O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, agosto 04, 2012

O CHUPACABRAS DAS OLIMPIADAS RURAIS PON EN SERIO PERIGO A CONTINUIDADE DE MEIRA E A SÚA FRANQUICIA NA LNB!!














O mito do Chupacabras , moi difundido popularmente en Puerto Rico , México e en moitos outros paises da América do Sul , fala dun ser capaz de paralizar as súas presas e succionarlles os sangue. O estrano suceso acontecido o pasado sábado na desputa do Aberto da Cabra Chairega en Meira donde o vencedor do Torneo se fotografou co animal e posteriormente desapareceu das súas mans fan pensar en estranas maniobras entonro á desacougante presenza do Chupacabras no descorrer dos lamentábeis acontecementos   que despoxaron ó campión do Aberto do tan prezado trofeo para darllo a non se sabe quen e por motivos que tamén se descoñecen ... cando claramente e de xeito inequívoco se estipulara e se comunicara á LNB dende a propia organización das Olimiadas Rurais que a Cabra ía destinada como premio ó campión da disciplina de billarda.


Como xa se informou no intre do suceso a LNB non podía nen pode quedar de brazos cruzados ante iste inaudito insulto ós palanadores e palanadoras polo que ante a inminente aprovación do candelario e sedes oficiais para a próxima tempada da Conf.NorLeste estúdase moi seriamente que sexa Bretonha, donde iste verán xa se desputou o mítico Abertinho do Licor Café , a sede do mítico Aberto do Lacón e incluso ante a gravidade dos feitos estudar se Tropa Lixeira , a equipa de Meira , poderá competir coma franquicia LNB ou se os seus palandores e palandoras terán que buscar marca branca ou acubillo noutras outras equipas. Para o campión do aberto  a LNB berra  sen compexo .... A CABRA , os cornos e o seu pelexo !!