral de Xixón.
Mais pese á numeros presenza de machetadores e machetadoras asturianos o podium foi copado por membros da LNB que cruzaran a fronteira para desputar o Pitu Caleya , despois dunha viaxe tormentosa para o Pitu cara á Galiza donde case falece desidratado na maleta do carro,  a istas horas xa podemos confirmar que descansa no galiñeiro da LNB de Remourelle coma un supervivinte máis do gran holocuasto Liriu.  



E sen descanso posíbel para o comando Pitu-Caleya da LNB desprazado dende Ribadeo a Piarnu , xantar en ruta e pola tarde volta á marabilloso campo de batalla ista vez en Celeiro de Mariñaos ( Barreiros ) no marco do Aberto do festival do Son do Masma





Cun terreo de Xogo en condicións moi bravas , os palanadores e palanadoras da LNB comezaron as roldas loitando contra o adversario e contra o prado para o que máis ca un palán se necesitaría unha grade e un arado xunguido a usn bois para poder domesticalo

Dito e feito , Eric , o maxistral palanador dos Outros que fixera podium pola mañá en Piarnu ollaba acurradao entre dous Bulls , Muriego , o palanador experto en fauna mariña lanzaba tamén o anzó en terra firme para adentrarse coa forza dun tabeirón ferido nas profundidades do Varal do río Masma .

Eric dos Outros terceiro , Muriego dos Bulls de segundo e Franco de BM no máis alto do podium bañado en fantástico Licor Café entregado polo noso gran selecionador nacional Flores acompañado por unha auténtica institución da LNB como é o Zidane da Billarda que ó igual ca outros palanadores históricos de Celeiro de Mariñaos estiveron participando niste Aberto que ogallá marque o seu definitivo retorno ás pistas da LNB. 

Xornada a dista find. de intensidade Folk xa que o sábado en Mugardos se celebraba o referencial Festifolk  en cuxo Aberto o campión foi Cristian de Bateas e o domingo en sesión de mañá se celebrouse en Touro o Aberto do Folk in Río donde o seu compañeiro de equipa Luis se proclamou vencedor , a curiosidade é que nun contexto musical no que as gaitas , pandeiretas e pandeiros son absolutamente predominandes dous dos membros do grupo galego mais estorndoso da hsitória como é Ilegível sáen victorioros...será en realidade o festival de Ortigueira donde Ilegível deberían realizar o seu gran concerto de refundación?? ...Billarda Sempre , adiante co Varal!!

9 Comments:

  • At 7:07 PM, Anonymous Anônimo said…

    Para cando un concerto Ilegivel + Extensión Agraria nas pistas LNB??

     
  • At 1:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    Por Meira comentase que xa se desfixeron os Extensión... !Duraron de mais!! que noxo!!

     
  • At 3:44 PM, Anonymous Anônimo said…

    non se desfixeron , deconstruíronse, sempre adiante ¡¡ sempre mellorando ¡¡

     
  • At 3:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    Adiante Extensión Agraria!!!

     
  • At 4:16 PM, Anonymous Anônimo said…

    Estades destinados o fracaso,, coma todo o que facedes,,, seguide asi..jajaja deconstruindo o pais...

     
  • At 5:05 PM, Anonymous Anônimo said…

    chamame atencion como o mesmo paiaso de sempre ven aqui tocar o carallo, se te aburres enchete ou xoga a partida ainda que co burro que eres fixo que perdes. E deixa a LNB e a Extensión Agraria facer o que queiran o poidan

     
  • At 5:22 PM, Anonymous Anônimo said…

    Amin tamén me gusta TOCAR,,. pero con armonia, non coma os Extensión.. pero bueno sabendo quenes sodes,,e quen está detras disto, tá claro que vades durar pouco...(coma todo o que fai o chulito ese de meira) Se non queredes criticas,, anulade os COMENTARIOS PEDAZO DE PALETOS....

    PD. o voso facebook da o mesmo noxo ca ista paxina..sodes tan listos que agregades a todo dios,, jajajajaj.. que vos dean.......

     
  • At 5:39 PM, Anonymous Anônimo said…

    na lnb colle todo dios ... menos tu. que tamen todos sabemos quen eres. non che estrane que algun dia che parta alguén a cara

     
  • At 6:09 PM, Anonymous Anônimo said…

    Destinado ao fracaso estás ti!!! Que xa se ve que moito non fas namáis que tocalo carallo cos teus comentarios!! Ese "chulito de Meira" coma ti lle chamas está facendo algo productivo non coma outros...
    E deixa de botar merda sobre a LNB que nin sequera sabes o que é!!
    Adiante LNB e Adiante Extensión Agraria!! Longa vida a cada un deles!!

     

Postar um comentário

<< Home