O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 18, 2012

FACHENGA GALEGA E BILLARDEIRA ...ISTE SÁBADO "ABERTO DO RÍO UMIA" NO UMIA-ROCK EN BARRANTES!!


































Non pode haber mistura máis explosiva Rock , Billarda e Barrantes , o conxuncion demoniáca terá lugar iste sábado na segunda edición do Umia Rock donde os combativos e billardeiro LABAZADA estará riba do esceario apresentndo temas do seu espectacular novo disco , e atención proque o Aberto de Billarda promete ser dos que fan hostória xa que abaneando a árbore está ise referente absoluto do universo musical e deportivo da LNB chamado Manuel Abuín, o alma mater de Fachenda Galega estará xunto cunha tribo infernal de neo-palanadores da AC Herminio Barreiro para recibir ó exercito nómade de activistas LNB que a partires das 19 h . se acheguen á Carballeira desputar o explosivo "Aberto do Río Umia". Info e inscripición >>  637.564377




E se desfrutache coma un can cun oso na boca co espectacular Lipdub billardeiro xestado na terra batida de Conxo iste sábado tes unha cita ineludíbel se andas polas terras do sul para achegarte apartires das 17:30 h. á zoa vella de Vigo donde os centros sociais da cidade realizarán o espectacular LipDub Terra , utilizando o tema dos Dakidarria . Bou Eva, A faisca e Revolta son os centros sociais que coordinan ista brutal acción visual ... colle os paláns , a  billarda e a bandeira da patria e tira para a zona vella!!