O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 10, 2012

TRIPAS , GADAÑAS E FOUCIÑOS EN SOLIDARIDADE COA ACCIÓN ANTI-CAPITALISTA DOS IRMÁNS DO SAT DA ANDALUCÍA CEIBE!!

















Cando os irmáns do SAT asaltaron os supermerdados en Al-Andalus esquenceron un dos productos de primeira necesidade tanto para o activista do sul da península coma do norte, falamos naturalente da Carne de Cabalo , un manxar que historicamente se lle proporcionaba ás crainças para medrar sans e fortes que agora volta a coller protagonismo nistes tempos escaseza alimentar, é por que a LNB dá un novo paso ó fronte metendo nos carriños da compra sustraidos á mafia do Mercadona unhas exquisitas pezas de carne de Poltro Galego que se poderán saborear no xantar de Irmandade iste sábado na desputa dunha nova edición do mítico Aberto do Fouciño de Ouro coordinados pola referencial franquicia dos Furabolos, concurso de Tripas e Varados en sesión de mañá para pola tarde dalo todo na pista do Cruceiro en Lardeiros ( Concello do Pino ) ...a quen carallo lle importa unha puta medalla olímpica podendo acadar o fouciño de Ouro?? 

VENRES -23 H>> DE TRIPAS CORAZÓN...NO ABERTINHO ANTI-FANS DE EX_TENSION AGRARIA NO MINIBAR DE RIBADEU!!
















E tan só unha horas antes a iso das 23 h. do venres unha nova brutal experiencia vai ter lugar e un par de centros de Km da pista do Cruceiro conde os fouciños se van trocar en afiadas e desafiantes Gadañas que servirán de parapeto perfecto para a desputa dun novo Abertinho de Bilharda previo á actuación dos sempre incendiarios e imprevisíbeis Ex-Tension Agraria no MiniBar de Ribadeu. Unha sala que vai vibrar de facer de tripas corazón xa que diante da mesma barra exterior da mítica sala se desputará a exclusiva bandexa de Tripas Salgadas e o Mini de Pacharán co que inicar unha noite que de seguro será das que quedan marcadas no subconsciente colectivo...morrer xa seu que morro , pero polo menos gardade as tripas para os callos!!