O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 22, 2012

Ex_TENSION AGRARIA E A LNB....PRÁNTALLE LUME Ó MONTE DE CÁLITROS QUE HABITA DENTRO DE TI!!


A TERRA CHA E O PAÍS ENTEIRO TREMEU ISTE XA HISTÓRICO SÁBADO 21 DE XULLO COA IRRUPCIÓN DA PLATAFORMA BILLARDEIRO-CONTRACULTURAL DA LNB QUE AMIAZA XA CON SER O ÚNICO XEITO DE DEFENSA REAL ANTE O ACOSO XUDICIAL POLÍTICO E BANCARIO Ó POBO GALEGO.


Mantras no UmiaRock de Barrantes se desputaba o Aberto do Río Umia , en Xuvia as billarda asubiaban no Aberto ärtabro do Festival da Terra e da Lingua e en Baltar arrincana o multitudinaro Aberto do Festival da Chaira , na Zona Vella de Vigo , palanadores e palanadoras da LNB participaban no explosivo LipDub Terra no que como non podía ser doutro xeito o conflicto billardeiro aparece perfectamente reflexado e representado polos activistas do Centro Social da Faisca.

E mentras en Vigo as billardas e bandeiras da LNB tomaban as rúas en Baltar Pastoriza , o selecionador Nacional Manolo Flores despois de comunicar persoalmente con Pinto por telefono para coñecer de primeira man como fora o LipDub  e entregar a espectacular escultura de Xabaril a Charly dos Spartak de Muimenta coma campión do Aberto , subía ó esceario principal do festival no medio dunha incendiaria aclamación popular que pedía a berros unha nova micro-sesión de chistes do selecionador. Absolutamente deplorábel a actitude do equipo de son que se negou o acender os micros para Flores mais nada pode parar nen a Flores nen ó exercito LNB polo que realizou a sesión a pelo dando así un exemplo de forza e impulso salvaxe para executar unha sesión que moi pronto poderedes desfrutar en Tele-Varal. 


Flores marcou o paso e o camiño para que Ex_Tensión Agraria  unha horas máis tarde asaltaran o esceario guiados polo brilo da follas das gadañas portadas polo GADANHEIROS DA LNB . Ataque Escampe e Bastards on Paradise subiron antes de que a superbanda galego-arxina de Bretonha abriran lume e incendiaran os montes de cálitro que cada un dos asistentes levaba dentro.


Algo mais ca público é o que acompaña á Ex_Tension en cada unha das súas incendiarias accións sonoras, anti-fans comprometidos cun xeito e filosofía de expresión aldraxada polos medios e canles convencinais , donde van crean conflicto .... incluso cos membros do equipo de sonido que despois de negarlle os micros a Flores amiazaron deixar sen luz a Ex_Tension no medio do concerto antes as maxistrais interaccións cos anti-fans en escea. 

Unha interacción que unha vez máis se puido ver no esceario xa que o palanador e pintor Pirucha estreou unha nova e apabuinate obra titulada " Homem que partíu as pernas ao tentar matarse  porque a corda era demasiado longa" froito da súa colabroación co gran palanador de Tropa-Liciera Richard que foi quen lle puxo o título ó cadro antes de que iste existira. Se estás farto de convencionalismos na música ,  na arte e no desporto...Ex_tension Agraia é o teu grupo e a LNB a túa Fronte!!