O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 30, 2012

MÉXICO 68 ?? NON A PASTORIZA 2012 NO ABERTO DO REQUEIXO!!

















Sobran motivos para que calquera palanador ou palanadora que suba a un pódium sexa iste cal sexa co puño ergueito enfundado nunha luba negra , Charli o gran palanador dos Spartak de Muimenta confirmou na  Pastoriza nunha nova edición do Aberto do Requeixo o seu fantástico momento de forma depois de vencer no Aberto do Xabaril de Baltar asaltoi iste domingo tamén a máxica porcion do branco manxar afianzando a súa candidatura para na tempada regular asaltar tamén o máis alto da clasificación rachando os binominos ribadenses para volcar a romana cara as bravas e indomábeis terras de Muimenta.













Tommie Smith e John Carlo foron os velocistas estadounidenses dos 200 metros que ergueron o puño en sinal de protesta pola secesion racial que se vivía no seu país tivo a complicidade do atleta australiano Peter Norman que aínda que no alzou o puño si lucíu unha pegatina en solidaridade coa causa defendida polos seus compañeiros na pista de velocidade. Charli e Juan son os Tommie e J.Carlo da NorLeste acompañados por Luis Bateas , o noso P.Norman da Conf. Salnés que no podium recollen o guante dos activictas afroamericanos para denuncar por exemplo o expolio legal que os alcaldes de todos os concellos do páis están a realizar ó pobo galego cos seus desorbitados soldos de sátrapas parroquiais amparados por unha constitución e un sistema democrático a toda luces arcaico e obsoleto que pide a berros a queima de instituciíons e cargos electos...LUBAS VEMELLAS E PALÁNS ERGUEITOS!!