O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 14, 2012

A EUROCOPA CON SIAREIR@S GALEG@S....NUNHA MAN O PALÁN E NA OUTRA A BILLARDA E UNHA CANHA!!



















A lume da carozo bruarán as billardas ista find. por todo o país adiante , que as casetiñas coma a do referencial Aberto de Xotramu de Muimenta invadan cara recuncho  para cubrirse do sol e tomar unha Menduiña fresca non pensedes que é cuestión de agardar por unha deputación, un concello ou da secretaría de deportes da xunta , depende de ti unicamente que a cada concerto , festa, festival, roteiro ou actividade que faigas vaias armado co palán e billarda e que utilizando a túa rede social favorita lances ó mundo o gran reto dun Abertinho...rachando muros e saltando valados , pese a quen lle pese as billardas son xa un marabilloso andacio que infecta a toda a populación e que seguindo a senda deixada pola Semente Billardeira nos centros de ensino de Becerreá, Ribadeo, Pontevedra, A Pastoriza... iste mesmo xoves en sesión de mañá no EIS Gamallo Fierros da vila ribadense acadará unha nova dimentsión cunha acción billardeira para celebrar á fin de curso cos alumn@s do Liceo .
















E que mellor ca unha caña ben tirada para combater os primeiros quentes do verán e os primeiros quentes da Eurocopa que iste mesmo xoves ten á selección irmá de Irlanda disposta a dar a sorpresa , por desgraza no falamos de rugby senón de futbol donde Eire é a priori unha "cenicienta" para claquera ribal dista fase final en Polonia-Ukrania. Co cada vez máis preto horizonte da competición oficial internacional para as seleccions nacionais galegas , entre elas naturalemtne a Auténtica, non podemos màis que coller o xarra chea de cervexa e unirnos á espectacular acción Canheira botada a diante polos irmáns Siareiros Galegos para seguir nos bares do país ista Eurocopa animando a todas as seleccions que se enfrontan contra aquela que non permite que Galiza poida estar alí, unha impresionate inciativa que como non podía ser doutro xeito xestouse na cabeza privilexada dun palanador campión olimpico que iste sábado defenderá con uñas , dendes e xarras de cervexa na man o seu título na espectacular pista de Ponte-Vea donde se celebrará a proba de Billarda no explosivo marco das olimpiadas populares galegas...e se queres inscribir o teu bar habitual ou colaborar activamente na rede de accións canheiras na Eurocopa non o dubides , fialles fronte e faino xa!!  >> nacional@siareirasgalegas.org