O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 28, 2012

21-O >> SARRIA PREPARA O FORNO PORQUE NA LNB SI QUE VAI HABER PAN PARA TANTO CHOURIZO!!















A máquina de chourizos xa está preparada para o 21 de Outubro encher de novo o parlamentiño de rebentóns e chanfainas , o anuncio de que as eleccions nacionais coincidirán coas de EuskalHerria obrigan a axilizar a obtencion de tripas paras que poidas acudir ó colexio electorial o 21 de outubro darlle con teu voto unha volta á gran máquina de chourizos diste falso sistema democrático e administrativo que estrangula a noso xeito indíxena de relación tribal base da autentica sociedade ceibe e autartico-billardeira á que todo palanador e palanadora aspira. É por elo que a LNB iste vindeiro domingo 2 de setembro vai berrar ben alto e claro que...AQUÍ SI QUE HAI PAN PARA TANTO CHOURIZO!!!

SARRIA DOMINGO 2 DE SETEMBRO>> I ABERTO DO PAN GALEGO!!

















Un berro seco e cargado de razón e da mellor fariña de millo e centeo que emerxerá por primeira vez na história da vila de Sarria, un novo epicentro billardeiro que emerxe no Sur de Lugo coa celebración do I Aberto do Pan Galego , toda unha declaración de intencións sobre a necesidade da autoxestion alimentar e consumo de productos nacionais en contraposición ó consumo que propoñen as grandes áreas comerciais apoiadas polos chourizos do arco parlamantar galego...Sarria, Touradas Nunca Máis, Pan Galego e Billarda Sempre!! Info e Inscripción >> 649.325103

2 Comments:

  • At 11:48 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xerman viluba ao parlamento

     
  • At 10:20 AM, Anonymous Anônimo said…

    Ari ari ari. Viluba lehendakari

     

Postar um comentário

<< Home