O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 24, 2012

A LNB LANZA A KEDADA PARA A CELEBRACIÓN ALTER-NATIVA E INTEGRAL DO DÍA DA PATRIA...MANIFA , XANTAR E DESPUTA DO ABERTO ZOQUEIRO EN BONAVAL!!



















Un ano máis, e van xa unha cuantas, dende que a serpe multicor da LNB decidira ensinar os dentes o día da Patria en Compostela naquela mítica acción conxunta na praza da Galiza cos irmáns de Ceivar portando a histórica faixa co lema de BILLARDA,  PATRIA E LOITA  e cos golpexos ó xefe do estado no centro da diana no mítico set LNB instalado na Alameda desatando un bruar que segue hoxe máis vixente ca nunca. É por elo que nun contexto coma o actual de diversidade manifesta para celebrar iste 25 de Xullo , a LNB non pode quedar de brazos cruzados e coma entidade social punteira na vangarda galega lanza o seu plan de acción alternativo ós cúmio de micro-formigueiros que van infestar Compostela iste mércores día da Patria>  Este ano haberá mais manifestacións e actos diversos no día da Patria que os anos anteriores. Entón en vez de traballar a prol da unidade os galegos estamos aínda mais divididos co que o enemigo será cada vez mais forte, porque se cada un tira do carro nunha dirección ao final o carro non avanza. Acudir a calquer manifestación desfai mais do que fai. Porque acabas alimentando a cada organización e ao seu ego para continuar en solitario. 



















A LNB propón que na mañán do 25 de xullo entre as 11 da mañán e as 3 da tarde todalas personas comprometidas con Galiza as pasen tomando cañas, viños, refrescos e pinchos (de productos exclusivamente  polo casco vello de Compostela en locais que apoien o noso idioma) . Que nos tempos de crise debemos fomentar o consumo de productos galegos para crear traballo na Galiza. 





Así que o Día da patria pasao defendendo o teu país do acoso do estado e dos mercados  disfrutando do noso día polo casco vello de compostela e as 5 da tarde desputar o mítico Aberto Zoqueiro do día da patria en Bonaval , e non te preocupes se lle arrincas un ollo a calquera dos que estaña por alí instalado...BILLARDA, PATRIA E LOITA!! ÚNETE Á SERPE DA LNB PARA DESFRUTAR DUN AUTÉNTICO DÍA DA PATRIA>> 627.780891

1 Comments:

  • At 2:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Como sempre a LNB pioneira no día da patria. Billarda sempre, adiante co varal.

     

Postar um comentário

<< Home