O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 26, 2012

MIGUEL ALONSO+GRUPO - SÁBADO 30 EN RIBADEO...A NOITE DOS CANS E O DÍA DO AÑO!!

















Iste vindeiro sábado depois de loitar polo año mouro da LNB na Devesa a tribo billardeira trocará os paláns e billardas polas cervexas , cubalibres e toda clase de dopaxe para apartires das 23 h. no Rockuncho de Ribadeu en pleno corazón da zona vella para desfrutar do que será o primeiro concerto de Miguel Alonso + a súa banda nas bravas teras da Conf. NorLeste. E será no contexto dunha de seguro brutal festa República Billarda donde ademáis da fantástica música ao vivo do autor da fantástica " días raros" haberá sesión de música en galego e linguas de pàises sen estado polo dj Anho Mouro , unha auténtica salvaxada que non podes perder por nada do mundo!!












Xa leva Miguel Alonso leva xa case dous anos en ruta sen tregua  co seu cadelo da man apresentando iste seu aclamado ultimo traballo que puxo dacordo por fin a crítica e público , unha coleccion de 12 temas que apresentará no concerto do Rockuncho de Ribadeo xunto con algunha novidade do seu xa agardadísimo novo disco, temas de raibosa actualidade coma a precariedade laboral , o chamamento á rebelión contra contra a violencia de xenero ou a condea do capilaismo salvaxe que nos invade xunto con temas de temática máis persoal son o núcleo dos temas que forman " A Noite dos Cans", un disco que conta tamén coa producción artistica para  deseño do espectacular libreto do fotógrafo-LNB Nachok, é por elo que ademáis de mergullarvos na música diste pequeno xenio ferrolán imperdoábel non facerse cun dos discos que vai ter a venda no concerto. Maís cando falamos da figura Miguel Alonso non podemos deixar de nomear a súa laboura de produccion do espectacular libro-disco "Once máis 15" , unha auténtica obra de arte que combinou musica e poesía , editado no 2009 por Edicións do Cumio e a asociacón MisicArte converteuse con moito no libro de poesía mais vendido da década con incluso difucsión internacional en medios coma Radio 3 donde Miguel Alonso apresentou isa auténtica xoia nun especial que deixou impactados a locurores e ouvintes.
























E se nos estás polas terras da Conf.NorLeste ista find , organízate e con os fuciños no recén estreado O Varal Twitter xa que ademáis do espazo Facebook na rede social do paxaro tamén poderás segurir con intensidade absoluta as reviravoltas da actualidade Billardeira que o vindeiro 21 de Xillo ten marcado en vermello chollima a II Edición do Umia Rock ,  Manuel Abuin , o gran alma mater, pulmón e fígado de Fachenda Galega  anda metido na coordianción do asunto polo que prepra´devos para un explosivo Aberto de Billarda no serán e pola noite concertanzo de banda do República Billarda...LABAZADA!!