O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 22, 2012

OS PERIGOSOS KOMANDOS-ABERTINHOS DA LNB OLLAN CARA O FESTIPOTE DE MANIÑOS E O IRONSA FESTIVAL DE CAMBADOS!!























Medo , pánico , terror ó planeta Billarda... ista find alvíscanse dous festivais donde van ser precisa a irrupción dos comandos itinerantes da LNB para realizar un dos explosivos Abertinhos Express xa que en ambos por diferentes circusntancias frearon ó embravecido boi da chega billardeiro que ía directamente botarse á pota fervendo. Por unha banda a tribo da Bezouqueira dirixida polo sub-comandante Serxio tiña todo preparado para realizar un gran Aberto no iste sábado no marco do Festipote en Maniños ( Fene ) mais primeiro a irrupción dos Coches de Coche okupando o espazo que estaba disposto para a LNB e despois o medo e incomprensíbel pánico da organización para realizar a acción billardeira diante do esceario por medio a mancar alguén obríganos ó chamamento á acción directa e tentar incluso abordar o esceario cos palán e billardas para facer un disparo ó público durante calquera das actuacións dos grupaos irmáns de Estimaba que Viñeras , Os tres Trebóns ou O Sonoro Maxín. Mais a tribo Bezouqueira non se dá por vencida e vai utilizar as plataforma do Festipota para cazar o gato que se vai cociñar para a brutal empanada billardeira no vindeiro Aberto do Festival Grelo Folc no mes de outubro en Monfero.


















Mais non é nen moito menos a únicia e incomprensíbel decision por parte da organización dun festi de deixar orfos billardeir@s ós seus festivaleiros, xa que o que si ten delito é o que subxace do programa expresado no Ironsa Festival en Cambados donde aparecen unha sucesion de actividades ligadas ó desporto tradicional quedando fóra a práctica da Billarda. é necesario pois mais ca nunca recuncar nas esencias da #filosofíaLNB para decataros ó instante que os de Ironsa están no certo ...a Billarda é moitísimo máis un xogo e un desporto, é unha loita continua contra a máis elemental cordura que alimeta iste inxusto e desgraciado sistema capitalista...por favor palancinho de Muriego , dinos que temos que facer para non volvernos loucos, pola noite non durmimos e polo día tampouco!!