O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 13, 2012

AFÍA AS BILLARDAS E PREPARA O FORNO.... PORQUE ISTE DOMINGO EN VIVEIRO DESPÚTASE O "I ABERTO DA ROBALIZA"!!


Coordinado polos irmáns de XOTRAMU de Muimenta no marco da xornada de xogos tradicionais que iste domingo vai celebrarse en Viveiro , as billardas apartires das 17 h. comezarán a bruar no paseo maríritmo de Covas cun pequeno clinic de inicianón para os neo-palanadores e palanadoras para posteriormente iniciar o explosivo I Aberto da Robaliza con exquisitos exemplares recén caputados agardando ó pé da pista para os primeir@s clasificados . Despois do exitazo no Coruel coa posta en marcha do Aberto do Oso Pardo a referencial tribo de Muimenta troca a montaña polo mar para xestionar iste Torneo ó carón das olas do embravecido cantábrico e prepara terreo para acoller en vindeiras datas un explosivo Aberto regular na Conferencia NorLeste que ite domingo ergue os paláns ó ceo en homenaxe ó deus Calvete!!